Ramiro Bao, á esquerda, presentado no Volantes de Baño

Ramiro Bao: «Quedoume o ‘gusanillo’ de seguir vencellado ao fútbol»

Figuras do fútbol lucense coma Ramiro Bao teñen que continuar ligados ao fútbol fóra da provincia por diversos motivos, aínda que mantendo o seguemento polo que pasa en Lugo. O xogador que estivera a piques de ir ao Real Madrid na súa xuventude agora leva varios anos vencellado ao deporte, pero na Costa da Morte, […]

Goiriz, Roupar, Carballedo e Sober son os semifinalistas do Torneo Delegación

Rematou a primeira fase do Torneo Delegación e xa coñecemos os catro semifinalistas. Goiriz e Roupar no norte e Carballedo e Sober no sur, optarán ao título. As semifinais serán a partido único e disputaranse no fin de semana do 25 de maio (pendente de confirmar data): Analizamos os derradeiros encontros da fase de grupos: […]

O Matela celebra o seu ascenso

O Matela alcanza a Segunda Futgal

O Matela conseguiu vencer na final do play off de ascenso do grupo norte da Terceira Futgal ao Abadín e xa son equipo de Segunda

A Sarriana B celebra o ascenso

A Sarriana B xa é de Segunda Futgal

A Sarriana B conseguiu gañar ao Corgo na súa eliminatoria polo ascenso na final do playoff do Grupo Sur da Terceira Futgal

Un só partido para resumir unha temporada

90 minutos, 1 partido. Chegou o día decisivo para Corgo, Sarriana ‘B’, Matela e Abadín. Tan só dous deses catro conxuntos competirán a próxima temporada na Segunda Futgal: os que superen a eliminatoria polo ascenso, da que tan só resta o duelo de volta da final. Na parte norte da provincia, o Abadín chega a […]

Matela e Sarriana B collen vantaxe nas finais polo ascenso

Comezaron as dúas finais na procura do ascenso a Segunda Futgal e fixérono con resultados que podemos calificar de sorpresa relativa. O Matela asaltou o Municipal de Abadín e afronta o encontro de volta en San Lourenzo de Aguiar cun tanto de vantaxe, mentres que a Sarriana B gañou 3-1 ao Corgo na Ribela. O […]

A Sarriana B protagoniza a sorpresa das semifinais do play off

O Tres en Raia En Boas Mans Fisioterapia desta xornada achéganos a unha Sarriana B que xogará a final do play off polo ascenso á Segunda Futgal tras derrotar ao Sporting Lucense, un dos grandes favoritos. Medirase a un Corgo que venceu na prórroga ao Taboada B. No grupo norte, o Abadín deixou no camiño […]

O Corgo, equipo na final de ascenso á Segunda Futgal

A Segunda Futgal está a 2 partidos

Cando a Segunda Futgal está a só dous partidos, das todo para acadar o obxectivo. Eso é o que pasa nas finais da promoción de ascenso en ambos grupos da Terceira Futgal

O Sporting Lucense, equipo que estará na promoción de ascenso

Chega a hora da promoción

O momento da promoción de ascenso na Terceira Futgal chega este fin de semana cos oito equipos preparados para intentar conseguir a súa plaza na Segunda Futgal da vindeira tempada

O Monterroso B celebra o ascenso

Monterroso B e Sober son de Segunda Futgal

Chega o último Tres en Raia En Boas Mans da fase regular da Terceira Futgal. No grupo norte o peixe xa estaba vendido e só se poñía enriba da mesa a orde do cuarto e quinto clasificado. O Rioaveso gañou en Abadín e superou a un Matela que lle tocaba xornada de descanso. Toda a […]

O Torneo Delegación xa está listo para comezar

Os equipos da Terceira Futgal xa saben cales serán tanto os seus rivais coma as datas nas que disputarán a fase de grupos do Torneo Delegación desta tempada. Esta competición xógana os equipos que ou ben non entraron na promoción de ascenso e os que a vindeira campaña disputarán a Segunda Futgal. A competición arrincara […]

Martín Piñeiro, máximo goleador da Terceira Futgal

Os máximos goleadores da Terceira Futgal

Os grupos lucenses da Terceira Futgal xa remataron a súa tempada na competición domestica e afrontan agora tanto o Torneo Delegación coma a disputa do play off de ascenso. Inda así, dos encontros de Liga xa se poden sacar aos máximos artilleiros de ambos grupos. David Muñíz do Castroverde e Martín Piñeiro do Sober foron […]

O Sober celebra o seu ascenso

O Sober acada o seu ansiado ascenso

O Sober conseguiu ascender á Segunda Futgal tras gañar nos últimos dez minutos ao Taboada B por 1-3.

O Monterroso B celebra o ascenso

O Monterroso B sube á Segunda Futgal

Nunha xornada de infarto, o Monterroso B cumpliu todos os pronósticos e venceu ao Bóveda por 7-0 para ser o campión do grupo sur da Terceira Futgal.

O Castroverde ascende, no Sur todo por decidir

Chega o penúltimo Tres En Raia En Boas Mans da temporada regular. No grupo norte, o Castroverde gañou e é novo equipo de Segunda Futgal. Tamén quedaron decididos os conxuntos que xogarán o play off de ascenso. Cazás, Matela, Rioaveso e Abadín `pelexarán pola terceira praza de ascenso. No grupo sur a emoción é máxima. […]

Álex Santomé porteiro do Racing Villalbés

Os mellores porteiros do fútbol lucense

Os porteiros sempre teñen o traballo máis solitario do fútbol lucense, sendo os únicos coa capacidade de tocar os balóns cas mans e coa responsabilidade de ser quen deteña os disparos dos oponentes. Na provincia, hai moitos gardametas que destacan por ser os que menos goles encaixan ao longo desta tempada. Grandes nomes saen nesta […]

O Castroverde celebra o ascenso directo

O Castroverde volve á Segunda Futgal

O Castroverde firmou tras vencer ao Celeiro Club del Mar por 7-0 na penúltima xornada do grupo norte da Terceira Futgal o seu ascenso de forma directa.

Castroverde, Goiriz, Cazás e Corgo, supervivintes de Terceira Futgal en oitavos de Copa Deputación

O fin de semana de entroido serviu no fútbol provincial para dirimir os dezaseisavos de final da Copa Deputación de Segunda e Terceira Futgal. Catro conxuntos, Castroverde, Cazás, Goiriz e Corgo, representarán á Terceira nos oitavos. Matela 1 – Cabreiros 1 (pasa por penaltis). O Matela acusou o esforzo do encontro ligueiro disputado vintecatro horas […]

O Cazás, equipo que disputa o ascenso na Terceira Futgal

As contas da Terceira Futgal

A falta de dúas xornadas para o remate da Terceira Futgal lucense, os equipos xa pensan en que circunstancias se teñen que dar para acadar os seus obxectivos. Mentres que no grupo norte as diferencias están máis marcadas, pero con cousas inda en xogo, no sur moitos equipos teñen opcións de optar ao ascenso, ben […]