Iago Díaz

Iago Díaz: «Ser secretario técnico do Xerez é unha oportunidade moi boa para min»

Un dos grandes xogadores da última década do fútbol lucense, Iago Díaz, está listo para embarcarse nunha nova aventura dentro da súa ligazón ao fútbol. Despois de militar esta pasada tempada na Sarriana, pasará a formar parte da secretaría técnica do Xérez, un equipo histórico en España no que xa estivo como xogador. Unha nova […]

Chura, adestrador do Brollón

Chura (Brollón): «Este equipo é parte da miña vida»

O Brollón conseguiu unha permanencia de moito mérito no grupo ourensán da Primeira Futgal. Os de Chura certificárona despois de gañar fóra da casa ante o La Purísima por 0-2 para seguir un ano máis na categoría e pechar por segundo ano consecutivo a salvación do equipo que estivo fóra do grupo lucense. Pero a […]

Guaje do Monterroso

Guaje (Monterroso): «Imos loitar ata o final para chegar á Preferente»

O Monterroso é, sen lugar a dúbidas, o equipo revelación da tempada na Primeira Futgal. Unha tempada para o recordo de todos os afeccionados firmou o seu peche perfecto despois de certificar a súa clasificación para a promoción de ascenso á Preferente ao vencer ao Iberia por 1-2. Os de Cerdeiriños aínda teñen que decidir […]

Alberto López, adestrador do Viveiro

Alberto López: «Os xogadores loitaron como se fosen de Viveiro de toda a vida»

O Viveiro foi quen de acadar a permanencia matemática na pasada xornada despois de vencer ao Alondras por 2-1. Para os mariñáns, a vindeira será a oitava tempada consecutiva na Terceira RFEF, o que os mantén como un dos equipos históricos da categoría e dos poucos que xogou todas as tempadas desde o cambio de […]

Jairo López, do Burela

Jairo López (Burela): «Non está todo perdido, temos opcións»

O Burela mantense na loita por tratar de evitar o descenso na Preferente Norte. Pese a que a loita é cada vez máis intensa, os mariñáns deron un paso importante na última xornada despois de vencer no Lalín na festa do título dos rivais por 0-2. A permanencia está a dous puntos, pero a posible […]

Traste, adestrador da SD Chantada

Traste (SD Chantada): «O ascenso non o esqueceremos xamais»

A SD Chantada proclamouse na pasada fin de semana como campión da Primeira Futgal despois de que completasen unha tempada que bordou a perfección. Con só dúas derrotas na liga, manteron un ritmo que ningún dos seus principais rivais puideron contestar, sobre todo no segundo tramo da tempada. Todo isto fai que nove anos despois, […]

Iago Parga (Sarriana): «Sabemos que podemos dar un paso de xigante»

A Sarriana enfróntase este domingo ás 18.00 horas na Ribela a un encontro no que hai algo máis que tres puntos en xogo. O Marino de Luanco é un dos seus rivais directos e unha vitoria deixaría a permanencia na Segunda RFEF moi encarrilada. Sobre todo, despois de vencer na pasada fin de semana ao […]

Borja, dianteiro do Guntín

Borja (Guntín): «A Copa é algo que queremos chegar a conseguir»

A Copa deixou xa as semifinais postas e unha das grandes historias que nos está agasallando nesta tempada é a do Guntín. Mentres están facendo unha gran tempada na Primeira Futgal, lograron na pasada fin de semana o pase ás semifinais, onde se medirán ao Monterroso. É o seu camiño o que os fai únicos, […]

Santi Prado do Racing Villalbés

Santi Prado (Racing Villalbés): «Queríamonos salvar e agora soñamos ca promoción»

O Racing Villalbés firmou na xornada da pasada fin de semana un empate nun dos campos máis emblemáticos do fútbol galego, o estadio Vero Boquete de San Lázaro. Un encontro sen goles que manten ao conxunto chairego nunha loita pola promoción na que está inmersa a práctica totalidade da liga, xa que as diferencias son […]

David Cabado, capitán do Corgo

David Cabado (Corgo): «Volver o día do ascenso é unha dobre alegría»

O Corgo está de noraboa, xa que tras tres anos intentándoo sen éxito, acadaron o seu regreso á Segunda Futgal despois dunha tempada onde foron os claros dominadores do grupo sur da Terceira Futgal. Un equipo que se constrúe a través dun ataque moi produtivo e que, na parcela defensiva, ten un muro que lles […]

Óscar Moure (Lemos): «Decantámonos por Marquitos porque coñece o club»

