As nosas redes falan!

Concluíu a temporada para a maioría dos nosos lucenses, pero as nosas redes continúan en funcionamento. Velaquí o máis destacado desta semana!

Diario dun mercado. Episodio 20

Na Chaira siguen chegando as novidades para unha nova tempada na Preferente. O Outeiro asinou ao excentral da Sarriana Muñiz, formado na base do Racing Villalbés. Pola súa banda, os veciños do Castro conseguiron renovar a un dos seus canteiráns estrela: Hugo Buide. Sen movernos da Preferente, o Atlético Escairón segue ilusionando á súa parroquia […]

Once da final de Copa de Preferente e Primeira

O Lugo B é o campión da trixésimo cuarta edición da Copa de Preferente e Primeira ao gañar por 0-2 ao Monterroso en Cantarrana. O encontro estivo moi igualado, marcado por unha alta intensidade na que non se notou a diferenza de categoría entre os dous conxuntos. O Monterroso tivo opcións para adiantarse na primeira […]

A última final da temporada

O verán chegou oficialmente, aínda que este ano parece que leva con nós desde sempre. Como aquela fichaxe que está máis que cantada pero que non se fai oficial ata finais do mercado. O dito, con esta estación o calor comeza a pedir máis piscina e praia ca campos de fútbol. Aínda así, hai unha […]

Once das semifinais de Copa de Preferente e Primeira

A última batalla xa está definida. A loita pola Copa da Preferente e Primeira xa só é cousa de dous. O Monterroso e o Lugo B terán que atravesala provincia (sobre todo no caso do primeiro) para ir na búsqueda do título o vindeiro domingo ás 18:30 da tarde en Cantarrana. Os dous conxuntos superaron […]

Once dos cuartos da Copa de Preferente e Primeira

Na antepenúltima rolda da Copa de Preferente e Primeira dámoslle o premio de saír no once a aqueles xogadores dos equipos que saíron vitoriosos nas súas eliminatorias. Non quere dicir que o resto dos clubs derrotados non sexan merecedores tamén desta pequena distinción, pero optamos por recompensar a aqueles que seguen adiante e que a […]

Once dos oitavos da Copa de Preferente e Primeira

Os equipos da Preferente Norte incorporáronse as eliminatorias da Copa despois de finalizar a temporada regular e xa houbo as primeiras sorpresas. Oito equipos desputarán a vindeira fin de semana os cuartos de final, pero antes repasamos os protagonistas dos oitavos no noso once. Unha das sorpresas da fin de semana estivo na vitoria do […]

Hemeroteca: Motivación espectacular sen premio

Hoxe a nosa hemeroteca viaxa moi preto no tempo. Menos dun mes atrás de feito. Pero vale a pena facer este percorrido. Os amigos de Monterroso fannos chegar este espectacular documento. Un vídeo que recibiron os xogadores antes do trascendental encontro ante o Outeiro polo ascenso. O resultado non foi o desexado. Iso sí, este […]

As nosas redes falan!

Como cada mércores, é o turno da vosa sección.  Nesta semana temos a todo un grande nela, ademáis de un Castro que de seguro voltará á Terceira División, e a todo un icono de Cerdeiriños.

Unha final en plena liga regular

Ás veces o calendario e as temporadas son caprichosas e acaban poñendo situacións decisivas sen contar con elas. Ademais,  dáse a circunstancia que adoitan ser deses momentos, nos que aínda que o te levou a ese punto foi o bo facer na competición durante o ano, todo o anterior queda medio esquecido e o resume dunha […]

O filial do Monterroso xogará en Segunda

O Monterroso B conseguiu un histórico ascenso á Segunda Galicia despois de superar ao Río Sil na final da promoción de ascenso da Terceira Galicia grupo sur. O filial monterrosino sube de categoría no seu segundo ano de vida. Tan só o filial do Pontellas da provincia de Pontevedra se adiantou no ascenso dun filial […]

As nosas redes falan!

Hoxe contamos con varias alegrías nesta sección, pero tamén cunha parte negativa… Velaquí os nosos protagonistas.

Así está o fútbol provincial: arrastres e compañía

O fútbol afeccionado lucense entra no seu tramo definitivo de competición e os nosos equipos xóganse moito nestes últimos encontros. Na Terceira División só quedan catro xornadas para rematalo campionato con Vilalbés e Castro loitando por obxectivos moi distintos. No resto de categorías esta fin de semana volve a competición coas últimas seis xornadas da […]

As nosas redes falan!

Unha semana máis, chegan as entradas de Facebook e os tweets máis destacados desta pasada xornada. A pesares de non disputarse xornada nas ligas autonómicas, o fin de semana estivo cheo de emoción, en especial polo Torneo José Manuel Alvelo de Monterroso!

Palabra de…Helena Del Río: Escala de valores

Unha vez estiven triste porque o Barça da época dos holandeses non facía máis que perder. Outra vez estiven triste porque cando me fixen do Real Madrid, o «Madrid dos galácticos«, non facía máis que perder. Cando perdían estaba triste e cando ganaban non era tan feliz. Até que un día, logo de sufrir por […]

Notas da Segunda e da Terceira na penúltima xornada de febreiro

Ás mellores e as peores actuacións da fin de semana teñen o seu espazo en Futbolinlugo. Nesta xornada con representantes nas nosas notas tanto da Segunda como da Terceira Galicia. Recollemos as accións máis destacadas en forma de goles, goleadas, malas xeiras e as accións menos deportivas. A figura: Yoni do Monterroso B, 6 goles […]

Calendario da segunda fase en prebenxamíns

Nunha semana dará comezo a segunda fase da Primeira e da Segunda Autonómica en categoría prebrenxamín, tal é como di o calendario da competición. Dentro da Primeira Autonómica, seis equipos xogarán a promocióin: Ferroviaria, Milagrosa, Racing Vilalbés, CD Lugo, Polvorín e o Porto Burela. Precisamente o Porto Burela e a Milagrosa foron os campións do […]