Pablo Antas (SD Compostela): «É un ano de moita aprendizaxe para min»
Redacción Futbolinlugo / 6 años
09/11/2019
0
5min de lectura
Fotos: Amadeo Rey (vía SD Compostela)
Talento puro. Traballado a base de constancia e paixón. Quique Setién foi un dos que puliu os soños dun neno que xogaba ao fútbol cos seus por pracer. Dende aquela un percorrido intenso entre a Terceira Galega e a Segunda B, pero cun denominador común: sempre en Galicia. Se o seu equipo xoga, o fútbol pasa polos pés de Pablo Antas Pereiro (15-10-1990, Monterroso). Este curso guía a peregrinación da SD Compostela cara o ansiado ascenso á categoría de bronce. Este sábado regresa á provincia para xogar ante o Vilalbés na Madalena (16:15h).
Futbolinlugo: En que punto da tempada está o Compos?
Pablo Antas: Creo que estamos nunha fase da primeira volta na que xa se empezan a ver onde os equipos poden estar ao final da campaña. Nós seguimos medrando. Pero aínda temos moita marxe e cousas por mellorar. Por exemplo, a regularidade.
Fil: Falta máis regularidade como visitantes?
PA: A nivel de xogo sentímonos moi cómodos na casa. As dimensións e o céspede de San Lázaro axudan. A domicilio tamén tivemos partidos bos. Pero nalgúns non conseguimos o resultado desexado. E iso marca un pouco.
Fil: É a Madalena un bo escenario? Como ves ao rival?
PA: No Vilalbés o factor campo terano moi en conta. Pero si é certo que sempre gusta xogar en campos de herba natural. Este ano non os vin aínda nada, pero o estilo de xogo do Vilalbés é moi recoñecible. Con Simón Lamas como adestrador e con xogadores cos que compartín vestiario como Pita, Make ou López.
Fil: Chegades cun reforzo de outono de luxo. Que lle pode aportar Primo ao equipo?
Fil: É un xogador diferencial para a categoría. É un futbolista que non tiñamos. Vén para ser referencia, xoga moi ben de espaldas, ten gol,… Ademais aquí xa coñecía a moitos dos compañeiros e enténdese ben con todos.
Fil: E ti, que tal no teu primeiro ano na SD Compostela?
PA: Estou moi contento con todo. A nivel de adestramentos, de instalacións, de club,…É un ano de moita aprendizaxe para min.
«Síntome máis cómodo xogando máis atrás»
Pablo Antas só se perdeu unha titularidade no que vai de tempada por lesión. Foto: Amadeo Rey (vía SD Compostela)
Fil: Mediocentro puro ou máis adiantado; que prefires?
PA: Síntome máis cómodo xogando máis atrás. Estou máis en contacto co balón.
Fil: Cuarto ano do proxecto Yago Iglesias no Compos. Hai presión polo ascenso na capital de Galicia?
PA: Máis ca presión eu creo que é ilusión e gana por conseguilo. Sabemos que esta é unha liga difícil. Se quedas campión, sempre che dá un plus. Penso que todos estamos centrados en gañar os partidos e quedar arriba. O obxectivo final si que é o ascenso.
Fil: Casa ben contigo a aposta de fútbol de Yago?
PA: Si, estou moi contento. Estame servindo moito. A nivel de fútbol ofensivo é co adestrador que máis estou aprendendo.
Fil: E mira que non pasaron xa adestradores. Entre eles Quique Setién. Que significou para ti?
PA: A min axudoume moito. Era un rapaz e decidiu contar comigo. Preocupábase moito da xente nova. Sumei minutos e experiencia en Segunda B. E iso valoralo moito.
Fil: CD Lugo, Ordes, Cerceda, Somozas, Bergantiños, Rápido de Bouzas, Compostela,…sempre xogando na terra. Non chamaron a Pablo Antas fóra de Galicia?
PA: Algún ano si que houbo algunha opción. Pero sempre escollín estar preto porque estaba estudando na Coruña. De feito, este ano abrínme un pouco máis. Incluso estiven agardando por algunha oferta do estranxeiro que ao final non se deu.
Fil: Que é o fútbol para Pablo Antas?
PA: O fútbol son circunstancias. É moi difícil chegar arriba. A todos lles gustaría. Pero para min poder vivir do fútbol de xeito semiprofesional e poder compaxinalo cos estudos xa é moito. Fixen o que me gusta.
Fil: E vese que o queres transmitir. Como vai o teu proceso de adestrador?
PA: Fáltame o Nivel 3. Agora mesmo adestro aos xuvenís do Imperátor. Que foi onde empecei co obxectivo de botar unha man a Ramiro Amarelle. Xa daquela din cun grupo de rapaces marabilloso. Hai un sentimento de club moi bonito. E iso que ultimamente o fútbol base está perdendo o norte. Estase volvendo elitista. Creo que todos temos que arrastrar e levalo cara outra dirección.
PABLO ANTAS EN CURTO
O mellor momento da túa carreira: o ascenso á Segunda B co Somozas
O peor: As lesións
Un soño por cumprir: Ser adestrador profesional
Un lugar onde se respira fútbol: Cerdeiriños
Monterroso é…o meu pobo
Como se leva ser de Monterroso e apelidarse Antas: Agora xa ben… (risas)
Dinos unha frase do himno do Monterroso: Nada. Non o sei.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.