Madriles, SCD Milagrosa: «Dunha maneira ou doutra sempre estarei vinculado á Milagrosa»

24 anos adestrando na Milagrosa. Milleiros de minutos sobre o céspede dos distintos campos da provincia e da comunidade. Madriles é, polo tanto, un dos homes que mellor coñece a nosa base e o noso fútbol. Non acostuma a aparecer nos medios, pero Futbolinlugo conseguiu falar con el. 

Ademais, os seus equipos infantil e cadete están a facer un gran papel este ano na Liga Provincial, clasificándose ambos á Segunda Fase da liga. Para saber máis acerca do fútbol que se respira en Frigsa e da vocación futbolística de Madriles, mantivemos una interesante conversa co adestrador. Velaquí a entrevista!

FUTBOLINLUGO: Ola Madriles. Para comezar, fálanos un pouco do teu equipo cadete. Cales serán as metas este ano?

MADRILES: A meta é seguir formando xogadores para o noso club. A nivel competitivo non renunciamos a nada, sabendo que é moi complicado quedar entre os dous primeiros para xogar polo ascenso. A ilusión que temos todos é máxima, pero queda moito e o realmente difícil empeza agora.

 

A afección nunca ocultou a súa predilección por Madriles.

FUTBOLINLUGO: E como ves ao teu equipo infantil? Cales son as metas neste caso?

MADRILES: O infantil é, máis ou menos, o mesmo. Hai outras prioridades na súa formación. O primeiro -que era a clasificación para a segunda fase- conseguiuse, e agora toca seguir ata onde cheguemos. O obxectivo é mellorar en moitos conceptos técnico-tácticos e dar un pasiño máis en concentración para buscar ser competitivos en cada partido.

 

FUTBOLINLUGO: Que destacarías no que vai de campaña por parte dos teus xogadores?

MADRILES: Con distintos matices, son dous grupos moi parecidos. En xeral gústalles adestrar, e iso é algo que valoro moito.

 

Madriles é un dos artífices do actual proxecto deportivo da Milagrosa.

FUTBOLINLUGO: Para ti, un veterán dos banquiños, que é o máis bonito de adestrar a rapaces?

MADRILES: Sempre, e a pesar dos anos e os diferentes grupos, o saber que un pode incidir na súa forma de ver o fútbol e a mellora que lles ves a través dos meses fai que cada ano e cada grupo supoña un reto novo e unha nova ilusión. Sempre hai obxectivos tanto competitivos como o máis importante, que é inculcarlles a forma de ver o fútbol que temos dende o clube.

Ser xogador é moi complicado, pero a base mellorou en moitos aspectos.

FUTBOLINLUGO: Coñeces ben o noso fútbol, e a nosa base. Consideras que esta vai en progresión?

MADRILES: Está claro que a base mellorou en moitos aspectos: instalacións, material para adestrar, adestradores máis preparados e cualificados, hai moitos máis nenos xogando… Pero, desde que empecei, fai 24 anos, agora o nivel de xogadores que chegan é máis ou menos o mismo, chegan poucos, os que teñen que chegar. Non basta só con talento, hai máis variables que non cumplen. Ser xogador é moi complicado e non todos están dispostos a renunciar a cousas para chegar.

O clube mellorou moito nos últimos anos, pero aínda queda moito por facer.

FUTBOLINLUGO: Como home de clube, como ves o proxecto deportivo desenvolvido pola Milagrosa?

MADRILES: O clube mellorou moito nos últimos anos. Os que estaban e os que estamos imos facendo un pouquiño máis cada ano. Queda moito por facer e costa moito dar os pasos, pero é unha carreira de fondo e vamos por bon camiño. A paciencia é a chave.

 

FUTBOLINLUGO: Pensas que a base da Milagrosa merece contar con algún equipo nunha Liga Galega?

MADRILES: A base da Milagrosa volverá a Liga Galega cando a base da Milagrosa o mereza, nin máis nin menos. Ao final, os xogadores son a base máis importante para alcanzar ditos obxectivos. Entón, cando os nosos equipos estén capacitados conseguirémolo, e tarde ou pronto iso vai chegar.

 

O adestrador levará sempre con el á Milagrosa.

FUTBOLINLUGO: E en canto ao primeiro equipo. Volverán os tempos de gloria para o equipo de Frigsa?

MADRILES: O primeiro equipo ten que ser, como foi sempre, o último escalón do clube e o seu nivel sempre o dá o nivel da nosa base. Se a base, como ocurriu, dá para Preferente ben, senón, para Primeira Rexional ou Segunda. Sempre sen hipotecar o club nin os 400 nenos que temos debaixo. Iso, mentres esté eu, non vai pasar.

 

FUTBOLINLUGO: Veste moitos máis anos involucrado no clube? 

MADRILES: Levo moitos anos, quizais demasiados. 24 anos adestrando e dirixindo dan para moitas vivencias e cousas, sempre máis positivas que negativas, pero todo debe ter un principio e un fin. Veremos como van as cousas. Esta é a miña casa e sempre o será. Dunha ou doutra maneira sempre estarei vinculado a Milagrosa.

 

FUTBOLINLUGO: Moitísimas gracias por atendernos, Madriles. 

MADRILES: A vós.

Queriamos agradecer tamén a Fernando Currás Rivera, xefe de prensa da SCD Milagrosa, a súa colaboración.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 525

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.