David Cabado, capitán do Corgo

David Cabado (Corgo): «Volver o día do ascenso é unha dobre alegría»

O Corgo está de noraboa, xa que tras tres anos intentándoo sen éxito, acadaron o seu regreso á Segunda Futgal despois dunha tempada onde foron os claros dominadores do grupo sur da Terceira Futgal. Un equipo que se constrúe a través dun ataque moi produtivo e que, na parcela defensiva, ten un muro que lles […]

O Corgo culmina unha gran temporada co ascenso

Tres anos despois, o Corgo retorna á Segunda Futgal logo dunha espectacular temporada. Os de Abel Rochela venceron ao Relámpago Taboada con claridade e culminaron o seu gran obxectivo: lograr o ascenso e saír campións de grupo. O Rubián deu un paso de xigante para facerse coa outra praza de ascenso directo logo de vencer […]

Mondoñedo e Catro Roldas golean nunha xornada chea de aprazamentos no sur

A borrasca Ingrid fixo estragos tamén no noso fútbol e a Terceira Futgal foi duramente castigada con cinco partidos aprazados. No grupo sur só se xogou o encontro do Hermanos Somoza, onde o Corgo superou con claridade ao Bóveda. No grupo norte foi aprazado o partido entre o Pol B e o Roupar e xogouse […]

Mondoñedo e Rubián, golpe de autoridade no liderado

O Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia da undécima xornada déixanos a dous líderes sólidos. No grupo norte o Mondoñedo impúxose ao Abadín no derbi do Fiouco e achégase paseniño ao obxectivo do ascenso. O Muimenta mantén praza de ascenso directo logo de vencer á Comercial. Chegou a primeira vitoria do curso para o Celeiro, […]

Abel Rochela, adestrador do Corgo

Abel Rochela (Corgo): «Levaron bronca polo único gol que recibimos»

O Corgo está a marcar o paso no grupo sur da Terceira Futgal. O seu sete de sete en vitorias no comezo da tempada consolídaos como un dos principais favoritos para xogar na vindeira tempada na Segunda Futgal. Pero a súa situación é destacada, xa que con só un gol encaixado é o equipo que […]

Mondoñedo e Corgo comezan goleando na Terceira Futgal

Chega o primeiro Tres en Raia En Boas Mans da temporada nunha Terceira Futgal que promete ser máis parella e apaixoante ca nunca. O Mondoñedo comeza liderando o grupo norte logo de golear ao Muimenta, outro dos candidatos ao ascenso. O Cazás venceu no derbi xermadino no campo do Roupar, mentres que Rioaveso, Comercial e […]

Róber Besteiro, CD Corgo: «Buscaba compromiso e atopeino»

O Corgo fíxose cos servizos dun xogador de luxo que, ademais, é veciño do concello. Roberto Besteiro Doval (O Corgo, 1991) deixou a súa Residencia para xogar preto da casa logo dunha traxectoria impoluta no club branquiazul. O defensor deixa pegada nunha entidade que queda sen o seu capitán, pero tamén deixa atrás unha época […]

Matela e Sarriana B completan os ascensos a Segunda Futgal

Goiriz, Castroverde, Monterroso B e Sober xa coñecen aos dous conxuntos que os acompañarán a vindeira campaña en Segunda Futgal. Serán o Matela, que venceu ao Abadín, e a Sarriana B que deixou fóra ao Corgo nun encontro este último que rematou con imaxes das que non queremos ver nunca máis nun recinto deportivo. Analizamos […]

O Corgo, equipo na final de ascenso á Segunda Futgal

A Segunda Futgal está a 2 partidos

Cando a Segunda Futgal está a só dous partidos, das todo para acadar o obxectivo. Eso é o que pasa nas finais da promoción de ascenso en ambos grupos da Terceira Futgal

O Goiriz xa goza do ascenso e o Castroverde precisa un punto

Chegou o primeiro ascenso no Tres en Raia En Boas Mans. O Goiriz culminou unha temporada practicamente perfecta cunha vitoria no campo do Matela e os de Manu Veiga xa son de Segunda Futgal. O Castroverde segue na súa liña e queda a un só punto de festexar o ascenso. Lograrao se suma un punto […]

O triunfo do Corgo comprime a pelexa polo ascenso no sur

O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada na Terceira Futgal déixanos goleadas de escándalo no grupo norte. Os dous conxuntos cabeceiros, Goiriz e Castroverde, venceron con moita comodidade a Friol B e Comercial, respectivamente. O Rioaveso gañou pola mínima ao Celeiro e segue aspirando á segunda praza, mentres que o Catro Roldas sorprendeu […]

Diario dun mercado. Episodio 442

Comezamos este novo episodio do noso Diario dun Mercado con novidades en varios conxuntos mariñáns de Primeira Futgal. O Foz anunciou a fichaxe do mediocentro Alberto. O experimentado futbolista retorna ao Martínez Otero, onde xa foi importante durante dúas temporadas, procedente do Xove Lago. O Lourenzá refórzase coa chegada de Miguel Barreira. O defensor retorna […]

Diario dun mercado. Episodio 438

Comezamos un novo episodio do noso Diario coa renovación de Cuadrado na Sarriana. O dianteiro cumprirá a segunda temporada na Ribela e volverá cadrar con Santi Gegunde, con quen compartiu vestiario no Racing Vilalbés. Asier Seijas renova no Atlético Escairón. O monfortino afronta a terceira campaña consecutiva no Municipal e retorna así a Preferente, categoría […]

A derradeira xornada de Terceira Galicia, partido a partido

Chegamos á ultima xornada da liga regular na Terceira Galicia coas catro prazas de ascenso directo xa decididas desde fai varias xornadas. Celta Barreiros, que xa é campión, e Casás lograron dar o salto de categoría desde o grupo norte, mentras que Páramo e Rubián fixeron o propio no grupo sur. Neste último aínda non […]

Diario dun mercado. Episodio 296

Continuamos dando conta das novidades nos conxuntos da nosa provincia, e tamén de fóra dela, aínda que case como se foran da casa. O As Pontes, adestrador por Rafa Casanova, renovou ao ex ribadense Martín Traba e asinou ao gardameta Iván Parapar, ata o de agora na Sarriana. No conxunto da Ribela continuará un ano […]

Diario dun mercado. Episodio 285

O mercado non para. E tampouco a nosa redacción, porque temos que contarvos todas os movementos do noso fútbol. Hoxe, comezamos pola Preferente. Dani Renda e Esteban renovan na Residencia, sumándose así á renovación do corpo técnico que anunciabamos onte. Na Primeira Galicia, pola súa banda, Manolo García «Teipa» será o novo técnico do Riotorto. […]