Residencia vs Ribadeo, 2021

Tres importantes triunfos e varias goleadas en contra

Racing Villalbés, Sarriana e Ribadeo salvaron unha xornada con duros golpes na Preferente

Na Terceira galega, só o Villalbés foi quen de gañar. Golpe de autoridade dos de Simón Lamas na Magdalena ante o Atlético Arnoia (4-0). Javi Rey abriu unha tarde plácida na que Pedrosa liderou o ataque chairego cun dobrete. Otero puxo a guinda ante un Arnoia que arriscou na segunda metade pero afunde en zona de descenso.

Pola súa parte, o Polvorín sacou un punto en Pol ante o Alondras (0-0). Ambos equipos tentaron facerse co dominio do esférico en todo momento. Repartiron ocasións sen sorte algunha. Nico topouse co largueiro na segunda metade. No entanto, o Viveiro cedeu pola mínima nun encontro moi parello ante o Somozas (0-1). Cañi aproveitou unha perda de balón mariñana para poñer o balón na escadra. Os intentos de Sidi, Dani ou Tichu non obtiveron recompensa e os tres puntos voaron de Cantarrana dirección Ferrolterra.

Un líder moi sólido na preferente

Fiso Ronda

Cinco partidos e cinco vitorias. Esa é a magnífica carta de presentación da Sarriana. Os de Edu Rodríguez superaron pola mínima ao San Tirso na Ribela (1-0). Os lucenses estiveron algo planos nunha primeira metade na que Mitogo probou o longueiro. Os mellores minutos chegaron ao inicio da reanudación, onde se rexistrou o gol de Gerardo. Os últimos minutos foron unha auténtica tolemia e a piques estiveron os visitantes de pescar en río revolto.

Un derbi con todos os ingredientes

Tamén levou os tres puntos o Ribadeo no Pepe Barrera (2-1). O derbi ante a Residencia tivo dous momentos clave. O gol antes do descanso de Criss de remate cruzado. E un libre directo executado por Borja Rasilla, que rematou en gol visitante. Os capitalinos reclamaron gol nesa falta botada por Rasilla pero na contra da mesma, Roi fixo o 2-0. No tramo final, os de Dani Galán conseguiron o gol da honra.

Ademais, o Santaballés arañou un valioso empate na súa visita ao Victoria (1-1). Encontro feo para o espectador no que mandou o solitario gol local ao descanso grazas a un tiro lonxano. Na reanudación, os de Juan Rodríguez foron a polo empate. E atopárono nun lanzamiento de Diego, que petou nun defensa rival.

Dolorosas goleadas

O Lemos viviu de preto a calidade dos xogadores do Montañeros e sucumbiu na Pinguela (1-3). Herbert fixo a súa enésima obra de arte nunha primeira metade na que o Lemos mereceu moito máis. Tralo paso polos vestiarios, os de Alberto López tentárono ante un Atlético Coruña Montañeros que sentenciou á contra. Nos monfortinos remataron xogando ata sete xogadores do filial debido a diversas molestias e á lesión de Alami.

Por último, o Foz caeu con claridade en Betanzos (3-0). David Ben perdonou nunha primeira metade igualada que rematou co gol de Juan de Dora, ex do Villalbés, xusto antes de marchar a vestiarios. Co resultado en contra, os de Bebo volcáronse en ataque ante un rival que matou o partido en dous balóns parados. E tivo máis ocasións para conseguir un resultado maior.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 779

Deja un comentario