Diario dun mercado. Episodio 71

Este mercado de fichaxes non para. Nin sequera en domingo. Hoxe, Futbolinlugo chega con importantes e sorprendentes (algunhas, moito) novas. Comezando pola Terceira División, na que o CD Lugo «B» demostrou que confía no cadro de xogadores que acadou o ascenso na 2017/2018, renovando á meirande parte deles.

Diario dun mercado. Episodio 69

O mercado de fichaxes está nun momento realmente álxido. Os movementos son constantes, así como os diferentes rumores que, como cada ano, corren de voz e voz e incluso algún chega a converterse en realidade. Hoxe, na edición 69 do noso Diario dun Mercado, chegan novas que atinxen a practicamente todas as categorías que contan […]

Diario dun mercado. Episodio 64

Hoxe é un día triste. En especial para aqueles que estamos no mundo do fútbol. En primeiro lugar, queremos dar o noso máis sentido pésame a todos os amigos, familiares, coñecidos de Álex Blanco, así como a membros do CP Calasancio, polo repentino pasamento deste rapaz. 

Edu Rodríguez (Club Lemos): «É posible situar o clube onde se merece cos xogadores da comarca»

Logo de pasar unha moi mala campaña en Preferente, deportiva e extradeportivamente, que rematou co Lemos en Primeira Autonómica, podemos decir que esta que vén de rematar foi a temporada da ilusión en Monforte. O pasado mes de xullo, Óscar López convertíase no máximo mandatario do histórico clube monfortino, e deulle un xiro absoluto á […]

Miguel Sancosmed (Xove Lago): «O obxectivo é renovar a columna vertebral do equipo»

Unha das sorpresas agradables desta temporada en Primeira Autonómica foi o Xove Lago. Cun pasado glorioso, con varias fases de ascenso, o equipo viña de realizar unha discreta temporada 2016/2017 aos mandos de Kiko Rey. A finais de xullo, e xa coa confección da plantilla adiantada, unha decisión de mutuo acordo entre o preparador viveirense […]

Pasarín (Sporting Pontenova): «Sufriremos ata o final, pero acadaremos a permanencia»

Chegan as dúas últimas xornadas en Primeira Autonómica e toda a emoción se concentra na zona media-baixa da clasificación. Co ascenso xa decidido en favor de Foz e Sarriana e con Xermade, Bóveda e Ferreira xa condenados a xogar en Segunda a vindeira campaña, varios equipos loitan por saír dos postos comprometidos. Eses nos que […]

O partido da xornada . . . S.D Sarriana – C.D. Foz: máis de medio ascenso en xogo na Ribela

Máis que partido da xornada poderíamos chamarlle partido da temporada. Enfróntanse os dous mellores equipos da Primeira Autonómica, ou iso di a clasificación. O líder, a S.D. Sarriana con 66 puntos recibe a visita do segundo clasificado con tan só un punto menos, o C.D. Foz. Será este domingo ás 17 horas na Ribela. Salvo […]

Marzán (S.D. Sarriana): «Somos unha piña, hai un gran ambiente no vestiario»

Nas últimas semanas estámonos acostumando a que un xogador faga un hat trick sen ser un «9». A calidade dos xogadores da provincia fai que a xente do mediocampo sexa capaz de anotar con facilidade. Se a semana pasada foi Marino, do Castro na Preferente Norte o que anotou tres tantos ante o Dumbría, nesta […]

Felipe Varela (A.C.D. Valadouro): «É a primeira vez que marco cinco goles en partido oficial»

Remataba o ano futbolístico na Primeira Autonómica e Felipe Varela quixo despedilo 2017 ao grande. O A.C.D. Valadouro necesitaba o triunfo ante un Bóveda que pelexa por saír da zona baixa, e o dianteiro contribuiu con un repóquer. Os de Julio César Castro gañaron 6-2 e asoman a cabeza pola zona media da clasificación. Non […]

O partido da xornada. . .Club Lemos – S.D. Chantada: dous históricos na pelexa polo ascenso

A Pinguela albergará este domingo ás 16 horas un dos mellores partidos que se pode ver nos campos da provincia de Lugo. Dous equipos, dúas vilas, que ben seguro gustarían de medirse nunha categoría superior, pero as circunstancias fan que sexa en Primeira Galicia. Precisamente pola participación destes equipos, xunto coa Sarriana, Foz, Xove Lago, […]

Os goles da Primeira Autonómica levan acento mariñán

Sete dos oito máximos artilleiros da Primeira Autonómica pertencen a equipos da Mariña de Lugo. Soamente Diego Arias, xogador do Lemos, é quen de asomala cabeza nos primeiros postos con dez dianas. O pichichi é Juanjo Coello con trece goles. O dianteiro do Xove Lago, formado nas categorías inferiores do Lugo e do Viveiro xa […]

Borja Mella (C.D. San Ciprián): «Somos un equipo con moita marxe de mellora»

Logo dun preocupante comezo de temporada, no que os resultados non acompañaron,  dous triunfos nas últimas tres xornadas, fan que o C.D. San Ciprián saia dos postos de perigo e afronte o último tramo da primeira volta con máis tranquilidade. Ademáis con troco de adestrador de por medio, logo da saída de Chusky dirección Cantarrana, […]

Carlos Cora, destino en Ferrol e goles no Valadouro

  A pasada campaña, Carlos Cora foi un dos grandes artífices do gran ano do Valadouro en Primeira Autonómica. Os seus goles mantiveron o equipo nos postos de privilexio e en algunhas etapas da temporada con podibilidades de loitar polo ascenso. Agora a súa vida profesional está vinculada ás Forzas Armadas. O seu destino na […]

Diario dun mercado. Episodio 52

As competicións están a piques de comezar, e os clubes apuran ao máximo o mercado de fichaxes para facerse con xogadores que, á longo prazo, poden ser determinantes no devenir das ligas!

Diario dun mercado. Episodio 46

Acumúlanse as novidades no noso fútbol! Inicio das pretemporadas, clubes apurando a confección dos planteis… ou mesmo o establecemento de novos amistosos! Todo iso e máis na edición de hoxe no noso Diario dun mercado.