Notas da Segunda e da Terceira na segunda xornada de marzo

O bo tempo acompaña esta semana as notas de Futbolinlugo nunha xornada na que foi a última da competición regular na Terceira Galicia grupo norte. A SD Ourol  e Roupar ascenderon directamente a Segunda Galicia (co equipo da Mariña proclamándose campión de Liga este pasado sábado). Agora nesta categoría queda a loita polos play offs […]

Tweets máis destacados da semana!

Esta semana presentamos certas novidades na sección, ademáis de algún que outro protagonista pouco habitual!

Calendarios das copas alevíns, benxamíns e prebenxamíns

  Xa coñecemos os cruces que van ter lugar nas distintas copas de Fútbol-8 da provincia de Lugo, velaquí os diversos enfrontamentos e datas. Faltan por saber quenes serán os protagonistas de cada choque, o que se determinara en función dos postos nos que remate cada equipo as fases previas!

Clinic de porteiros do CD Lugo

O Departamento de Comunicación do CD Lugo presentou o pasado día 3 de marzo un novo modelo de campus, que terá lugar os días 10 e 11 de abril no Campo do Ceao. Nel, os protagonistas serán os porteiros. Nenos nacidos entre 2001 e 2007 poderán participar nesta experiencia que consistirá en adestramentos específicos para […]

Once da Xornada 26 na Primeira Galicia

Xeración do 95. Non é a dos Antonio Machado e compañía. E unha das mellores fornadas de arqueiros da nosa provincia. E esta xornada foron protagonistas. Nunca foi tan complicado decidir a quen darlle a portería da semana. Ata se sumou á festa algún máis veterano. Coma Trullo, que detivo un penalti para o Xove Lago. […]

Once da xornada 28 na Preferente Galicia

Volveu ser a segunda fin de semana de marzo de derbis lucenses na Preferente Norte cuxos xogadores teñen o seu protagonismo no once Futbolinlugo. E menos mal que houbo duelos provinciais para que algún dos nosos fixera puntos, porque os enfrontamentos lucenses contra outros rivais acabaron nesta xornada con derrota. Comezamos polo derbi do Pepe […]

Hemeroteca: Agora o que ascende é o Roupar. Aquel día o Cabreiros

Viaxamos case nove anos atrás. Ao campo do Roupar. Alí ascende o Cabreiros a Primeira Galicia tras vencer por 0-2. Festa a domicilio. Pero como cambia isto do fútbol, porque agora o que ascende é o Roupar. Despois de subir hai pouco máis dunha semana, volverán atoparse cos vilalbeses na Segunda Autonómica a próxima campaña, salvo […]

Palabra de…Cristofer García: Infancia no campo da Fonte

A humildade, a garra, a paixón e, sen dúbida, confiar en sí mesmos pode ser o que mellor defina ó C.D.Cospeito durante toda a súa historia. Xa pasou tempo dende a súa creación, alá por mediados dos 80, moitos momentos de éxtase e tamén outros de tensión por acadar o esforzó esixido na tempada. Dende […]

«O obxectivo era salvar ó equipo» Jon Vázquez, ex adestrador do Chantada Atlético

Jon Vázquez deixou esta semana de ser o adestrador do Chantada Atlético. O club chantadino tomou esta decisión despois dos últimos resultados do equipo e co obxectivo de reactivar ao seu cadro de xogadores. Dese labor encargarase agora o xogador Fran Regal de quen o seu antecesor fala marabillas. Apenas 3 días despois do acontecido, Jon […]

Notas da Segunda e da Terceira na primeira xornada de marzo

Entra marzo e con el o tramo decisivo da temporada, mesmo na Terceira Galicia a vindeira xornada xa será a última en canto a competición regular se refire. Desta maneira as notas Futbolinlugo tamén se ven influenciadas por aquelas actuacións que poden resultar decisivas o final de temporada. A figura: Chungui do Xermade Diego Bellas […]

Tweets máis destacados da semana!

Un mércores máis, chegan os mellores tweets da semana á web de Futbolinlugo. Presentamos novidades na sección, pero tamén contamos con habituais da mesma!

As nosas guerreiras!

En conmemoración do Día da Muller que se celebra hoxe día 8 de marzo, facemos un repaso das clasificacións dos tres principais equipos de fútbol feminino da provincia de Lugo.

Fran Regal é o novo adestrador do Chantada Atlético

O Chantada Atlético decidiu trocar o inquilino do seu banco de cara o que resta de temporada. Jon Vázquez foi destituído despois de perder na pasada xornada por 1-3 ante o Santaballés. Dende o club admiten que a aposta por Jon non saíu como esperaban e que queren darlle un novo rumbo ó equipo co obxectivo […]

Once da Xornada 25 na Primeira Galicia

Ollo co Burela señores!!! Dende o cambio de adestrador parece outro. Os mariñáns asaltaron o feudo do Riotorto e venceron con comodidade (0-4), destacando o doblete de Maseda. Foi unha xornada na que os de arriba volveron fraquear. A excepción do todopoderoso líder. Da igual que non estiveran ben outra tarde máis. Suman de tres […]

Once da Xornada 27 na Preferente Galicia

Unha semana máis os xogadores máis destacados da xornada teñen o seu espazo no once de Futbolinlugo. Unha xornada con dous derbis provincias, e con goleadas tanto a favor como en contra que acabou con tres vitorias lucenses e catro derrotas. A referencia segue sendo o Lugo B que volveu gañar e de novo por […]

«O ano pasado anotei case 45 goles», David Ben

David Ben Rivas, nado en Burela no ano 2000, é o máximo goleador da fase de promoción xuvenil en Lugo, na que leva anotados 10 tantos, e foi o pichichi da primeira fase na que o seu equipo, o Porto Burela, e máis el disputaban a Liga Provincial Norte, na que asinou 16 goles. O […]

Hemeroteca: O Calasancio cadete recibe ao Celta

Viaxamos á Liga Galega cadete 2014-2015. O Calasancio cadete recibe ao Celta na casa. Vexamos que pasou grazas ao documento de MariaPampin! Dentro vídeo 😉

Palabra de… Juan Davila: Regresión no ‘Deporte rei’

Son árbitro. Árbitro dende fai seis anos, aínda que é certo que xa antes había un colexiado en min. En min e en cada dos que amamos este paradóxico deporte chamado fútbol. Porque moitas veces nos damos conta do pouco que sabemos. Tiven a sorte de “medrar” rápido no fútbol, o que me permitiu afastarme […]