#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

A Terceira terá dez encontros por xornada

Xa se poden comezar a apuntar nos almanaques os encontros da Terceira Galicia, iso si, os da primeira fase. Os equipos que finalicen na primeira e na segunda posición, máis os dous mellores terceiros de todos os grupos, xogarán unha fase de ascenso (partidos de ida e volta) na que ascenden os cinco primeiros clasificados. O resto de equipos xogarán o Trofeo Delegación de Lugo divididos en dous grupos. Os campións de cada un xogarán unha final e o que gañe ascenderá de categoría. Pero de momento, imos centrarnos no primeiro tramo da competición, no que coas desaparicións de Garabolos e Pradeda no grupo centro e sur queda un número de equipos impar.

Os equipos da Mariña e os chairegos compoñen o grupo norte, sendo maioría os conxuntos da Chaira. Na primeira xornada produciranse tres choques entre equipos dunha e doutra comarca, xunto co Cazás – Catro Roldas no que Isma se enfrontará ao seu ex-equipo.

O Goiriz foi o equipo do grupo que máis preto estivo de ascender a temporada pasada á Segunda

Os principais derbis deste grupo protagonizaranos os conxuntos das tres parroquias de Vilalba representadas, Román, Rioaveso e Goiriz. O primeiro duelo chegará o 30 de setembro (cuarta xornada) entre o Catro Roldas e o Goiriz no estadio de A Canteira coincidindo coa celebración do vinte aniversario do equipo de Román. A seguinte fin de semana, o Goiriz recibirá ao Rioaveso Machinango no Ventiño; mentras que para a última xornada da primeira volta (o 22 de outubro) queda o Catro Roldas – Rioaveso Machinango. 

Pódese descargar o calendario completo do grupo norte no seguinte enlace: calendario_terceira_galicia_norte



No grupo centro (despois da desaparición do Garabolos) a nova é que o Pradeda non sae a competir polo que o Friol B descansará na primeira xornada e non debutará en competición oficial ata a fin de semana seguinte. Aínda así, a primeira cita déixanos xa un derbi, entre o Laxosa e o Corgo. O CD Rábade xogará o seu primeiro encontro oficial da súa historia no campo do Fonsagrada.

Coa reducción a sete equipos, tan só haberá tres encontros cada xornada

Coa non participación do Pradeda, non haberá derbi entre equipos de Guntín que tería que desputarse o sete de outubro, polo que nesa xornada o Guntín descansará. Nesa mesma fin de semana, o Fonsagrada afrontará a viaxe máis longa da primeira fase, arredor dunha hora e vinte minutos para xogar en Friol. Non obstante, os desprazamentos son moito menores ca os que tivo que facer o conxunto fonsagradino a temporada pasada.

Pódese descargar o calendario completo do grupo centro no seguinte enlace: calendario_terceira_galicia_centro



O grupo sur ten os conxuntos máis dispersos con respecto aos outros grupos, e tan só haberá un derbi entre equipos do mesmo concello. Será o Sober – Río Sil que, precisamente, se xogará na primeira xornada de liga (a volta xogarase o 29 de outubro).

O Río Sil chegou a final polo ascenso o curso pasado

Coa inclusión do Guntín no grupo centro por mor da desaparición do Garabolos, no grupo sur quedan só sete equipos polo que tamén un deles descansará cada xornada. No primeiro partido tocaralle facelo ao Relámpago Taboada que inicia a súa segunda campaña en competición oficial. A quen lle tocará seguir facendo quilómetros e ao FC Becerreá, xa que a maior parte dos desprazamentos non baixan dunha hora. Na cuarta xornada (1 de outubro) terán a viaxe máis curta, arredor de 50 minutos para chegar a Paradela.

 

A Terceira terá dez encontros por xornada

A Segunda abre e pecha con derbis

A Terceira terá dez encontros por xornada

As nosas redes falan!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *