Os onces da quinta xornada na Segunda

Algúns equipos que aínda non sumaran de tres en tres comezan a facelo, nunha xornada na que se afianzaron os lideratos en ambos grupos.

Rompeuse a igualdade no grupo norte, no que o Guitiriz encabeza a clasificación en solitario despois de derrotar ao Cospeito, que tiña os mesmos puntos. Javi con dous goles foi un dos máis destacados do conxunto adestrado por Delfín. Ademais do Cospeito, tamén sufriron a primeira derrota da temporada o Pol e o Cabreiros. Agora o segundo é o Burela que xa uniu tres vitorias consecutivas. Lourenzá e Abadín volveron ao camiño da vitoria, nunha xornada na que o Alfoz conseguiu o primeiro triunfo do ano e o Ourol segue sen puntuar.

No grupo sur, o filial do Chantada afianza o seu dominio cunha nova vitoria, desta volta no campo do equipo que foi líder as dúas primeiras xornadas, a Milagrosa que xa suma tres derrotas seguidas. O Oural é segundo, destacando como una das revelacións da temporada. O Chantada Atlético, o Becerreá e o Friol volveron ao sendeiro das vitorias, ao igual que o Santa Comba. Interrumpiron a súa xeira positiva triuMonterroso B, Palas, Brollón e Castroverde, mentras que o Rubián conseguiu o primeiro triunfo da temporada.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 465

Deja un comentario