O partido Fisioterapia Ronda . . . Peluquería Mixta Friol – UD Collerense: a derradeira oportunidade para seguir en Reto Iberdrola

A fase pola permanencia en Reto Iberdrola, a segunda categoría nacional do fútbol feminino, chega ao seu momento decisivo e a situación do Peluquería Mixta Friol non convida ao optimismo. De tódolos xeitos, as matemáticas din que o obxectivo é posible e a gran reválida terá lugar hoxe sábado ás 20 horas na Reigosa onde o conxunto local recibe ao Collerense. O equipo mallorquín atópase tamén ao borde do abismo.

Ao igual que a competición, o Peluquería Mixta Friol tivo nesta temporada dúas fases ben diferenciadas. Na primeira, o cadro lucense acadou catorce puntos e ata as últimas xornadas mantivo opcións reais de evitar a fase pola permanencia. De feito comezou a pelexa pola salvación a tan só dous puntos do obxectivo, o que amosa o bo facer das rapazas do Friol nos primeiros encontros ligueiros. Varios contaxios de Covid-19 nas xogadores obrigaron ao equipo a un parón que resultou moi perxudicial para os resultados posteriores.

En cambio na segunda fase os encontros cóntanse por derrotas. O Friol non foi quen de acadar ningún punto e convertiuse en pechacancelas do seu grupo. A falta de dúas xornadas para o remate desta segunda fase, máis o encontro aprazado diante do Seagull, que se disputará o vindeiro día 22 de maio, o Friol atópase a oito puntos da permenencia. O reto é maiúsculo do conxunto presidido por Geluco Villar e pasa por acadar os nove puntos e que os resultados dos rivais acompañen.

Traxectoria oposta a do rival do Friol nesta xornada. O Collerense tan só foi quen de sumar catro puntos na primeira fase e comezou a carreira pola permanencia case sen opcións de poder acadala. Pero unha melloría salientable nas prestacións das mallorquinas nesta segunda fase convidou ao cadro balear a soñar con manterse en Reto Iberdrola. Con dezaseis puntos no casilleiro tan só lles vale gañar na Reigosa e unha derrota do Parquesol, ao que se enfrontarán na vindeira xornada, para seguir con opcións.

Falamos con Geluco Villar, presidente do Peluquería Mixta Friol.

QUE OPINAN OS PROTAGONISTAS?

Geluco Villar na presentación da xogadora Amani. Foto: asnosas.gal

GELUCO VILLAR (P.M. FRIOL)

 – A fase de permanencia. “Complicóusenos todo. Ao pouco de comezar a loita pola permanencia varios contaxios de Covid-19 fíxonos estar paradas doce días e iso matounos. Ademáis varias lesións importantes, como a de Lucía Pardo, que a perdemos catro partidos, tamén foi un aspecto decisivo. De tódolos xeitos, salvo no último encontro co Seagull, competimos ben e perdemos sempre pola mínima. Tampouco nos beneficiou o colectivo arbitral, que teño que decir que experimentou unha melloría importante no fútbol feminino, pero con nós non estiveron ben, sobre todo na ida co Collerense ou co Zaragoza”.

As opcións de salvación. “Son moi remotas. Dependemos dos demáis, e a verdade e que tal e como está o equipo dubido que podamos gañar os tres encontros que nos restan. O Collerense ten máis opcións ca nós de manter a categoría e se nos gañan teñen opcións. Gustaríame que as xogadoras non tiraran a toalla e loitaran ata o final, aínda que xa estiveramos descendidas”.

O futuro do Peluquería Mixta Friol: É preciso darlle unha volta a todo, pensar e reflexionar sobre esta temporada. Como máximo responsable son o culpable desta situación. Non me saliron as cousas ben, non acertei en case nada este ano. Incluso terei que meditar se vou continuar á fronte do equipo. Falarémolo na xunta directiva e se alguén está disposto a coller o relevo eu apartareime a un lado”.

O Collerense. “Reforzouse ben no mercado de inverno e notou bastante melloría no seu xogo, aínda que na ida fomos moi superiores, pero vímonos perxudicados polas decisións arbitrais. Elas virán a morte, xa que teñen máis opcións ca nós. Fan un fútbol directo que non nos favorece, polo que teremos que pelexar por ter o balón para facerlles dano”.

Foto de portada: asnosas.gal

Imagen por defecto
Redacción Futbolinlugo
Artículos: 273

Deja un comentario