Dumi, adestrador do Castro

Dumi (Castro): «Aos xogadores dígolles que fan milagres»

O Castro conseguiu unha gran eliminatoria ante o Polígono San Ciprián na que puido gañar os dous encontros para pasar á final polo ascenso á Preferente tras descender na pasada campaña á Primeira Futgal. O seu rival é o Alertanavia, conxunto vigués, e o primeiro encontro do cruce xogarase no Arturo Pereiro este domingo ás […]

Catro conxuntos da Primeira competirán polo título de Copa

Os cadros lucenses da Primeira manteñen os seus obxectivos activos: o Castro segue adiante na fase de ascenso á Preferente, mentres que SD Chantada, Guntín, Taboada e Monterroso xogarán polo título de Copa. Salvatierra Abogados axúdanos a contar como foi a xornada. A Residencia padece a crueldade do fútbol ante o Sporting Celanova (2-2). A […]

Os Máxicos seguen adiante na promoción e na Copa

Salvatierra Abogados patrocina unha semana máis aos Máxicos, na primeira xornada de promoción para Castro e Resi, e na recuperación dos partidos adiados por trebón na Copa Deputación. O Castro tira de veteranía ante o Polígono (2-0). Chegou un equipo moi ben formado ao Arturo Pereiro, con moita calidade e as cousas moi claras. Porén, […]

A Milagrosa

A Milagrosa logra a salvación na travesía pontevedresa

A tempada da Milagrosa na Primeira Futgal estará nos libros de historia debido á gran travesía que fixeron en cada partido fóra da casa. Os lucenses tiveron que xogar no Grupo 6, coa maioría dos equipos xogando na provincia de Pontevedra. Pese as dificultades, a vitoria ante o Tomiño por 4-2 na última xornada do […]

Os Máxicos poñen punto e final á temporada regular

Derradeira xornada de liga para uns Máxicos que, nalgún caso, acadaron os obxectivos. Outros xa preparan a próxima temporada con moita ilusión e coas metas claras. A SD Chantada gaña pero sae de baleiro de Cerdeiriños (1-3). Os visitantes controlaron o xogo desde o comezo e Pulpix adiantou aos seus cun gran cabezazo á saída […]

Drama asegurado no Arturo Pereiro

O Arturo Pereiro alberga mañá, domingo, ás 12.00, un dos duelos máis relevantes da xornada na Primeira Futgal. O cadro local, o CD Castro de Dumi, mídese ao Pastoricense que dirixe Juanma, amigo persoal do técnico vermello. O derbi non supoñerá tan só 3 puntos e un partido de máxima rivalidade, senón que ambos conxuntos […]

Os Máxicos xa teñen campión

Os Máxicos da 24/25 viron o pasado domingo como o Burela se facía co título de liga. Ademais, o Oural conseguiu unha importante victoria de cara á permanencia. A SD Burela é novo equipo de Preferente tras vencer no Sangoñedo (0-1). Un gol de Mauro nunha xogada de estratexia quedará na memoria de todos os […]

O Burela celebra o seu ascenso á Preferente

O Burela chega á Preferente

O Burela conseguiu tras anos perseguindo este soño alcanzar o ascenso á Preferente tras gañar ao Chantada Atlético por 0-1 para converterse en campión do grupo lucense da Primeira Futgal.

Os Máxicos aínda agardan campión

Os Máxicos Salvatierra ultiman as súas opcións en cada unha das loitas que se están a librar na provincia. A SD Chantada domina e somete ao Foz (8-2). Os Máxicos locais levaron a iniciativa desde o comezo e, aínda que o Foz igualou cun gol olímpico de Chao o tanto inicial de Michi, os chantadinos […]

Os Máxicos de 2025 rematarán en tres xornadas

A Primeira Futgal, protagonizada polos Máxicos Salvatierra Abogados, está chegando a súa fin. Tan só restan 3 domingos para poñer punto e final á temporada 2024/2025, na que aínda se manteñen moi vivas tres loitas: o ascenso directo, a promoción á Preferente e o descenso á Segunda Futgal. A Milagrosa paga o madrugón na casa […]

O Monterroso, que no Xoves Santo xogará ante o Meira

Un Xoves Santo de procesións e fútbol

Este Xoves Santo non é un día calquera para o fútbol lucense, xa que se disputarán moitos dos encontros adiados por mor do temporal

Tan só restan catro xornadas nos Máxicos

Salvatierra Abogados presenta unha nova edición dos Máxicos, que ultiman as súas opcións para acadar os obxectivos da temporada. O Burela gaña no Luis Pallín para achegarse ao ascenso (0-2). O tempraneiro gol de Adri logo de gañarlle as costas á liña defensiva rival puxo as cousas de cara ao Burela, que despois pasou a […]

Os Máxicos seguen en cadansúa loita

Salvatierra Abogados patrocina unha nova xornada dos Máxicos, na que os clubs da provincia mantiveron as esperanzas para acadar os obxectivos. A Residencia non falla diante do Taboada (3-1). Os locais conseguiron o 1-0 moi cedo, por medio de Rasilla, e dominaron o balón e o xogo. Porén, os axustes visitantes no descanso melloraron ao […]

Yago (Burela): «Os compañeiros dicían que como ía vir xente marcaba seguro»

O Burela sumou unha vitoria importantísima de cara á loita polo ascenso directo na Primeira Futgal ante o Castro por 1-0. O cadro que dirixe Oke xa se pon a seis puntos de distancia coa Residencia, segundo clasificado, a falta de seis xornadas por disputar. O heroe da vitoria na Marosa no engadido foi Yago […]

Os Máxicos seguen dando guerra na Primeira

Unha semana máis, os Máxicos Salvatierra Abogados ofreceron un domingo de bo fútbol, con moita igualdade e intensidade, tal e como anticipamos na nosa previa. Oural e Racing Villalbés ‘B’ abriron a xornada cunha igualada (1-1). Os Máxicos sarriáns foron superiores ao longo da primeira metade, con ata 4 ocasións claras que non conseguiron anotar. […]

A 28ª xornada da Primeira Futgal, a análise

Os Máxicos da Primeira afrontan a recta final da temporada con obxectivos claros no punto de mira. Hai quen procura o ascenso directo, mentres que outros conxuntos buscan salvar a categoría. Este último é o caso do Outeiro de Rei, que visita o feudo do San Lázaro co reto de saír da zona de descenso. […]