Reportaxe: Referencia tamén fóra da provincia de Lugo

O fútbol lucense é tan grande que ata exporta talentos. Un bo número de xogadores da provincia desfrutan xogando o fútbol na Terceira Divsión en equipos do resto de Galicia. Algúns deles con papeis importantes no seus equipos e sendo referentes na categoría. Na categoría onde tan só dous dos vinte equipos que compoñen o grupo son lucenses (RC Vilalbés e Castro) contamos con ata dez lugueses compiten na Terceira.

Nun dos históricos do fútbol galego, a SD Compostela hai tres lucenses. Eran catro pero coa marcha de Manu Cedrón cara o Castro, quedan Alberto Lamas “Make”, Diego Rey e Santi Gegunde. Make fichou no Compos no pasado verán procedente do Vilalbés, foi un fixo no primeiro tramo de liga nas aliñacións de Yago Iglesias pero pouco a pouco foi perdendo peso no equipo titular. Diego Rey é un fixo nas aliñacións do exadestrador do Noia, o interior esquerdo é chave no xogo do Compos. Tamén é dos seguros, o dianteiro Santi Gegunde que despois dunha lesión nos meses de outono xa volveu ó equipo titular.

Outro dos equipos con presenza lucense é o Cerceda. Un dos equipos míticos nos últimos anos da categoría que case sempre está pelexando por ascender pero de momento non foi quen de cumprir o soño de xogar na Segunda B. O porteiro titular é de Lugo, Marcos Valín e o dianteiro, tamén Uxío Dapena. De feito, Uxío é nestes momentos o máximo goleador da competición con 17 goles.

No Bergantiños de Carballo tamén hai dous lucenses e os dous centrais. Un deles de Vilalba, Roberto Prieto cun amplo currículum na categoría no Racing Vilalbés entre outros equipos. Fai de veterán o lado do monfortino Iago López, unha das grandes promesas do fútbol lucense.

Michi Leal segue sendo o pulmón do Silva. Pasan os anos, pero o vilalbés segue sendo o verdadeiro timón do conxunto adestrado por Javi Bardanca. Alberto Suárez complementa o medio campo do Choco, a revelación da categoría nos dous últimos anos. Aínda que este ano non está sendo o mellor do conxunto de Redondela, Suárez está tendo protagonismo no equipo. Por último, David Rodríguez deixou o Ribadeo para continuar na categoría e marchar o Ribadumia. Alí, o dianteiro de Foz está a sombra dun dos mellores goleadores galegos de sempre, Changui. David dispuxo de minutos debido a lesión deste último pero non tivo toda a sorte necesaria de cara o gol.

Lucenses que espallan o noso fútbol por todo Galicia. Algún precisan marchar para buscarse e facer a súa carreira. O máis importante, que nunca esquezan de onde veñen.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 467

Deja un comentario