Viveiro e Polvorín saen vitoriosos dos derbis de Terceira RFEF

Xornada de derbis nestre Trío de Ases O Cantón. Na Terceira RFEF o Viveiro venceu en Cantarrana ao Racing Vilalbés, mentres que o Polvorín goleou na Ribela á Sarriana. Na Preferente, o derbi entre Lemos e Pol rematou sen goles e case que sen ocasións. O Ribadeo empatou no Pepe Barrera diante do Lalín e […]

Só o Escairón acada a vitoria para os lucenses na xornada aprazada

Poñemos ao día o Trío de Ases O Cantón logo de disputarse no Xoves Santo os encontros aprazados polo temporal o último fin de semana do mes de xaneiro. Os resultados non foron amables co fútbol lucense. Na Terceira RFEF, o Racing Vilalbés caeu coa UD Ourense e os de Borja Fernández xa acariñan o […]

O Monterroso, que no Xoves Santo xogará ante o Meira

Un Xoves Santo de procesións e fútbol

Este Xoves Santo non é un día calquera para o fútbol lucense, xa que se disputarán moitos dos encontros adiados por mor do temporal

A Sarriana gaña o derbi e deixa ao Racing Vilalbés máis lonxe do líder

O Trío de Ases O Cantón desta xornada déixanos na Terceira RFEF a vitoria da Sarriana no derbi da Madalena fronte a un Racing Vilalbés que, tras o triunfo da UD Ourense, ve o liderado a unha distancia difícil de salvar. O Viveiro acadou unha importantísima vitoria na súa pelexa por saír dos postos de […]

O Escairón vence e agárrase ás súas opcións de permanencia

O Trío de Ases O Cantón déixanos outra mala xornada para os conxuntos lucenses. Na Terceira RFEF só o Racing Vilalbés foi quen de sumar un punto no difícil campo do Alondras. A Sarriana caeu na Ribela fronte ao Noia, o Polvorín cedeu no feudo do Silva e o Viveiro perdeu no desconto diante do […]

O Ribadeo, único lucense que acada a vitoria, afástase do descenso directo

Chega un Trío de Ases O Cantón sen vitorias lucenses na Terceira RFEF. Só a Sarriana logrou puntuar no campo do Barbadás. O Racing Vilalbés perdeu na súa visita ao feudo do Estradense e o Polvorín fixo o propio fronte ao Gran Peña. O Viveiro tampouco puido sumar fronte a un Alondras enrachado. Na Preferente, […]

Arturo Calvo, dianteiro do Viveiro

Arturo Calvo (Viveiro): «Se nos facemos fortes na casa ímonos salvar»

O Viveiro conseguiu no anterior fin de semana a súa primeira vitoria do ano 2025 ante o Silva por 2-0 nun encontro onde os da Mariña conseguiron traducir a súa mellora de sensacións das últimas xornadas en tres puntos que manteñen ao clube fóra dos postos de descenso. Os de Adrián Benavides atópanse inmersos na […]

Viveiro e Ribadeo por fin gañan en 2025

Chega un novo Trío de Ases O Cantón e faino cun importante triunfo do Viveiro na Terceira RFEF. Os mariñáns superaron en Cantarrana ao Silva. Tamén salientable a vitoria do Polvorín na Cheda diante do Somozas que o consolida na zona media-alta da táboa. Os dous lucenses que están en postos de play off non […]

Álex Santomé porteiro do Racing Villalbés

Os mellores porteiros do fútbol lucense

Os porteiros sempre teñen o traballo máis solitario do fútbol lucense, sendo os únicos coa capacidade de tocar os balóns cas mans e coa responsabilidade de ser quen deteña os disparos dos oponentes. Na provincia, hai moitos gardametas que destacan por ser os que menos goles encaixan ao longo desta tempada. Grandes nomes saen nesta […]

O Lemos afástase do perigo na Preferente

Chega un novo Trío de Ases O Cantón e faino cunha xornada que nos deixou unha de cal e outra de area na Terceira RFEF. O Racing Vilalbés suma e segue. Venceu ao Somozas a domicilio e segue a dous puntos do líder, a UD Ourense. A Sarriana empatou no campo do Silva, mentres que […]

Racing Vilalbés e Sarriana abren oco na zona alta de Terceira RFEF

O Trío de Ases Panadería O Cantón déixanos unha xornada moi positiva para os conxuntos lucenses de Terceira RFEF. O Racing Vilalbés segue na segunda praza tras vencer na Madalena ao Boiro. Só un posto máis abaixo está a Sarriana, que abre fenda na táboa logo de gañar nun gran encontro ao Estradense. O Polvorín, […]

Ribadeo e Pol igualan no derbi do Pepe Barrera

O Trío de Ases Panadería O Cantón déixanos unha Terceira RFEF sen derrotas lucenses. A Sarriana venceu no campo do Gran Peña, mentres que o Racing Vilalbés empatou no campo do Vilalonga. Polvorín e Viveiro tamén acadaron sendos empates a domicilio. Os albivermellos fronte ao Valladares e os celestes no feudo do Somozas. Na Preferente […]

Pol e Lemos camiñan con paso firme na Preferente

O Trío de Ases Panadería O Cantón desta xornada achégannos os triunfos contundentes de Racing Vilalbés e Sarriana na Terceira RFEF. Os chairegos golearon na Madalena ao Valladares e os sarriaos fixeron o propio co Somozas. O Polvorín caeu na Cheda co Arousa e o Viveiro en Cantarrana co Boiro. Na Preferente suma e segue […]

Adrián Benavides, adestrador do Viveiro

Adrián Benavides (Viveiro): «Tiña moita curiosidade por adestrar en Galicia»

O Viveiro está nunha mala xeira que fai que a permanencia na Terceira RFEF se complique. Moito máis cando, hai dúas xornadas, Fabri presentou a súa dimisión, o que obrigou ao conxunto mariñán a ter que moverse na busca do seu terceiro adestrador nesta tempada. O nome elixido foi Adrián Benavides, un descoñecido en Galicia […]

Sarriana e Lemos, únicos triunfos lucenses en Terceira RFEF e Preferente

Chega un novo Tres en Raia O Cantón e faino con só dous triunfos lucenses. Na Terceira RFEF, a Sarriana foi quen de vencer no campo do Boiro, mentres que o Racing Vilalbés acadou un valioso punto no feudo do Arousa. O Polvorín cedeu na súa visita ao Arteixo e o Viveiro fixo o propio […]

Jorge Maceira, xogador do Polvorín

Jorge Maceira (Polvorín): «Temos que aspirar a todo»

O Polvorín obtivo un empate de moito mérito ante a UD Ourense, líder da Terceira RFEF, que lle fixo aspirar a loitar polo playoff de ascenso á Segunda RFEF, categoría na que xa estiveron hai dúas tempadas. Os lucenses mantiveron as boas sensacións que tiñan con Dani Galán coa chegada de David Páez no primeiro […]