A nova Preferente e a Terceira, definidas

Onte ao bordo da medianoite, a Real Federación Galega de Fútbol deu a coñecer os seus calendarios da Terceira División e a Preferente Norte para a campaña 2017-2018. Na Terceira División, o noso único representante debutará o domingo 20 de agosto. O Rácing Villalbés xogará a domicilio e ante un dos favoritos ao campionato: o […]

Diario dun mercado. Episodio 42

Día de Galicia. Hoxe máis que nunca, día do noso fútbol! E como non podía ser doutra maneira, vén cargado de novidades. A principal é a creación dun novo equipo. E feminino! A Mariña xa ten a súa escadra. O Ribadeo FC aposta polas mulleres e traballa arreo para sacar adiante esta grandísima iniciativa. Ademais, […]

Diario dun mercado. Episodio 35

Moito salseo na nosa Preferente Norte! O Castro segue a confeccionar un plantel de garantías. Non é sinxelo suplir a homes coma o irmáns González, Héctor ou Nano. Pero si traes a Diego Núñez ou a Fernandito, dende Monterroso, as baixas son menos baixas. O mediocentro cambia o vermello da Ulloa polo da Chaira. Calidade […]

Cando os Quintela foron futbolistas

Futbolinlugo propúxose un reto: levar a dous xogadores de baloncesto profesional a un campo de fútbol. Dous irmáns que, antes de despuntar no mundo da canastra, vestiron con orgullo a camisola amarela do Polvorín. Amarela cando non estaba chea de barro! Falamos co xogador do Breogán Sergi Quintela, unha das revelacións da Liga LEB Ouro. […]

As nosas redes falan!

Un mércores máis chega o turno da sección dos verdadeiros protagonistas. Clubes, xogadores, adestradores, siareiros… Que se dan cita cada semana nas nosas redes sociais!!

Josito: «Estou mentalizado do que teño»

No fútbol acontecen fenómenos inexplicables. Sabémolo todos os que estamos neste mundiño. Unha das máximas deste deporte é que cando mellor estás, sempre hai algo que che fai caer. José Antonio García ‘Josito’ dá boa conta delo. O polivalente xogador de Portomarín atopábase na cresta da onda. Sendo un dos piares do filial, ao que […]

A ascenso por temporada

A fin de semana pasada o Outeiro de Rei conseguía un novo ascenso á Preferente no campo de Cerdeiriños ante o rival que os podía alcanzar na clasificación, como era o Monterroso. O equipo de Juan Peón derrotou por 0-2 aos locais e certificou, deste xeito, a segunda praza que ocupou a maior parte da […]

Calendario da segunda fase en prebenxamíns

Nunha semana dará comezo a segunda fase da Primeira e da Segunda Autonómica en categoría prebrenxamín, tal é como di o calendario da competición. Dentro da Primeira Autonómica, seis equipos xogarán a promocióin: Ferroviaria, Milagrosa, Racing Vilalbés, CD Lugo, Polvorín e o Porto Burela. Precisamente o Porto Burela e a Milagrosa foron os campións do […]

Preconvocatoria da selección lucense sub-15

A selección provincial sub-15 deu a preconvocotoria de cara a un adestramento preparatorio para o campionato de seleccións comarcais galegas de fútbol base. A sesión preparatoria será o vindeiro martes ás cinco e media da tarde no campo de herba artificial das Gándaras en Lugo. O CD Lugo é o conxunto máis representado nesta preselección. […]

Calendario da segunda fase da 2ª autonómica en benxamíns

Os equipos benxamíns da Segunda Autonómica son máis madrugadores ca os da Primeira e comezarán xa esta fin de semana a segunda fase do campionato. A competición desenvolverase en catorce xornadas e rematará o 28 de maio. Tempo dabondo para aprender e seguir desfrutando do fútbol lucense cos nenos.

Calendario da segunda fase da 1ª autonómica en benxamíns

A categoría benxamín lucense xa coñece o calendario dos encontros da segunda fase na Primeira Autonómica. Seis equipos xogarán a promoción, dos cales os dous primeiros clasificaranse para a fase final galega. Outros seis conxuntos da provincia xogarán a previa 1. Os partidos comezan a última fin de semana de febrero e rematarán o sete de […]

Calendario da segunda fase da 2ª autonómica en alevíns

A Segunda Autonómica de categoría alevín xa coñece o seu calendario de cara á disputa da segunda fase do campionato. Encadrados en catro grupos, a competición comezará para os primeiros a última fin de semana de febreiro xa que tan só xogarán dez xornadas. O resto arrincará xa esta próxima fin de semana e prolongarase […]

Calendario da segunda fase de 1ª autonómica en alevíns

Xa se coñecen as datas e os horarios da segunda fase da Primeira Autonómica na categoría alevín. Seis equipos pelexarán na promoción polos dous primeiros postos que lles darían o acceso a desputar a Fase Final Galega. Os encontros comezarán a última fin de semana de febreiro e rematarán o sete de maio, nun calendario […]