A derradeira xornada de Preferente non foi positiva para os conxuntos lucenses. O Viveiro foi quen de sacar adiante o seu enfrontamento ante o Arteixo, pero o triunfo do Arzúa deixouno na terceira praza. O Foz non puido puntuar en Noia e terá que agardar algún ascenso de Terceira para mantela categoría. A Sarriana completou a súa gran campaña vencendo ao líder, mentras que Ribadeo e Castro caeronna casa.
O Viveiro, nun bo partido de todo o plantel, gañou no campo do Arteixo (1-2). Non comezaron ben as cousas para os mariñáns, xa que o equipo adestrador por Mauro adiantouse no primeiro minuto de xogo. Rolle acadou o empate cumprida a media hora e o gol do triunfo non chegou ata moi preto do pitido final, obra de Tichu. Os de Chusky cumpriron coa súa obriga de gañar, pero o triunfo do Arzúa no campo do Estudiantil privoulle ao Viveiro de rematar en postos de ascenso directo. Terá que enfrontarse ao Barbadás, terceiro clasificado do grupo sur e agardar ascensos de Terceira.
A Sarriana pechou unha brillante temporada gañandoao líder (5-4). O primeiro tempo rematou con seis tantos. Os ataques foron os grandes triunfadores nun encontro sen gran tensión competitiva. Na segunda metade os de Alberto López remontaron cun Rubén Díaz en plan estelar, autor de dous tantos. A falta dun cuarto de hora, Omar culminou a remontada.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
O Ribadeo non puido pechar cun triunfo unha segunda volta espectacular e caeu ante o Negreira (1-2). O cadro nicrariense xogábase a permanencia, pero foron os de Rafa Casanova os que se adiantaron cun tanto de Poratti. Tan só seis minutos despois, Caamaño igualou o encontro e Rial na segunda metade fixo o tanto do triunfo para os de Juan Cabrejo. Non caía o Ribadeo no Pepe Barrera desde o mes de novembro. O Negreira precisa case dun milagre para mantela categoría.
O Foz caeu en Noia e terá que agardaraos posibles ascensos dos equipos galegos de Terceira (3-1). Adrián Quintairos foi un pesadelo para a defensa focense e foi quen de anotar os dous primeiros tantos do conxunto local. Iban Gayol recurtou desde os once metros logo dunha man de Dani Conde. Tentou o Foz un empate que sería de ouro, pero Piñeiro enterrou as esperanzas dos mariñáns superando a Bruzos e facendo o terceiro.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
O Castro rematou unha complicada temporada con derrota ante o Agolada (1-4). Dous tantos de Aitor Hurtado na primeira metade puxeron en clara vantaxe aos visitantes, conxunto que tamén perdeu a categoría. Hugo Buíde recurtou diferencias, pero outro empuxón do Agolada rematou por fundir aos chairegos. O Castro afrontará agora a Copa Deputación cun equipo integrado case na súa totalidade por xuvenís. Despediuse no banco do Arturo Pereiro o adestrador Brais Prados, que xa ten sustituto. Será o ex do Pastoricense e seleccionador no All Star Futbolinlugo Vitín.