As nosas redes falan

O PM Friol CD Lugo tivo o recoñecemento no Anxo Carro O Friol conseguiu o obxectivo marcado ao inicio de temporada. Ser terceiras e clasificarse, cando menos a nivel deportivo, para ascender á nova 1ªB. Antes do inicio do partido da Segunda División entre o Lugo e o Granada, as xogadoras adestradas por Josito Jul […]

O partido en imaxes: Lemos-Pastoricense (1-0)

O Club Lemos xogará a campaña 2019/2020 na Preferente, tras dúas temporadas na Primeira Autonómica os monfortinos volven ao que é o seu sitio -como mínimo, e de aí cara arriba-. Pero aínda non rematou o ano deportivo, polo que A Pinguela segue albergando fútbol da primeira lucense cada quince días. A última vez recibiu […]

Así está a carreira polo All Star Futbolinlugo na Preferente

Tan só cinco xornadas restan para o remate da temporada 2018/2019 na Preferente, e salvo o Castro que xa perdeu a categoría, todo está por decidir. Viveiro e Sarriana manteñen intactas as súas opcións de ascenso e pelexarán, incluso con enfrontamento directo, por acompañar ao As Pontes na Terceira. O Foz, liberado dos postos de […]

O partido en imaxes: Meira-Abadín (3-0)

A Segunda Autonómica está chegando ao seu fin, e os equipos salvados comezan a poñer a mira na Copa, na que buscarán ser os protagonistas. É o caso de Meira e Abadín, que se mediron a pasada semana nun duelo que resultou nunha clara vitoria dos locais, 3-0. Josune Bargueiras inmortalizou con estas grandes instantáneas […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 33)

A xornada 33 na Terceira División disputada no día de Xoves Santo, case na súa totalidade, deparounos resultados e sensacións dispares dos nosos representantes. Un frouxo Polvorín caeu na Cheda, nun insulso partido, ante o Ourense C.F., mentras que o Racing Vilalbés gañou nun trepidante encontro na Coruña ante o Silva. Ámbolos conxuntos teñen unha […]

Os sobranceiros da 1ª rolda da Fase de Ascenso e da Copa (volta)

A temporada na Terceira Rexional rematou para o Muimenta, o Lugo Unión, o Rioaveso, o Paradela, o Rubián e o Relámpago Taboada. O Celta Barreiros e o Catro Roldas loitarán pola praza de ascenso no norte. Mentres que o Antas e o Río Sil farano no sur. Á volta de Semana Santa xogaranse as eliminatorias. […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

Sí, queridos amigos e amigas, fixeron historia. Non temos máis que palabras de agradecemento e satisfacción para as rapazas do PM Friol CD Lugo, que son novo equipo da Primeira División B -unha categoría de nova creación de cara a campaña 2019/2020-, tras quedar terceiras clasificadas no seu grupo da Segunda División, sendo somentes superadas […]

Os onces da 28ª xornada na Segunda

Á volta da Semana Santa decidirase a Segunda Rexional. Quedan dúas xornadas. O Folgueiro e o Lourenzá xa dependen de si mesmos para ascender na última fin de semana de abril. Ao Cervo complícaselle a salvación. No sur, gañaron os tres primeiros. O San Roque, o Palas e o Guntín continúan empatados a 53 puntos. […]

O partido en imaxes: Sober-Río Sil (1-2)

A pasada fin de semana disputouse en Sober un duelo que determinaría un dos clasificados para xogar a última ronda polo ascenso á Segunda Autonómica. Ao choque chegaba nunha mellor situación o cadro visitante, o Río Sil, que superara por 2-0 aos de Sober na ida. Na volta, a remontada non foi posible e o […]

Destacados Primeira. Xornada 30

Un colexiado lesionado, unha equivocación por error e un campeón nunha xornada chea de detalles

As nosas redes falan

A estrea dun lucense na Segunda Divisón O xogador do Polvorín, Álex Rey formou parte da convocatoria do Club Deportivo Lugo por segunda xornada consecutiva. Co partido controlado, o adestrador Monteagudo deulle a oportunidade o mediocentro lucense. Entrou no último cuarto de hora e xogou os seus primeiros minutos na Segunda División no Arcángel. O […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 32) e Preferente (Xornada 33)

A Terceira deixounos o importante triunfo do Racing Vilalbés ante o Alondras, conxunto da zona alta da clasificación, mentras que o Polvorín caeu derrotado no Alcalde Candocia ante o Somozas. Na Preferente, o Viveiro igualou un complicado encontro ante o Noia e segue moi vivo na pelexa polo ascenso, ao igual que a Sarriana, logo […]

Noe Pires (Friol CD Lugo): «Sempre pensamos que chegariamos ao obxectivo»

Capaz de meter goles pola escadra nun campo de fútbol ou nunha pista de fútbol sala. Aínda que non é unha dianteira ao uso. Comentan que lle dá calma o xogo nos metros finais. Igual por iso porta o número 21 as súas costas. Noelia López Pires “Noe Pires” (23-12-1988, Monterroso) vive a súa segunda […]

O partido en imaxes: Lemos B-Relámpago Taboada (2-3)

Comezou a Fase Previa da Copa Diputación da Segunda e Terceira Autonómica lucense. Un dos choques que se disputaron foi o Lemos B-Relámpago Taboada, no que venceron os da Medela por 2-3 nun vibrante duelo ao que asistiu Mariluz Fagín, deixando grandes instantáneas como estas!