iGUALDADE NA ESTREA DA 2ª FASE E CONTUNDENTE VITORIA DA CANDELARIA

A Segunda Rexional iniciou o segundo tramo de competición na zona norte. Ademais de comezar a súa liga no sur un dos grupos da permanencia (o que se compón de cinco equipos). Na fase polo ascenso da zona norte, salientou a vitora do Cospeito ante o Celta Barreiros. O cadro vermello iguala a puntos na […]

A Candelaria ri, un porteiro goleador e un partido con dez goles

Se a “Candelaria” chora, media liga vai fóra; se a “Candelaria” ri, media liga está por vir. Tirando man do refraneiro popular e pasándolle un filtro futbolístico, as predicións dinnos que queda moito que dicir nos 13 partidos que restan na Segunda. Porque a Candelaria precisamente sorriu nunha finde na que se afasta do descenso. […]

A Axenda: dobre derbi en Chantada nunha xornada con trocos nos banquiños

Este fin de semana retornan á competición tódalas categorías, a excepción da Terceira Autonómica, e temos encontros para tódolos gustos. Ademáis, o derbi provincial do fútbol feminino. Terceira División  – Racing Vilalbés – Rápido de Bouzas (Domingo ás 16 horas na Madalena): coa moral reforzada logo do triunfo en Abegondo ante o Fabril, os de […]

Diario dun mercado. Episodio 135

Esta semana comezan a Terceira División e a Preferente Norte, nas que os nosos clubes buscaran sumar os primeiros puntos dunha prometedora campaña. Porén, as categorías autonómicas terán que agardar un par de semanas máis, de aí, polo que os clubes que militan nelas atópanse a apurar as últimas incorporacións!

Diario dun mercado. Episodio 133

O Viveiro apuntala o seu plantel, e máis concretamente a defensa, coa chegada de Roberto Prieto. O veterano defensa chairego, logo do seu paso polo Racing Vilalbés, Bergantiños, e polo San Tirso na última temporada, reforzará a zaga do cadro dirixido por Chusky. Cubrirá a baixa por lesión de Roi, que estará fóra dos terreos […]

As nosas redes falan

Os equipos da Terceira Rexional teñen que discorrer a que lle dedican a fin de semana para evitar perder o ritmo ante os paróns da categoría (dous neste mes de outubro, a maiores dos que teñen os dous equipos que descansan cada xornada no grupo sur). Non obstante, noutros campos os descansos viñeron obrigados por […]

O partido da xornada . . . C.D. Castro – S.D. Sarriana: as distancias recúrtanse nun derbi

A xornada do domingo abrirase cun prato forte. Ás 12 da mañá o Arturo Pereiro albergará un derbi provincial da Preferente Norte entre o conxunto local, o C.D. Castro e a auténtica revelación da competición, a S.D. Sarriana. Dinámicas contrapostas e clasificación cunha diferencia abismal para estas alturas de liga, pero nun encontro desta tipoloxía, […]

Que foi de . . . Carlos Devesa: un defensa dos de sempre, un nostálxico do fútbol popular

Falar do fútbol mariñán é facelo, entre outros moitos, de Carlos Devesa (Foz, 1973). Un amante do fútbol sobre tódalas cousas, pero dese fútbol que agora se bota de menos, do popular. Do que nos anos 90 ateigaba as gradas de Cantarrana, do Martínez Otero ou dun Viñas da Veiga que vía como a S.D. […]

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – S.D. Outeiro de Rei: final anticipada pola permanencia

Dúas realidades distintas, dous equipos que comezaron o ano con obxectivos distintos, pero que con máis de media liga gastada teñen que afrontar un reto común: a permanencia en Preferente Autonómica. O vindeiro domingo día 4 de febreiro, ás 16:30 horas, Cantarrana será o esceario dun enfrontamento cara a cara entre Viveiro C.F. e S.D. […]

  • 1
  • 2