A 27ª Sesión Plenario trae o terceiro cruce dos cuartos de final. Xogan o excolexiado David Rodríguez e o xogador do Riotorto Isaac Rouco. Unha eliminatoria moi disputada e que non se decidiu ata a derradeira rolda de preguntas.
Nesta última entrega seguimos coñecendo canto saben de si os nosos participantes. Tamén falamos de actualidade. De novas chegadas aos bancos da provincia así como das máis recentes retiradas. E, por suposto, houbo espazo para a nosa historia na clásica rolda de ‘Verdadeiro ou Falso’.
XA COÑECEMOS A TRES SEMIFINALISTAS
Á espera de que vexades o resultado entre David e Isaac, Lourido xa está clasificado para xogar as semifinais ao igual que Juan Rodríguez.
Nas próximas datas coñeceremos ao último dos integrantes que buscará un oco na final. Lourido xogará na semifinal co vencedor da eliminatoria entre Oskarinho e Esteban Carracedo.
Os emparellamentos dos cuartos final tamén foron formados por sorteo. Non obstante, as eliminatorias non seguirán a orde do cadro e iranse xogando en función da dispoñibilidade dos participantes.
Á diferenza da primeira rolda, pero ao igual ca nos oitavos, a quenda de xogo vén dada polo propio sorteo. Comezan a responder de primeiros os concursantes cuxa papeleta saíu de primeira.
Esta sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as respostas dos participantes.
O redactor Diego Díaz foi o encargado de presentar esta vixésimo séptima Sesión Plenario que contou coa presenza do colaborador Plenario Veiga.