Diario dun mercado. Episodio 46
Acumúlanse as novidades no noso fútbol! Inicio das pretemporadas, clubes apurando a confección dos planteis… ou mesmo o establecemento de novos amistosos! Todo iso e máis na edición de hoxe no noso Diario dun mercado.
Acumúlanse as novidades no noso fútbol! Inicio das pretemporadas, clubes apurando a confección dos planteis… ou mesmo o establecemento de novos amistosos! Todo iso e máis na edición de hoxe no noso Diario dun mercado.
Tras falar dos infantís e dos cadetes, chega o turno dos que sí son os maiores dentro dos máis pequenos, os nosos xuvenís.
A asamblea de FGF celebrada o pasado mércores deixábanos a sorprendente novidade dos «cambios infinitos» na categoría infantíl, nova da que Futbolinlugo xa falou. Ademais, ao mesmo tempo, presentamos a diferente organización das distintas ligas nas que contaremos representación lucense nestas idades. Hoxe falaremos dos que, dentro dos pequenos, son prácticamente os máis maiores: os […]
Hoxe, Futbolinlugo falou con Antón Méndez, a quen xa podemos considerar un clásico nos banquiños do Becerreá. Tras dez anos na entidade, e a pesares de certos rumores que indicaban a existencia dunha posibilidade de saída, Antón continuará un ano máis no Municipal.
Así lucía onte o Municipal de Becerreá, que albergou a Fase Intermedia do Camponato Galego Benxamín, e na que contamos con representación lucense por parte do CD Lugo e a SDC Residencia.
Xa coñecemos os cruces que van ter lugar nas distintas copas de Fútbol-8 da provincia de Lugo, velaquí os diversos enfrontamentos e datas. Faltan por saber quenes serán os protagonistas de cada choque, o que se determinara en función dos postos nos que remate cada equipo as fases previas!
Hoxe, queriamos facer un recoñecemento a todos os nosos equipos de base que disputan campionatos como a Liga Galega, a Liga Nacional ou a División de Honra. Desde infantís ata xuvenís, Residencia, Burela, Calasancio, Lugo, Villalbés e Viveiro son os seis clubes lucenses con representación nestas categorías.
A pasada fin de semana, catro xuvenís do Ribadeo FC, Jorge, Koke, Javier e Fran, foron convocados co equipo senior, que milita na Preferente Norte galega.
Esta semana medios nacionais e internacionais dedicaban un oco a un mozo de apenas 15 anos chamado Lamelo Ball. O seu nome deu a volta ao mundo ao anotar 92 puntos nun encontro de baloncesto que enfrontou ao equipo do seu instituto, Chino Hill, fronte a Los Osos. Se profundamos na actuación individual do raparigo […]
Hoxe domingo, tócalle o turno á base do fútbol lucense. Neste caso, as categorías de Fútbol-11 serán as protagonistas do noso artículo.
Futbolinlugo preocúpase por ter contidos exclusivos. Indagar, investigar e buscar a noticia. Así conseguimos chegar a saber en qué consistirá o convenio que se presenta hoxe, 1 de febrero de 2017 ás 19:30, na Deputación de Lugo. Contamos con todos os datos por adiantado. O tratado anunciado polo CD Lugo con prácticamente todos os clubes de fútbol […]