Trío de Ases Terceira (Xornada 33) e Preferente (Xornada 32)

O Polvorín deu un pasiño máis cara o ascenso despois de vencer ao Xallas no Anxo Carro. Non mostrou a súa mellor versión pero foi superior ao seu rival. Cuadretti anotou un doblete nun encontro no que puido marcar aínda máis. As notas negativas foron os dous cartóns recibidos por protestar e o duro golpe […]

Destacados Primeira. Xornada 28

*Pastoricense-Ferreira: Dani marcou para o Pastoricense aos 37 segundos. Denis respondeu no ecuador da primeira metade cun dos goles da temporada, dende uns 60 metros. Os de Vittín levaron a victoria con dous goles nos últimos dez minutos. O Ferreira necesita case un miragre para salvar a categoría. *Xermade-Riotorto: O Riotorto castigou en exceso ao […]

Trío de Ases Terceira (xornada 32) e Preferente (xornada 31)

Xornada de derbis. Non só lucenses, senón comarcais. Coma o que disputaron o sábado o Castro e o Outeiro de Rei. Un partido sen moita historia. De claro color vermello de principio a fin. Omar e Iván González, con sendos dobletes, demostraron que a experiencia é un grao. Esta goleada deixa ao cadro de Juan […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 31) e Preferente (Xornada 30)

Os dous primeiros clasificados da Preferente caeron esta xornada. O Polvorín cedeu na casa ante un San Tirso que xogou á perfección o seu encontro. Púxose cun 0-2 ao descanso e administrou a súa renda ante os lucenses, que tiveron oportunidade de igualar na reanudación. Os de José Durán manteñen o liderado. En parte, grazas […]

Destacados Primeira. Xornada 26

*Taboada-Lemos: Guerreiro foi determinante antes do descanso, ao asistir a Marcos; e na reanudación cun gol. No entanto, Diego Arias volveu demostrar a súa relevancia unha semana máis. Esta vez, asinando un doblete. E sobre todo, firmando o tanto do triunfo no tempo de desconto. CANTI estivo de novo traballando na Medela. Esa é a […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 30) e Preferente (Xornada 29)

Non foi unha boa xornada para os nosos representantes lucenses na Preferente. De feito, un anda na procura de adestrador. O Atlético Escairón firmou un dos peores encontros da tempada ante o Ordes e Charly dimitiu á conclusión do mesmo. Nesa loita pola permanencia, a Residencia caeu pola mínima en Dumbría. E iso non foi […]

Destacados Primeira. Xornada 25

*Ferreira-Taboada: Un doblete de Guerreiro deulle a victoria pola mínima ao Taboada. Os de Murado leváronse o triunfo no minuto 85 nun terreo de xogo moi pesado, que obligou a ambos conxuntos a baleirarse por completo. David Salgueiro debutou e coma titular na portería do Ferreira. *Riotorto-San Ciprián: O Riotorto levouse o encontro no último […]

Destacados Primeira. Xornada 24

*Xermade-Monterroso: O Monterroso xa vencía por 0-4 no minuto 24. Frebas sorprendeu na portería ulloana e o meta Roi saiu nos últimos minutos para marcar o derradeiro gol. Martín Blanco fixo un doblete e Pedro Coria o tanto da honra para o Xermade. Os de Cerdeiriños estrearon a chamativa equipación amarela. *Pastoricense-Xove Lago: O Pastoricense […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 28) e Preferente (Xornada 27)

O Polvorín deu un pasiño máis cara o ascenso a Terceira División. Solventou a complicada saída a Arzúa cun doblete de Facu, que á postre lle deu o liderado. Os dous tantos chegaron a balón parado, un en cada tempo. O primeiro nun córner e o último, nun lanzamento de falta. Victoria de mérito nun […]

Destacados Primeira. Xornada 23

*Ferreira-San Ciprián: Duelo de alternativas no Baliño, que rematou en táboas. O Ferreira marcou os tres primeiros goles do encontro. O primeiro deles, de Rubén Cidre en propia porta. *Sporting Pontenova-Pastoricense: Victoria fundamental para a Pontenova na loita por evitar o descenso. Farra marcou para o Pastoricense no ecuador da segunda metade e deixou o […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 27) e Preferente (Xornada 26)

