#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

Trío de Ases Preferente (Xornada 37) e Play off de ascenso a Segunda B (Ida 1º rolda)

A representación lucense na Terceira División está garantida a próxima campaña. O Polvorín é novo equipo de categoría nacional despois de superar ao Outeiro de Rei ao límite. Un golazo de Jhon Cuadretti ao límite deulle aos capitalinos a victoria que precisaban para ascender. Os de José Durán adiantáronse moi pronto, por medio de Javi Rey. Os de Juan Peón igualaron cun tanto de Trigo nunha xogada aillada e case deixan sen festa aos branquivermellos. Porén, o pichichi apareceu a tempo. 30 goles para o máximo artilleiro da Preferente. Diciamos antes que a presenza está asegurada co Polvorín, xa que non sabemos o que pode ocurrir co Racing Villalbés. Os de Óscar Gilsanz seguen moi vivos na fase de ascenso a Segunda División B. Empataron sen goles na casa ante un Atlético Pulpileño moi organizado e que limitou as rápidas transicións chairegas. Houbo un par de ocasións para cada equipo. Goles, non. Todo se decidirá esta fin de semana en terras almerienses.

Pola zona alta da Preferente confirmouse outro ascenso. O do Paiosaco, no feudo do Castro. Marino igualou o tempraneiro gol dos coruñeses ao bordo da hora de encontro. No tramo final, a pegada visitante impúxose nun día no que os erros defensivos lastraron aos de Javi López. Tampouco foi a tarde do Ribadeo, que encaixou unha dolorosa goleada no feudo do As Pontes. Adiós ao terceiro posto e ao ascenso. Aínda así, sobresaínte campaña dos homes de Fiz Rodríguez. Dous clásicos sentenciaron aos mariñáns. Hat trick de Rubén Pardo e dobrete de Dani Fernández. O meta Javi Prieto xogou o seu segundo encontro coma titular co cadro do Pepe Barrera.

Na zona baixa, o Viveiro mantén a esperanza logo de asaltar ao grande o campo do Xallas. Dobrete de Rolle incluido. Agora mesmo, os de Chusky ocupan o último posto de arrastre a falla de unha xornada por disputar. Peor o ten a Residencia, que igualou ante un rival directo coma o Boimorto. Novo empate nun día máis na oficina. Perdonando ocasións e concedendo en defensa nunha Liga na que cada erro se paga moi caro. Por último, o Atlético Escairón reaccionou na última media hora ante o Estudiantil. Levou un punto dunha praza moi complicada, firmando o derradeiro e definitivo gol no tempo de desconto. Obra de Félix.

Fotografía: Trío arbitral co clásico selo Polo. Endie DoaRúa



[themoneytizer id=»15360-16″]



Trío de Ases Preferente (Xornada 37) e Play off de ascenso a Segunda B (Ida 1º rolda)

As nosas redes falan!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *