Káiser, SDC Residencia infantil: «Debemos o ascenso ao traballo dos rapaces”

A Cheda está de noraboa. A ledicia reina no campo lucense tras tornarse realidade o soño dos ascensos á Liga Galega nas categorías infantil e xuvenil a pasada fin de semana. Asemade, o dominio de ambos conxuntos durante toda a temporada foi indiscutible.

En diversas entrevistas, o adestrador da Residencia xuvenil, Dani Galán, e os seus xogadores, aseguraban que o ascenso era o obxectivo desta 2017/2018. Podes velas aquí ou aquí.

Hoxe é o turno dos infantís. Tras vencer ao Orillamar por 2-4 no campo da Mina, na Pontenova, materializáronse as expectativas destes pequenos nados nos anos 2004 e 2005, pero tamén do seu adestrador, Káiser, quen ademáis é o coordinador deportivo máis novo da provincia.

Futbolinlugo quixo saber onde se atopan as chaves deste rotundo éxito dos branquiazuis, polo que falou con Alberto Fernández, «Káiser».

FUTBOLINLUGO: Como está o ambiente na Cheda tras acadar o ascenso?

KÁISER: Moi ben, foi unha gran alegría para todos. Necesitábamos volver a ter aos distintos equipos en Liga Galega, e agardamos que o cadete tamén o consiga, así que reina a alegría.

 

Káiser leva dous anos co infantil da Residencia.

FIL: Durante o ano, só a Milagrosa «B» puxo en problemas ao equipo. Porén, o dominio branquiazul foi claro toda a temporada…

K: Si, fixemos as cousas moi ben e os rivales -Ribadeo, Milagrosa, Lugo «B»…- foron complicados e facían un gran fútbol, pero nós fixemos un gran ano e os rapaces competiron todos moi ben.

 

FIL: Por tanto, o traballo semanal tivo que ser moi constante e abundante.

K: Si, foi un grupo realmente bo, xa traballara con eles en alevíns, e durante todo o ano adestraron moito, non faltaron, así que eso notouse moito á hora de acadar o ascenso final.

 

FIL: Isto axudou a manter unha boa relación cos xogadores?

K: Si, son fantásticos. Lévome moi ben con eles e creo que eles tamén comigo. Cos que estiven en alevíns (Lombardía, Luisito, Alex…) a relación é moi boa, e ademáis entre eles no vestiario tamén teñen unha gran amizade.

 

Os rapaces están moi unidos entre eles.

FIL: Que destacarías desta gran temporada?

K: O esforzo dos xogadores semana a semana, loitando por conseguir o obxectivo final. Foi todo gracias a eles e non sería posible sen o seu traballo.

 

FIL: Gañar a copa pode ser o broche de ouro para a campaña…

K: Si, claro. Temos outra competición por diante para ser mellores, seguir traballando e, pese a que o obxectivo principal era o ascenso, por qué non loitar pola copa. Esforzarémonos para que os rapaces melloren e sigan a súa  formación.

 

FIL: A permanencia será o obxectivo básico o ano que ven?

K:  Está claro, é un ano importante. O ano pasado descendimos no primeiro ano de Dani e máis eu, porque é sempre un ano complicado, así que agora ten que pasar a euforia e temos que empezar a traballar para conseguir o obxectivo na 18/19, a permanencia.

De seguro que a SDC Residencia cumpre as súas aspiracións de agora en adiante, pero polo momento, tan só nos queda felicitar o traballo de todo este ano. Noraboa!

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 523

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.