O partido da xornada . . . Club Lemos – S.D. Chantada: vellos coñecidos, mesmos obxectivos

Antes de comezala temporada, ao falar de posibles candidatos ao ascenso de categoría na Primeira Autonómica, Lemos e Chantada aparecían en case que tódalas apostas. Ben é certo que a competición, a medida que vai transcorrendo vai poñendo a cada equipo no seu lugar, pero no caso destes dous clubes, con só cinco xornadas disputadas, […]

O partido da xornada . . . C.D. Castro – Ribadeo F.C.: choque de contrastes no Arturo Pereiro

O domingo ás 17 horas, o Arturo Pereiro será o esceario do encontro entre Castro e Ribadeo, dous dos representantes lucenses na Preferente Norte. Con pasado non moi lonxano en Terceira División, a situación a día de hoxe dos dous clubes é moi diferente. O cadro chairego ocupa a antepenúltima praza na clasificación con dous […]

Diario dun Mercado. Episodio 87

Intensos movementos pola Terra Chá, na véspera do inicio dunha semana no que moitos equipos comezan a súa pretemporada. Na Primeira move ficha o Santaballés coa fichaxe de Hugo López, extremo procedente do Racing Vilalbés División de Honra Xuvenil. Un dos que xa botou a estiralas pernas na categoría foi o Chantada Atlético. Este venres […]

Diario dun mercado. Episodio 80

[themoneytizer id=»– Choisissez un emplacement –«] Un dos xogadores da base lucense da o salto ao fútbol sénior. Jacobo Vilariño incorpórase ao Somozas da Terceira Galega, que na vindeira temporada estará adestrado por Stili, procedente do CD Lugo xuvenil División de Honra. Á Terceira poderia chegar Juan Ignacio Brunet para reforzar o Lugo B. O […]

Diario dun mercado. Episodio 77

Logo do anuncio de Rafa Casanova como técnico e tras confirmarse a saída de xogadores importantes, o Ribadeo F.C. comeza a reestructurar a plantilla coa chegada de dous xogadores: Mario, un central que chega do Andés, da Preferente Asturiana e Brais, mediocentro que xogou nos xuvenís do C.D. Lugo en División de Honra e rematou […]

Diario dun mercado. Episodio 69

O mercado de fichaxes está nun momento realmente álxido. Os movementos son constantes, así como os diferentes rumores que, como cada ano, corren de voz e voz e incluso algún chega a converterse en realidade. Hoxe, na edición 69 do noso Diario dun Mercado, chegan novas que atinxen a practicamente todas as categorías que contan […]

O partido da xornada . . . os descensos na Primeira xóganse en catro campos

Chega a derradeira xornada de competición na Primeira Autonómica. Co peixe vendido na parte alta desde fai un par de xornadas, a atención céntrase na loita pola permanencia nunha categoría que pode ser moi castigada polos arrastres por mor da cascada de descensos de categorías superiores. Sen saber aínda se algún equipo de Terceira acada […]

O partido da xornada . . . S.D Sarriana – C.D. Foz: máis de medio ascenso en xogo na Ribela

Máis que partido da xornada poderíamos chamarlle partido da temporada. Enfróntanse os dous mellores equipos da Primeira Autonómica, ou iso di a clasificación. O líder, a S.D. Sarriana con 66 puntos recibe a visita do segundo clasificado con tan só un punto menos, o C.D. Foz. Será este domingo ás 17 horas na Ribela. Salvo […]

Qué ver esta fin de semana? (2-3 decembro)

Dobre prato para este sábado. Comezamos con fútbol feminino. O Ribadeo e o Silva vense no Pepe Barrera nunha loita por todo o alto. Un cuarto de hora máis tarde será o turno de dous míticos na Segunda Galicia: ED Lourenzá e Cabreiros. O domingo pola mañá, o Lugo A xuvenil ten unha cita fundamental […]

Diario dun mercado. Episodio 26

O noso Diario dun mercado quixo dar unha volta por terras que tiñamos algo abandonadas. Porque sempre hai algo que contar en tódolos lados. Agora xa sabemos, que Negrete seguirá á fronte do Oural unha campaña máis. Así mesmo, algún dos veteranos do equipo colgará as botas. Agardemos que non sexan moitos! Baixamos algo máis […]

Diario dun mercado. Episodio 11

A vindeira temporada o fútbol da provincia volverá contar só cun representante na Terceira, o Racing Vilalbés. O equipo da capital da Terra Chá comeza a planificar o novo curso e anunciou a renovación do adestrador Óscar Gilsanz que cumprirá a súa cuarta temporada no banco da Madalena. Gilsanz vén de facer a mellor campaña desde que […]

Hemeroteca: Agora o que ascende é o Roupar. Aquel día o Cabreiros

Viaxamos case nove anos atrás. Ao campo do Roupar. Alí ascende o Cabreiros a Primeira Galicia tras vencer por 0-2. Festa a domicilio. Pero como cambia isto do fútbol, porque agora o que ascende é o Roupar. Despois de subir hai pouco máis dunha semana, volverán atoparse cos vilalbeses na Segunda Autonómica a próxima campaña, salvo […]