O partido en imaxes: Ferreira CF-SD Paradela (2-0)

O Ferreira CF manténse ao frente da clasificación da Segunda Sur. Parte dese logro débese a súa imbatibilidade no seu feudo, O Baliño. Aí venceron de novo este domingo á SD Paradela. No campo estivo presente Leti Fernández, autora desta gran galería fotográfica!

A Axenda: o liderato da Preferente, en xogo en Cantarrana

A Axenda desta xornada ven protagonizada polo partidazo de Cantarrana, pero nen moito menos ten o protagonismo absoluto. Ademáis do partido da xornada, temos unha ampla oferta ao longo e ancho da nosa provincia. Terceira División – Racing Vilalbés – Bergantiños C.F. (Domingo ás 16 horas na Madalena): encontro trampa na capital da Terra Chá. […]

A Axenda do fin de semana (1, 2 e 3 de novembro)

Tres días para disfrutar do fútbol este fin de semana, que xa levanta hoxe o telón. Aquí o máis destacado, que se completará mañá co partido da xornada: Preferente Norte  – Ribadeo F.C. – C.F. Noia (Venres ás 16:30 horas nas Valgas): logo de acadar dez dos últimos doce puntos en xogo, os de Rafa […]

A Axenda do fin de semana (26 e 27 de outubro)

Fin de semana de emocións intensas. Rivais históricos, derbis case esquecidos, e encontros co liderato en xogo en case tódalas categorías. Ademáis, o Partido da Xornada. Botádelle un ollo á nosa Axenda. Terceira División – Polvorín – Deportivo Fabril (Domingo ás 13 horas na Cheda): Os de José Durán mídese a un dos grandes favoritos […]

Diario dun Mercado. Episodio 127

Con boa parte dos conxuntos lucenses xa coa pretemporada pechada en canto a amigables, o mercado de fichaxes segue aberto, con moitos equipos apurando as últimas incorporacións e outros aínda sen perfilar a súa columna vertebral. Na Primeira Autonómica seguimos sen ter novidades en canto a incorporacións dun Riotorto do que saen dous novos xogadores. […]

Diario dun mercado. Episodio 123

A case un mes para o comezo de liga en Terceira, o Racing Vilalbés segue a apuntalar a súa plantilla. O conxunto chairego asinou ao centrocampista Javi Sandá, procedente do Laracha. Tan só un chanzo máis abaixo, a Sarriana fíxose cos servizos dos irmáns Keko e Jacobo Vilariño, ámbolos dous saídos da canteira do C.D. […]

Diario dun mercado. Episodio 119

Xa coa data de comezo prevista en Terceira e Preferente, continúa a posta a punto dos nosos equipos. Na Preferente o protagonista é o C.D. Foz, que pechou dúas novas incorporacións. Andrés Bustelo, procedente do Xove Lago, reforzará o centro do campo do conxunto de Gayol, mentras que Manolo retorna ao Martínez Otero logo dunha […]

Diario dun mercado. Episodio 108

O mercado non para. Clubes e xogadores son conscientes do preto que se atopa o comezo da vindeira campaña, e queren pechar os acordos o antes posible, para crear expectativas e obxectivos tanto no persoal como a nivel de conxunto.

Un novo Paradela regresa á Segunda

Cambio de directiva, novo adestrador e algunha que outra incorporación. Por cambiar ata se renovou o campo e chegaron camisolas novas. Unha temporada de reformas que antes de que remate xa logrou unha obra case perfecta. A SD Paradela leva uns días sabendo que a vindeira temporada xogará na Segunda Rexional. Cinco temporadas despois, o […]

As nosas redes falan

Unha semana ilusionante O Friol celebra a semana que se lle presenta. O domingo pode confirmar matematicamente que quedará entre os cinco primeiros clasificados no grupo I da 2ª división. Puntuar diante do Sporting de Gijón significaría que o 6º xa non puidera alcanzalo. O ascenso á 1ªB estaría practicamente na man. Tendo en conta […]

As nosas redes falan

O fútbol local interesa Comeza a liga e algún aínda anda de festa. Avanza a competición e a xente séntase ao pé do lume. Pero ao final terminan rendíndose ante o poder do fútbol de pobo. Cando os equipos se xogan todo non fallan. Dinnos dende Quiroga que se xuntaron arredor de 300 persoas no […]

O partido da xornada . . . S.D. Residencia – S.D. Santaballés: cara a cara entre aspirantes ao ascenso

Chegan as derradeiras dez xornadas de competición na Primeira Autonómica. Na zona alta, o Lemos conta as xornadas para cantalo seu retorno a Preferente. Por detrás, catro equipos xogaranse o outro posto de ascenso. Dous deles, Residencia e Santaballés enfróntanse o domingo ás 17:30 horas na Cheda. A S.D. Residencia é quinta clasificada con corenta […]

As opcións de ascenso dende a Terceira Rexional

O Entroido serviu, entre outras moitas cousas, para que os equipos da Terceira Rexional non tiveran competición. Xusto antes de afrontar a súa particular recta final. Restan catro xornadas e todo aínda está por decidir na última categoría do fútbol afeccionado lucense. Aínda que a algúns clubs lles quedan menos de catro partidos por xogar, […]

O partido da xornada…A.C.D. Valadouro – Iberia C.F.: dous históricos en apuros cítanse no Árbol

Non fai moito tempo no Valadouro a Primeira parecía quedar pequena, e pouco antes, en San Miguel, competíase de ti a ti cos equipos máis punteiros da Preferente. Diferentes circunstancias nos dous equipos fixeron que os anos gloriosos remataran e este domingo, ás 16:15 horas, o campo do Árbol acollerá un enfrontamente entre A.C.D. Valadouro […]

O partido da xornada . . . S.D. Chantada – Club Lemos: o líder pon a proba a imbatibilidade do Sangoñedo

Desde antes de comezala temporada, na gran maioría de quinielas figuraban Chantada e Lemos como máximos candidatos a rematar ascendendo de categoría no vindeiro mes de maio. Este domingo ás 17 horas, o Sangoñedo será testigo dun duelo entre o segundo clasificado e o líder de Primeira. Un encontro con claro sabor a Preferente. A […]

O partido da xornada . . . C.D. Foz – S.D. Sarriana: aspiracións contrapostas nun derbi de pronóstico incerto

Fai tan só uns meses, Foz e Sarriana rivalizaban por ser os equipos que ocuparan os postos de ascenso a Preferente nunha Primeira Autonómica das máis competidas dos últimos anos. Ámbolos dous acadaron o seu obxectivo, e este domingo ás 16:15 horas no Martínez Otero voltarán a verse as caras, desta vez con aspiracións contrapostas. […]

As nosas redes falan

A primeira xornada do 2019 anunciaba partidazos e non defraudou. Incluso trouxo cambios importantes na clasificación como a saída do Polvorín da zona de descenso na Terceira, o abandono do Viveiro do posto de ascenso directo na Preferente ou a inclusión do Guitiriz e do Bóveda nas posicións de ascenso na Segunda Rexional. Ademais de […]