#Fútbol afeccionado

Sesión Plenario 09: Isma Torres – Noelia Castro

Futbolinlugo estrea o noveno capítulo de Sesión Plenario. A novena eliminatoria cruzou a dúas persoas afeccionadas ao fútbol da provincia. Por unha parte, xogou Isma Torres seareiro da SD Antas. Do outro lado estivo Noelia Castro, seareira da SD Burela.

O concurso estivo moi igualado e serviu tamén para indicar que non fai falta formar parte dende dentro de ningún equipo para poder participar. Como no caso de Isma e Noelia, calquera que lle guste o fútbol lucense pode unirse.

As inscricións en Sesión Plenario aínda están abertas. Quen estea interesado debe mandar un correo a futbolinlugo@gmail.com co asunto SESIÓN PLENARIO. Quedan as últimas prazas libres. En total serán 28 concursantes nesta primeira temporada.

Por Sesión Plenario pasaron xa xogadores, integrantes de corpo técnico, directivos e afeccionados. Agardamos que a participación de Noelia Castro sirva de exemplo para que máis mulleres se animen a probar sorte coas preguntas.



Polo momento xa hai nove clasificados para a seguinte rolda do espazo que entretén e difunde o fútbol da provincia. A Mariña é polo momento a zona xeográfica que máis participantes ten nos oitavos de final.

O dianteiro Kiños do Folgueiro, o delegado Manu do Burela, o atacante Antón Teijeira do Iberia e o dianteiro do Xove Lago Diego Chao son catro dos que xa accederon de rolda. Isaac Rouco Tucho representan á Terra Chá.

Pola súa banda, David Rodríguez e o Chapu deixan quedar ben a Portomarín. Ademais de representar por todo o alto ao mundo da arbitraxe e das directivas, respectivamente.



Concursantes na repesca (xogaranse dúas prazas para os oitavos de final):

1. Lourido, xogador do Meira

2. Víctor Valiño, futbolista do Relámpago Taboada

3. Sotogol, xogador do Celta Barreiros

4. Samu López, futbolista do Racing Villalbés B



Esta sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as respostas dos participantes.

O redactor Iván Calaza foi o encargado de presentar esta novena Sesión Plenario que contou tamén coa presenza do propio Plenario Veiga.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *