Diario dun mercado. Episodio 118

O inicio das pretemporadas cada vez está máis preto. O Racing Vilalbés comeza o próximo xoves os adestramentos. Ademais dos futbolistas renovados e fichados, farao con dúas caras novas. O mediocentro de Valadouro, Brais Prieto (este curso no Ribadeo) e o dianteiro de Palas, Iván Navia (esta campaña no Racing de Ferrol DH) estarán a […]

Diario dun mercado. Episodio 114

Na Preferente comezan a poñerse en serio e os lucenses da categoría son xa claros protagonistas do mercado. O Foz renovou a Jacob, Cayón, Eijo e Dani Chao. Ademais incorporou ao primeiro equipo aos xuvenís Jorge Méndez e Álex Carreiras. E confirmou as dúas primeiras incorporacións. Álex Paz, ex do Viveiro ou do Xove Lago, […]

Diario dun mercado. Episodio 111

Cun número capicúa comezamos os diarios «despois do All Star». Tras teren abandonado durante uns días os movementos do mercado, acumúlanse as novas. Renovacións, despedidas… sorpresas e moito máis nesta edición!!

O partido da xornada . . . Foz e Viveiro ante a derradeira xornada de Preferente

Xa non vai máis. Remata outra temporada máis na Preferente e faino con dous dos nosos representantes xogándose boa parte dos seus obxectivos. Mentras que o Castro xa está descendido, o Ribadeo co sexto posto no peto logo dunha boa temporada e a Sarriana coa cuarta posición ao alcance despois dunha campaña sobresaínte, o Foz […]

O partido en imaxes: Sarriana-Viveiro (5-2)

Houbo derbi na Preferente. E derbi entre dous galos da categoría, dous conxuntos que levan perseguindo o ascenso á Terceira División durante todo o ano. Neste caso, venceron os locais nun choque moi tenso e no que os ataques primaron por riba das defensas, xa que se viron un total de 8 goles na Ribela!

O partido da xornada . . . S.D. Sarriana – Viveiro C.F.: a Ribela dictará sentencia na pelexa polo ascenso

Coa salvedade do C.D. As Pontes, destacado líder durante toda a temporada, co ascenso e o campionato no peto desde fai varias xornadas, a pelexa polo segundo posto preséntase, nesta Preferente, máis aberto e emocionante que nas últimas edicións. Catro equipos con opcións, e dous son lucenses: Sarriana e Viveiro. Ambos enfrontaranse o domingo ás […]

O partido da xornada . . . U.D. Folgueiro – S.D. Guitiriz: un obxectivo en noventa minutos

  A penúltima xornada de liga en Segunda Autonómica pode decidir, de xeito definitivo, varios ascensos. No grupo Sur, aínda que son máis os que teñen opcións, San Roque, Palas e Guntín xogaranse as dúas prazas que outorgan o pase a Primeira. Na zona norte da nosa provincia, un enfrontamento destaca por enriba do resto. […]

O partido da xornada . . . C.D. Guntín – A.D. Bóveda: un ascenso marcado por pequenos detalles

Tan só tres xornadas restan para que se baixe o pano da temporada en Segunda Autonómica. Mentras no grupo Norte, Folgueiro, Lourenzá, Guitiriz e tamén Roupar, aínda que con escasas opcións, se xogan os dous postos de ascenso, no grupo Sur ata seis equipos teñen opcións matemáticas: San Roque, Palas, Guntín, Bóveda, Oural e San Lázaro, cos catro primeiros clasificados en tan só dous puntos. Precisamente, os […]

O partido da xornada . . . Ribadeo F.C. – S.D. Sarriana: derbi de altura no Pepe Barrera

A Preferente achéganos un derbi provincial do máis interesante. Este sábado ás 17:30 horas, no Pepe Barrera mídense Ribadeo e Sarriana. Para o conxunto local, un partido máis, co oxectivo de mantela boa dinámica da segunda volta, mentras que para os visitantes é unha das nove finais que lle restan para tentalo asalto á segunda […]

O partido da xornada…A.C.D. Valadouro – Iberia C.F.: dous históricos en apuros cítanse no Árbol

Non fai moito tempo no Valadouro a Primeira parecía quedar pequena, e pouco antes, en San Miguel, competíase de ti a ti cos equipos máis punteiros da Preferente. Diferentes circunstancias nos dous equipos fixeron que os anos gloriosos remataran e este domingo, ás 16:15 horas, o campo do Árbol acollerá un enfrontamente entre A.C.D. Valadouro […]

O partido da xornada . . . C.D. Alfoz – S.C.D. Milagrosa: dous históricos na procura de tres puntos claves

O Municipal de Alfoz será, o sábado ás 16:15 horas o esceario dun encontro trascendental no grupo Norte da Terceira Autonómica. O conxunto local, o C.D. Alfoz, segundo clasificado, verase as caras co terceiro, a S.C.D. Milagrosa, ao que aventaxa en tres puntos. Ámbolos dous conxuntos descenderon a pasada campaña a unha categoría descoñecida para […]

O partido da xornada . . . Friol C.F. – S.D. Santaballés: dous conxuntos sen complexos fronte a fronte

A Reigosa será o esceario, o sábado ás 16:30 horas, dun dos encontros máis atractivos da Primeira Autonómica. Friol e Santaballés veranse as caras nunha situación, que ben seguro, firmarían cos ollos pechados alá polo pasado mes de setembro. Dous conxuntos sen complexos que miran cara arriba, sen máis presión que a de facer bo […]

O partido da xornada . . . C.D. Foz – S.D. Sarriana: aspiracións contrapostas nun derbi de pronóstico incerto

Fai tan só uns meses, Foz e Sarriana rivalizaban por ser os equipos que ocuparan os postos de ascenso a Preferente nunha Primeira Autonómica das máis competidas dos últimos anos. Ámbolos dous acadaron o seu obxectivo, e este domingo ás 16:15 horas no Martínez Otero voltarán a verse as caras, desta vez con aspiracións contrapostas. […]

Palabra de… Iván Barrio: «Unha traxectoria de valores en familia»

Corría o 2004 cando, con 6 anos, comecei a andar detrás da pelota. Recordo pasar tardes enteiras dándolle patadas ao balón contra a parede. E ás veces tamén contra algunha ventá e como consecuencia ter que saír correndo para escapar dos berros de miña nai… Pero oes, grazas a eso tamén practicaba a puntería (non […]