Diario dun mercado. Episodio 190

Chega unha nova edición do Diario dun Mercado e comeza cun interesante movimento do Viveiro. O equipo adestrado por Chusky acadou a fichaxe de Aitor Moreda, que chega procedente do Racing Vilalbés. O focense foi un xogador importante na punta de ataque do equipo chairego na última temporada. Precisamente nas categorías inferiores do Viveiro pescou […]

Víctor Couto (Celta Barreiros): «Adestrar agora xera un traballo extra, pero o principal é a saúde dos xogadores»

O Celta Barreiros foi o primeiro equipo que comezou os seus adestramentos na nosa provincia. O conxunto celeste, aínda coa incógnita da data na que arrancarán as competicións, decidiu poñerse en marcha. As amplas dimensións do Cascabeiro facilitan os adestramentos físicos individualizados, e desde o clube amósanse encantados co compromiso de tódolos xogadores. Falamos con […]

Adil Maollul: Un adeus en formato ata pronto

As despedidas en tempos de pandemia son, se cabe, aínda máis dolorosas. Sobre todo, porque non se dan do xeito no que se teñen que dar. Adil Malloul (Tetúan, 1/08/1995) deixa o Mondoñedo FC por motivos persoais. Un Abadín 0-1 Mondoñedo queda, polo momento, como o seu último partido xogado coa camisola do club mindoniense. […]

A II Guía Futbolinlugo, en dixital (3)

Chega a terceira entrega da II Guía Futbolinlugo en dixital. Desta volta detémonos no grupo norte da Segunda Autonómica. É o turno de Sporting Pontenova, Guitiriz, Iberia e Abadín.

Diario dun mercado. Episodio 189

Comezamos esta nova edición do Diario dun Mercado coa nova incorporación do Peluquería Mixta Friol. O equipo presidido por Geluco Villar, que xogará por segunda temporada consecutiva na Reto Iberdrola fíxose cos servizos de María Amanda Monterroso, xogadora guatemalteca internacional polo seu país, e que procede do Extremadura. Outra nova reseñable é a incorporación de […]

Santi Gegunde (Racing Vilalbés): «Quero recuperarme e volver ao meu mellor nivel»

Foi dos poucos lucenses que volveu xogar ao fútbol despois do confinamento. Santi Gegunde puxo fin a súa primeira etapa fóra da terra cun ascenso que nin no campo se produciu. O CD Lealtad xogou o play off asturiano á Segunda B como primeiro clasificado. Non obstante, perdeu o seu partido nas semifinais. Posteriormente, non […]

A incertidume do PM Friol ante o novo Reto

A Covid-19 trouxo unha morea de incertezas e de incertidume ás nosas vidas. Pero nós estamos aquí para falar, en concreto, de fútbol. Este deporte, como non podía ser doutro modo, tamén se viu alterado polo dichoso bicho. Non fai moitas semanas saían rumores de que, quizais, o fútbol «non-profesional» non comezaría até o vindeiro […]

Diario dun mercado. Episodio 188

O suposto inicio de temporada achégase. É por iso que todos os clubes da provincia traballan de xeito frenético para dar por pechados os cadros de xogadores e os corpos técnicos. É o caso do CD Lugo, cuxo filial competirá na Terceira División un ano máis, pero por primeira vez baixo o mando de Álex […]

Diario dun mercado. Episodio 187

Pese á incertidume que rodea o inicio de temporada e o transcurso da campaña 2020/2021 por mor da complicada situación que estamos a vivir, os clubes de toda a provincia traballan arreo para configurar cadros de xogadores competitivos de cara a este ano deportivo.

cabreiros_xermade

Dani Rebolo: «Se non podo compaxinalo, prefiro non enganar a ninguén»

Ascender de categoría no primeiro ano como adestrador non está o alcance de calquera. Daniel Loures Pico ‘Rebolo’ (As Pontes, 23/08/1988) conseguiuno na súa estrea no banco do CD Xermade. Subiu á Primeira Rexional cos xogadores que eran compañeiros de vestiario no curso anterior. Un descenso por arrastres levou ao cadro xermadino de novo a […]

José Durán: «Estaría máis tempo pero non son un funcionario»

Un lustro despois da súa chegada, José Durán despídese do club da súa cidade. O adestrador lugués quixo analizar con nós o seu paso polo conxunto albivermello. E tamén o que vislumbra como o seu futuro máis próximo. FUTBOLINLUGO: Boas José! Parece que a aventura chegou ao final. Agardabas que o adeus fose así? JOSÉ […]

Diario dun mercado. Episodio 186

Os equipos lucenses da Terceira xa coñecen a proposta da Real Federación Galega de Fútbol sobre a división da categoría. A idea sería crear dous subgrupos seguindo criterios xeográficos. Se finalmente se leva a cabo, o Racing Vilalbés, o Polvorín e o Viveiro competirían xuntos. Á espera de como se aplicará definitivamente este criterio, os […]

Lourido (Meira CF): «Era o momento de vir para o Meira»

Dende o século pasado no mesmo equipo. Cada semana subindo o Marco de Álvare dirección A Veiga. Correndo a banda e liderando un vestiario. Xosé Xesús Lourido Fernández ‘Lourido’ (Meira, 08-05-1978) puxo fin neste verán a unha etapa de 21 temporadas no CF Riotorto. Un ascenso frustrado, dúas Copas que se escaparon no último partido, […]

Diario dun mercado. Episodio 185

Os equipos continúan coa planificación dunha temporada incerta. Quen pode telo máis doado para xogar, pode ser algún lucense que anda fóra das nosas fronteiras. É o caso do burelao Julio Delgado que seguirá pola Segunda B. Ficha polo Villanovense despois de chegar no mercado de inverno ao San Sebastian de Los Reyes. A pesar […]

Diario dun mercado. Episodio 184

Comezamos o episodio 184 do noso Diario dun Mercado falando dun dos homes de moda no fútbol lucense. Non é outro que Pablo Antas, autor do tanto do ascenso da S.D. Compostela a Segunda División B. O monterrosino continuará un ano máis nas filas do conxunto dirixido por Iago Iglesias, e ademáis adestrará ao xuvenil […]