O partido da xornada . . . Friol C.F. – S.D. Santaballés: dous conxuntos sen complexos fronte a fronte

A Reigosa será o esceario, o sábado ás 16:30 horas, dun dos encontros máis atractivos da Primeira Autonómica. Friol e Santaballés veranse as caras nunha situación, que ben seguro, firmarían cos ollos pechados alá polo pasado mes de setembro. Dous conxuntos sen complexos que miran cara arriba, sen máis presión que a de facer bo […]

Destacados Primeira. Xornada 17

*Taboada-Burela: Encontro complicado, con máis ocasións que fútbol no Castro Seoane de Antas. Ambos equipos apostaron por estilos de xogo completamente diferentes aínda que a batalla quedou en táboas. Adiantouse rápido o cadro mariñán porén o Taboada remontou cun doblete de Gabriel. Xusto á volta do descanso, o Burela volveu marcar. Un gol coa mesma […]

A 17ª Xornada en Preferente. A Previa

Temos tanta fame de fútbol que aproveitamos tódolos festivos entre semana para que corra o balón nos campos da nosa provincia. Dispútase este xoves a décimosexta xornada de Preferente, mentras que outros equipos como o Racing Vilalbés na Terceira, e unha boa parte dos conxuntos de Primeira Autonómica adiantan ao xoves os seus compromisos da […]

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – Ribadeo F.C.: máxima igualdade no derbi da Mariña

Chega o derbi máis agardado na Mariña. Viveiro e Ribadeo, dúas das vilas máis emblemáticas da comarca. Capitais da Mariña Occidental e Oriental respectivamente sepáranas máis dos sesenta kilómetros que indica o mapa. Unha estrada do século pasado e unha vía de ferrocarril practicamente abandonada fan que os dous pobos parezan máis afastados do que […]

Fanny Varela (Friol CD Lugo): «Tómanse as cousas moito máis en serio»

A polivalencia sempre é un plus. Mediocentro, dianteira,… pero a súa posición favorita é a de interior pola esquerda. Fanny Varela (11-12-1991, Outeiro de Rei) pasouse do fútbol sala ao fútbol campo con 16 anos e dende aquela sempre coas cores do Friol. Unhas cores que mudaron nesta tempada co convenio que ten o cadro […]

A Primeira Autonómica comezará sen derbis

A Primeira Autonómica xa ten calendario para a vindeira temporada, logo de realizarse o sorteo na sede da Federación Galega de Fútbol no día de onte. A campaña 2018-2019 baixará o telón o día 2 de setembro, e farao sen derbis. Ningunha das comarcas da nosa provincia poderá disfrutar dun enfrontamento entre equipos veciños na […]

Borracheira de fútbol e fin de festa na Madalena

Jorge Tato estaría orgulloso. A súa Copa tivo un final á altura do seu legado. Nun escenario inmellorable, nese que estaba chamado a triunfar, Outeiro de Rei e Peluquería Mixta Friol impuxeron a súa lei. Baixo un sol de xustiza e unha calor abafante comezou a tarde de fútbol na Madalena. O día D do […]

O partido da xornada . . . os descensos na Primeira xóganse en catro campos

Chega a derradeira xornada de competición na Primeira Autonómica. Co peixe vendido na parte alta desde fai un par de xornadas, a atención céntrase na loita pola permanencia nunha categoría que pode ser moi castigada polos arrastres por mor da cascada de descensos de categorías superiores. Sen saber aínda se algún equipo de Terceira acada […]

O Friol escribe o capítulo máis exitoso da súa historia

O normal na última fin de semana de abril é afrontala con tensión, xa sabemos que sen descontrolarse que é futbol rexional, pero está claro que un sempre quere gañar. E se está loitando por un ascenso, máis. Non obstante, hai un pobo na provincia onde os nervos xa pasaron, parte da festa tamén e […]

O partido da xornada . . . Atlético Escairón – C.D. Castro: os chairegos poñen a proba a reacción dos de Charlie

A xornada 27 da Preferente Norte tráenos un derbi provincial con moito en xogo. Será este domingo ás 17 horas no Municipal do Saviñao entre o Atlético Escairón e o C.D. Castro. Con obxectivos distintos na táboa clasificatoria, ámbolos equipos chegan a este partido con estados de ánimos ben diferenciados. O Escairón ocupa o décimoquinto […]

O partido da xornada . . . C.F. Riotorto – S.D. Sarriana: o ascenso en xogo na Veiga

O domingo ás 16:15 a Veiga recibe a un dos grandes favoritos ao ascenso de categoría, a S.D. Sarriana. Un equipo recén descendido da Preferente, que é terceiro na clasificación a un punto dos postos de ascenso e cun partido menos. Pero o anfitrión é o C.F. Riotorto. Os locales son os inquilinos do segundo […]

Palabra de… Rafa Casanova: «O sacrificio»

  Compaxino o meu traballo con ser adestrador e presidente do CF Friol e xogador do Ribadeo, da Preferente Norte. Hai momentos nos que acaba a semana e estou farto de tanto fútbol, pero cando quero desconectar… xa hai que volver a adestrar.

O mellor plan para o Nadal: fútbol lucense

Lonxe quedan os tempos nos que o balón paraba no Nadal. Nos que nos conformabamos con ver a cativiños das mellores canteiras de España no vello Canal Plus. Agora, aínda que as competicións fagan un pequeno paréntese; o noso fútbol empéñase en seguir presente. Estas vacacións invernais, queirades ou non, teñen un epicentro esférico. En […]

Qué ver esta fin de semana? (25-26 novembro)

Sábado de Segunda Galicia. No grupo Norte, Burela e Candelaria xogarán un novo derbi mariñán. Na zona Sur, batalla polo ascenso entre Friol A e Oural. O domingo comeza coa Liga galega xuvenil: O Calasancio recibe ao Alondras B. Pola tarde, derbis e moi interesantes. Castro e Residencia vense as caras na Preferente e Bóveda […]