Despois de seis encontros nos que non puideron sumar a vitoria, o Lemos tomou unha decisión que extrañou a moitos por como estaba sendo a tempada. O conxunto monfortino decidiu prescindir dos servizos de Edu Rodríguez como adestrador despois de que, na pasada tempada na Preferente, lles dese a permanencia. Agora, o rumbo cara entrar […]

Lansade (Viveiro): «Temos por diante un partido de seis puntos»

O Viveiro conseguiu na fin de semana pasada unha vitoria moi importante para encarrilar a permanencia na Terceira RFEF. A súa vitoria por 1-0 en Cantarrana ante o Boiro permítelle ter sete puntos de vantaxe co descenso, o que a estas alturas de tempada é un colchón moi importante. Os de Alberto López teñen claro […]

Ramón Labrada, adestrador do Pol

Ramón Labrada (Pol): «Con estes xogadores todo é máis doado»

O derbi lucense da Preferente Norte era toda unha final tanto para o Pol como para o Burela. Ambos equipos loitaban por moito máis que tres puntos, se non que o que gañara escapaba do descenso e metía ao seu contrincante. Pese a que era o que chegaba nunha peor situación clasificatoria, foron os de […]

Lucky, do Villalonga

Lucky (Villalonga): «Volvín sentir o disfrute polo fútbol»

Ás veces, os xogadores lucenses máis destacados poden ser os verdugos dos equipos da provincia. Esta xornada foi un deses raros casos nos que acontece. Na Preferente Sur, o Lemos caeu ante o Villalonga por 3-1 nun encontro que cambiou a partir do minuto 75. A entrada do dianteiro de Friol Diego Fraga, máis coñecido […]

Iago Alonso, xogador da Residencia

Iago Alonso (Residencia): «Levo o escudo desde antes de nacer»

Poucas voltas se poden vivir coma a que aconteceu no último encontro da Residencia. Os lucenses puideron facerse cunha importante vitoria ante o Oural por 1-4 que lle permite seguirlle poñendo presión ao Chantada na Primeira Futgal. Pero iso non foi o máis importante. Despois de moito tempo fóra dos terreos de xogo, Iago Alonso […]

Pablo Losada, porteiro do Lemos

Pablo Losada (Lemos): «Na segunda volta xa coñecemos a todos os rivais»

O Lemos está loitando por facerse coa praza de ascenso directo á Terceira RFEF no grupo sur da Preferente. Os monfortinos acadaron unha boa vitoria ante o Choco por 0-2, logrando tres puntos que lles permiten seguir consolidándose como un dos favoritos por estar, como mínimo, na promoción de ascenso. Pese a que tiveron grandes […]

Maxi Levrand, da Sarriana

Maxi Levrand (Sarriana): «O vestiario está mellor que nunca»

A Sarriana foi o equipo que abriu o regreso das ligas de cara ao 2026. Ademais, os de Dani Giménez fixérono pechando a primeira volta da Segunda RFEF cunha vitoria ante o Bergantiños por 1-0 na Ribela, a primeira no seu feudo desde que o técnico vigués colleu os mandos. Lográrono grazas á estratexia, xa […]

Irene Sante, da Milagrosa

Irene Sante (Milagrosa): «Queremos ser ambiciosas e loitar pola promoción»

O fútbol feminino regalou antes do Nadal un derbi entre o San Lázaro e a Milagrosa que venceron as albivermellas por 1-2. Unha clara constatación do bon momento de forma que atravesan, xa que se atopan na cuarta posición, a cal da acceso á promoción de ascenso dunha Primeira Futgal na que se atopa o […]

Edu Rodríguez, adestrador do Lemos

Edu Rodríguez: «Queremos devolver ao Lemos a Terceira»

A Preferente Sur deparou na pasada xornada unha gran goleada favorable ao Lemos por 6-0 ante o Sporting Celanova que confirma o seu grandísimo estado de forma. Asentados na fase da promoción de ascenso, os de Monforte de Lemos son un dos claros candidatos para poder voltar á Terceira RFEF. Todo nun curso tan ilusionante […]

Abel Rochela, adestrador do Corgo

Abel Rochela (Corgo): «Levaron bronca polo único gol que recibimos»

O Corgo está a marcar o paso no grupo sur da Terceira Futgal. O seu sete de sete en vitorias no comezo da tempada consolídaos como un dos principais favoritos para xogar na vindeira tempada na Segunda Futgal. Pero a súa situación é destacada, xa que con só un gol encaixado é o equipo que […]