#Fútbol afeccionado #Fútbol Base #Primeira Futgal

Palabra de… Xoel Vázquez: «Amigos do fútbol base»

Un derbi ante o Xove Lago. ANTONIO VAZTRA

O chamado fútbol base…  Ese que comprende o fútbol de formación dende os 6 anos ata os 19. Aínda que esta formación non se deten nunca ao ter a posiblidade de aprender algo novo en cada adestramento. Dito fútbol é unha das mellores etapas dun xogador, pero centrareime nas categorías infantil, cadete e xuvenil, sendo esta última na que máis disfrutei.

Cando comezas en infantís non sabes que seguramente ese grupo de xogadores cos que vas iniciar a tempada sexan os teus compañeiros ata o teu último partido de categorías inferiores. Nesta etapa comezas a formar o teu grupo de amigos, os cales son compañeiros do equipo. Estas amizades faranse cada vez maiores a medida que vaian pasando as tempadas. Por iso o fútbol base é unha das mellores etapas, xogas ao que máis che gusta cos teus amigos.

Un domingo clásico en San Ciprián. CANTI

A medida que van pasando os anos e tes máis consciencia sabes que iso de xogar sempre cos teus amigos vaise rematar. Por iso penso que xuvenís é o período no que máis disfrutas, debido a que te das conta que non seguirás xogando coa maioría de amigos cos que o viñas facendo ao rematar esta etapa. No salto ao fútbol sénior sepárase ese grupo de amigos que levaba todo o fútbol base xogando xuntos. Neste salto: uns chegan ao primeiro equipo, outros fichan por diferentes conxuntos e tamén hai quen o deixa e non quere seguir xogando.

Pero ao comezar unha nova etapa no fútbol sénior, no primeiro equipo no que xogache nas categorías inferiores ou noutro calquera, vólvese a cumprir en certa medida o que para min é unha das mellores cousas do fútbol que é poder facelo cos teus amigos. Xa que aínda que comeces o ano sen coñecer de nada a algún compañeiro, ao longo da tempada eses descoñecidos para ti iranse facendo os teus amigos.



 

Xoel Vázquez. Amigo dos seus amigos, xogador do San Ciprián.



Palabra de… Xoel Vázquez: «Amigos do fútbol base»

O partido en imaxes: Meira-Cervo (4-1)

Palabra de… Xoel Vázquez: «Amigos do fútbol base»

Trío de Ases Terceira (Xornada 37) e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *