O anecdotario: O medo no corpo, por Cuadrado

Xerar medo no Deportivo é un bo comezo para esta historia
A verdade é que o mundo do fútbol é un lugar do que se poden sacar miles de anécdotas. Algunhas que se poden contar, outras non (jeje). Teño a sorte de presenciar grandes anécdotas en diferentes campos de fútbol pero quizais unha das que máis me marcou, debido á miña curta idade, foi na tempada 2009-2010 (infantil de 2º ano). Xogaba eu na S. G.Comercial.
Foi unha tempada moi satisfactoria. Viñamos de ascender coa Comercial de Liga Local a Galega. E na primeira volta da competición atopabámonos no máis alto da táboa. Ao comezo da segunda volta recibiamos no campo das Gándaras ao Deportivo (o segundo clasificado). Como de costume, todo ía normal. Ao finalizar a primeira metade iamos gañando 1-0 e ao entrar no vestiario todos empezamos a comentar o partido. Ao cabo dun minuto entrou ao vestiario o noso adestrador: o gran Xabarda. Mandounos calar a todos.

Ata aí todo normal pero o máis inesperado foi que ao calarnos todos, escoitábase ao adestrador do Deportivo gritar no vestiario (o cal estaba parede con parede co noso) aos seus xogadores coma se perdesen unha final da Champions. Xabarda, con toda a tranquilidade do mundo; mirounos, sorriu e díxonos: «Están cagados». Acto seguido foise do vestiario e non volveu aparecer ata que saímos ao campo para xogar a segunda parte. Acabamos perdendo 1-4 pero esa “charla de descanso” non a esquecerei na miña vida.
Fernando Cuadrado Lombardero. Dianteiro do Rácing Villalbés, da escola de Guidetti.
Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 861

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.