Queda unha soa xornada para decidir os oito equipos que estarán no grupo polo ascenso a Segunda Galicia. Quedan dous billetes, para acompañar aos conxuntos xa clasificados: Cervo, Goiriz, Catro Roldas, Corgo, Fonsagrada e O Incio.
No Grupo Norte falta por decidir quen será o campión, porén xa temos tres equipos clasificados: Cervo, Goiriz e Catro Roldas. Se o Cervo gaña o seu partido, finalizará primeiro. Ao Goiriz válelle ganar, mentres que o Cervo non o faga. Ou empatar e que o Cervo perda. O que o ten máis complicado para ser campión é o Catro Roldas. Necesitan vencer no campo do Rioaveso e que o Cervo e o Goiriz non gañen os seus partidos.
Viaxamos xa á zona centro. Alí o Corgo e a Fonsagrada xa selaron o seu pase á seguinte fase. Ao igual que O Incio na zona sur. A Comercial fárao a próxima semana se é quen de superar ao Friol B. Se non gaña ese partido, moitos equipos terían opcións de clasificar á esa bonita pelexa polo ascenso. Explicámosvos xa as quinielas e as opcións de cada un deses conxuntos, tanto do centro coma do sur.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Sober: Se gaña ou empata fronte ao FC Becerreá, estará na seguinte fase.
Guntín: Necesita gañar ao Rábade e que a Comercial perda ou empate. Ademais, que o Río Sil non venza o seu partido no Grupo Sur.
Río Sil: Se gaña e o Sober perde está dentro. Se gaña pero os soberinos non caen, precisan que a Comercial non venza o seu encontro. Se empatan, debe perder a Comercial e non gañar o Guntín ao Rábade. Se caen no Incio, están fóra.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)