
O meu mundo futbolístico pódese resumir coma unha montaña rusa. Porqué? Por que as obligacións, a ‘mala vida’ e as decepcións quizais expliquen toda a miña vida ó redor da miña paixón. Cando era pequeno valíame tranquilamente xogar a min solo na casa, a nivel colexio, dando o máximo e soñando con chegar a xogar nun gran equipo.
Pero a medida que vai pasando o tempo e chega un equipo. Neste caso o Meira que por algunha circustancia Lito se fixa en min. Pasan os anos e competimos a un nivel bastante alto no fútbol sala con grandes compañeiros, gran equipo e amigos que quedarán para sempre. Quizais sen dúbida, a mellor época de todas, porque a única preocupación era deixarse a pel no campo. A cal nos convertiu en Campións provinciais e terceiros de Galicia.
Despois de caída, chega a Comercial, cando eu era un principiante nesto. E o único que sabía era ‘chupar balón’. Pero foi un paso que probablemente me servira para coñecer algo máis o fútbol de Lugo. Despois desta fase, chega un adestrador e dime que me quere levar o CD Lugo B.
Pero o meu comportamento estudiantil non me permite dar ese paso, do cal me arrepentirei durante os vindeiros anos. A parte boa disto e que me abre outro camiño, o camiño do fútbol do pobo, da xente que te vai animar cada domingo e o único que che pide e que lle fagas disfrutar e que lle adiques un gol, ou un simple túnel. Estou falando dunha etapa de 5 anos na UD Pastoricense, un equipo do pobo e dos veciños (do Gran capitán Cami).


A partir de esta boa etapa un xa se ten que centrar máis no futuro laboral e persoal. E desgraciadamente o domingos de disfrute non me daban de comer, cousa que me obliga a marchar a Xixón. Aínda que o gusto por este deporte me pide adestrar alí e vir todos os domingos xogar con eses grandes compañeiros.

Despois desta época chega o señor Xosé Ramón Labrada venderme un proxecto de ascenso, co Riotorto. Eu non estaba mui conforme e ó principio non o crin, pero convenceume. Cousa que despois co paso do tempo me demostrou, que a parte de bo psicólogo futbolístico era boa persoa. Déronme apoio, agarimo… Coñecín a un dos grandes capitáns do fútbol da provincia (Xosé Lourido) e a grandísimos compañeiros coma Christian. Penso que ese ano foi o meu mellor ano futbolístico. No cal estaba moi ben físicamente e o ascenso preciado estivo a piques de acadarse.
A pena foi que por circunstancias persoais tiven que marchar e irme a Barcelona. En Barcelona non contento con deixar isto, intentei entrar nun equipo de Primeira catalana. Pero dinme conta que nenos de 19 anos con un físico portentoso estaban acabando comigo (risas). Entón con isto quedo fóra do equipo. Agora dedícome a xogar con compañeiros de traballo, facer túneles, vacilar e divertirme. Demostrándolles ós da cidade condal que en Lugo hai talento. Porque deixalo de todo creo que é algo que me será imposíbel de facer.

Martín Edrosa. Talentoso zurdo no exilio.