O gran derbi polo ascenso tivo un claro dominador: o Polvorín. O cadro de José Durán deu un paso de xigante na procura do seu obxectivo tras superar con claridade ao Ribadeo no Ángel Carro. Jhon Cuadretti abriu a lata nada máis comezar cun gol de auténtico crack. Escriche e Javi Rey sentenciaron na última […]

Destacados Primeira. Xornada 22

*Páramo-Monterroso: Unha parte para cada equipo. Corbelle, con xogadón incluido que terminou no pau, liderou o ataque do Páramo. Na reanudación, mellorou o Monterroso e case empata na última xogada O balón rematou na madeira. Adrián Vázquez presentou moitas novidades, especialmente en defensa. Cansi deu o susto cun mal golpe no xeollo. Por sorte, quedou […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 26) e Preferente (Xornada 25)

  Candidatos a todo. O Polvorín e o Ribadeo volveron demostrar unha semana máis as súas candidaturas ao ascenso. O cadro de José Durán remontou o tanto inicial do seu exxogador Julio Camba para seguir a un punto do líder. Morais e Coqui, cun doblete, levaron o triunfo para a capital. A pesares das importantes […]

Destacados Primeira. Adiados Xornada 15

*Sarriana-Chantada: Moita igualdade na primeira metade dun dos clásicos provinciais por excelencia. Na reanudación a Sarriana impúxose con xustiza. Marzán e Marino demostraron que a experiencia é un grao cos seus goles. Os de Julio Corral empatan a puntos co Foz no liderado. *San Ciprián-Pastoricense: O Pastoricense remontou un 2-0 en contra. O San Ciprián […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 25) e Preferente (Xornada 24)

Meritorio empate do Racing Villalbés no feudo do Somozas, un dos claros candidatos ao play off de ascenso. E definímolo coma meritorio posto que os de Óscar Gilsanz xogaron toda a segunda metade cun home menos pola expulsión de Diego López xusto antes do descanso. Tamén foi expulsado Vérez no banquiño do cadro chairego. No […]

Destacados Primeira. Xornada 21

*Santaballés-Lemos: O Lemos adiantouse nada máis comezar porén un gol no desconto propiciou un novo empate para o Santaballés. *Bóveda-Pastoricense: Diego Gayoso entrou na segunda metade e o seu postreiro gol mete ao Bóveda de cheo na pelexa pola permanencia. Os de Cabanelas meten así cinco puntos con respecto ao descenso directo. *Monterroso-San Ciprián: Tarde […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 24) e Preferente (Xornada 23)

O Viveiro saiu do descenso despois de golear ao Outeiro de Rei no derbi da xornada. Arturo asinou os dous primeiros tantos nun encontro que os mariñáns sentenciaron na reanudación. Carlos Carrera voltou á meta dos de Juan Peón. Por desgraza, é outro equipo lucense o que entra na queima do descenso: o Atlético Escairón. […]

Destacados Primeira. Xornada 20

*Valadouro-Monterroso: Gran actuación coral do Valadouro ante un Monterroso que acusou en exceso os seus erros. Javier Criado debutou nos de Cerdeiriños. O que non seguirá é o técnico JC Rodríguez. Adrián Vázquez volve aos mandos da nave vermella, segundo anunciou o propio clube. *Xermade-Foz: Goleada do líder ante un Xermade que viña en racha. […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 23) e Preferente (Xornada 22)

Dous equipos lucenses abriron a xornada na matinal do domingo. O Ribadeo estivo a piques de levar tres puntos de ouro do campo do Atlético Arteixo. O conxunto no que milita Dapo, exxogador dos mariñáns, impediuno cun tanto de Geri no desconto. Empate. Unha mágoa porque os de Fiz Rodríguez chegaron a ir gañando por […]

Destacados Primeira. Xornada 19

*Santaballés-Ferreira: Remontada do Santaballés ante o colista na última media hora de xogo. Todos os goles chegaron na segunda metade. *Chantada-Valadouro: Os mariñáns, escasos de efectivos, chegaron igualados ao descanso. Na reanudación, o Chantada impuxo a súa lei. O técnico visitante Julio Castro rematou expulsado. Álvaro Labayén, meta suplente, tivo uns minutos coma xogador. Nos […]