#Feminino #Con F de Futbolista #Fútbol afeccionado

O PM Friol e CD Lugo suman nunha xornada na que tampouco falla a SD Antas

O PM Friol volve á senda da vitoria

As friolesas foron quen de quedar coa vitoria na casa ante o Real Oviedo II, nun partido no que as locais mereceron gañar. Dende o inicio, o dominio e a intensidade poñíanas as friolesas, cun bo xogo. As asturianas non eran quen apenas de ter ocasións, pero beneficiábanse do pouco acerto friolés de cara a portería rival.

O gol do filial do Oviedo tivo que chegar dunha xogada balón parado propiciada por unha man dentro da área para recurtar diferenzas (2-1), pero o marcador non se movería. Pese ós intentos con balóns longos e de todo tipo das visitantes, non foron quen de superar ás locais, que suman tres puntos logo de dúas xornadas consecutivas de derrotas.

O Lugo golea ó Romanón a domicilio

O 1-6 final podería levar a pensar nun dominio total do Lugo, e pensariamos ben. Tan só o único gol do Romanón puxo algo de interesante no encontro, xa que era o 1-1, pero pouco durou. Iria encargouse de que as aspiracións do Romanón duraran ben pouco.

Non houbo máis historia nun partido no que as luguesas puideron gañar por moito máis, xa que deixaron escapar oportunidades moi claras. Na segunda parte e xa co resultado moi a favor, a intensidade baixou e os equipos firmaron o desenlace do partido sen moita máis loita por ningunha das partes, pero cunha actuación moi destacable, entre outras, de María Valcárcel.



Az xogadoras do CD Lugo. Foto cedida

Derrota nos últimos suspiros do encontro do PM Friol B

O filial friolés chegaba ao encontro con moitas ganas vendo que o Orillamar é un equipo da súa categoría, da zona baixa da táboa nestes intres da Liga.

A impaciencia por parte do PM Friol B, querer xogar moi precipitadas e sen saber escoller cales eran as boas situacións de saída de balón condenaron ás friolesas.



Aínda que Saray, Carla ou Sofía tiveron numerosas ocasións, a efectividade fallou e non as convertiron en goles.

Adiantáranse as friolesas e nada máis meter o primeiro ( por medio de Carla Pena) puido chegar o segundo cunha ocasión moi clara. Porén, foron as xogadoras do Orillamar as que anotaron por medio de Irene Martín. A partires de aí comezaron as présas que condenaron á derrota ó PM Friol B. No 82′ cunha falta directa Salma Sepúlveda puxo o definitivo 2-1 cun auténtico golazo.

Once inicial do PM Friol B. Foto cedida

O CD Lugo B deixa escapar unha vitoria que xa case celebraba

No minuto 55′ do encontro o resultado en Lugo era un 2-0 favorable para o filial lugués, pero ao remate do partido no luminoso lucía un 2-3 que deixa entrever a mala segunda parte das luguesas.

No minuto 40 fora Ánxela Prado quen adiantara ás locais e, no 54′ ela mesma quen poría dous goles de vantaxe no marcador.

Porén, tan só un par de minutos máis tarde comezou o rexurdimento da UD Carral. Andrea Vázquez abriu a lata no 56′ para que logo, no 68′, Lucía Muñiz empatara o encontro. Sentenciou no 75′ Sara Regueira a un Lugo que se viu noqueado e sen capacidade de reacción ante a treaboada final da UD Carral que as arrasou para levarse a vitoria.



Once inicial do CD Lugo B. Foto cedida

A SD Antas segue sumando

Nesta quenda, un punto, pero a SD Antas segue sen perder dende a Xornada 3, cando caera pola mínima ante a EFF Rosalía.

No Carballiño puido sumar outros tres puntos grazas ó gol nada máis comezar o partido de Dana Fernández despois de que Maite interceptara o balón sacado dende o medio do campo no inicio do partido polo Arenteiro. Iria conseguiu filtrar un pase en profundidade que Dana non perdoou no primeiro intre do encontro.

A primeira parte foi unha lección defensiva do Antas que conseguía que o Arenteiro xogara moi incómodo á vez que xeraban ocasións para sorprender a área rival.

Porén, a saída dos vestiarios trouxo un Arenteiro moi superior, que controlaba con facilidade o ritmo do encontro. Iria e Jenny procuraron o gol da tranquilidade, pero non chegou e foi o Arenteiro quen nos intres finais marcaría para empatar o partido.

Once inicial da SD Antas no Carballiño. Foto cedida

Derrota dunha sd chantada que merecía máis

O equipo chantadés dominou o partido levando a iniciativa dende o comezo. As achegas á área rival non remataban en ocasións claras, mais o ritmo do partido era das vermellas.

A SD Chantada puido gañar se a fortuna se puxera un chisco da súa parte en catro ocasións moi perigosas que tivo, por exemplo, nun man a man que Eva Piñeiro estivo a piques de materializar.

Pola súa parte, o Bandeira buscaba facerse coa vitoria á contra. Foi así como conseguiron o primeiro gol, logo de provocar un saque de esquina que convertirían no primeiro tanto do encontro. Xa no 45′, tamén despois dun córner o árbitro sinalou unha man para a SD Chantada. Eva foi a encargada de tiralo pero non conseguiu bater a portería do Bandeira.

Xa na segunda parte a SD Chantada seguía manexando o balón e chegando á área rival, como ocorreu no 57′, cando as chantadesas ameazaban a área das do Bandeira, foron precisamente elas as que recuperaron para saír á contra e facer o definitivo 2-0.

Once inicial da SD Chantada. Foto cedida

Descanso para a terceira futgal

A Terceira Futgal non competiu esta fin de semana. Únicamente o Monte Forte e Carballedo xogaron os apenas 10 minutos restantes de encontro do partido que se suspendera hai unhas semanas e que rematou co mesmo resultado que lucía no luminoso cando a colexiada decidira adialo.

O PM Friol e CD Lugo suman nunha xornada na que tampouco falla a SD Antas

Os Máxicos da 9ª xornada

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *