Pol e Burela enfróntanse no único derbi provincial na Preferente

Chega o derbi provincial da Preferente, este ano o único que poderemos ver na categoría. O Pol recibe ao Burela no Municipal o domingo ás 12 horas nun encontro, malia a estar na cuarta xornada, de certa urxencia para os locais. Arbitrará o colexiado ourensán Rubén Castro Fernández. A temporada non comezou do xeito que […]

Diario dun mercado. Episodio 483

Comezamos este novo episodio de domingo do noso Diario cunha importante fichaxe na Sarriana. Trátase de Iago Parga, un vello anceio do club que logo do ascenso a Segunda RFEF fíxose realidade. O sarriao, formado na base do RC Deportivo, chega á Ribela para reforzar a zaga na que pode ocupar o posto de central […]

Diario dun mercado. Episodio 438

Comezamos un novo episodio do noso Diario coa renovación de Cuadrado na Sarriana. O dianteiro cumprirá a segunda temporada na Ribela e volverá cadrar con Santi Gegunde, con quen compartiu vestiario no Racing Vilalbés. Asier Seijas renova no Atlético Escairón. O monfortino afronta a terceira campaña consecutiva no Municipal e retorna así a Preferente, categoría […]

O partido da xornada . . . Racing Vilalbés – S.D. Fisterra: tres puntos pra asentarse na zona de privilexio

O que fai uns meses non sería noticia, hoxe debemos celebralo. Os nosos tres representantes lucenses poden disputar este fin de semana os seus encontros ligueiros. Sen ir máis lonxe, a pasada xornada o Viveiro e o Polvorín viron adiados os enfrontamentos con Silva e Bergantiños, respectivamente. Detémonos no encontro do Racing Vilalbés. O cadro […]

Diario dun mercado. Episodio 36

Máis cedo que tarde botará a rodar o balón polos campos lucenses, polo que os clubes apuran a confección dos seus planteis. 

Diario dun mercado. Episodio 35

Moito salseo na nosa Preferente Norte! O Castro segue a confeccionar un plantel de garantías. Non é sinxelo suplir a homes coma o irmáns González, Héctor ou Nano. Pero si traes a Diego Núñez ou a Fernandito, dende Monterroso, as baixas son menos baixas. O mediocentro cambia o vermello da Ulloa polo da Chaira. Calidade […]

Once das semifinais de Copa de Preferente e Primeira

A última batalla xa está definida. A loita pola Copa da Preferente e Primeira xa só é cousa de dous. O Monterroso e o Lugo B terán que atravesala provincia (sobre todo no caso do primeiro) para ir na búsqueda do título o vindeiro domingo ás 18:30 da tarde en Cantarrana. Os dous conxuntos superaron […]