Jorge Veloso, SDC Residencia: «O fútbol axúdame a alcanzar as miñas metas»

5 goles, victoria do seu equipo e coliderato. Ese foi o balance da xornada para Jorge Veloso, dianteiro centro da SDC Residencia Xuvenil «A», que milita na Liga Provincial Xuvenil, Grupo Sur. Este rexistro goleador non é casual para o rapaz de dezasete anos, que encabeza a táboa goleadora con 7 goles en tan só catro encontros e anoutou 20 goles na liga regular a temporada 2016/2017, sendo aínda xuvenil de primeiro ano.

Na vista destes rexistros goleadores, Futbolinlugo falou co ariete lucense para coñecer máis sobre él e o seu fútbol. Velaquí as súas palabras:

FUTBOLINLUGO: Ola Veloso. A pasada fin de semana anotaches cinco goles. De onde sae ese instinto goleador?

VELOSO: Non o sei moi ben (ri), o importante é que puiden axudar ao equipo, xa que comezamos perdendo e marquei os tres primeiros goles. Tiven sorte no partido, porque coincidíronme cinco ocasións diante do porteiro e puiden finalizar ben as cinco, así que moi contento.

 

Veloso nun partido a pasada campaña.

FUTBOLINLUGO: Sempre xogaste de dianteiro centro?

VELOSO: Sempre xoguei de atacante, pero por exemplo o ano pasado xogaba máis de extremo, na banda. Este ano estou xogando máis de «nove». Non son un dianteiro puro, pero ao ser poucos arriba, teño que adaptarme a esta posición.

 

FUTBOLINLUGO: Que te caracteriza no teu xogo?

VELOSO: A verticalidade e a velocidade, sobre todo. Tamén vou ben por arriba, e ás veces estou acertado de cara a gol, aínda que non sempre. Penso que destaca o meu compromiso co equipo.

 

FUTBOLINLUGO: Algunha vez practicaches algún deporte que non fose fútbol?

VELOSO: Si, o atletismo, pero tiven que escoller entre eles e decanteime polo fútbol.

O fútbol gústame máis que calquera deporte.

 

FUTBOLINLUGO: Polo tanto, por qué escolliches o «deporte rei»?

VELOSO: Fundamentalmente, síntome mellor xogando ao fútbol. Gústame máis que calquera outro deporte.

 

FUTBOLINLUGO: Que é o que máis te gusta do fútbol?

VELOSO: Axúdame a alcanzar as miñas metas, e disfruto xogando porque é un deporte de equipo no que fago moitos amigos e coñezo moita xente nova.

 

O obxectivo da Residencia é acadar o ascenso á Liga Galega.

FUTBOLINLUGO: Cales son os obxectivos do teu equipo -a Residencia- este ano?

VELOSO: Ao igual que o ano pasado, acadar o ascenso á Liga Galega, e a ver se este ano podemos conseguilo, xa que temos un moi bo plantel.

 

FUTBOLINLUGO: Véste xogando ao fútbol en categorías superiores dentro duns anos?

VELOSO: Xogando si, quero seguir no deporte que adoro. Ogallá sexa nunha categoría «grande», pero o primordial e seguir xogando.

 

FUTBOLINLUGO: Gracias por atendernos. Seguiremos de cerca os teus goles!

VELOSO: A vós!!

 

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 523

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.