Once da Xornada 30 na Primeira Galicia

O Outeiro deu un paso máis de cara ao ascenso tras vencer ao sempre perigoso Páramo. O medio Aarón foi o máis destacado esta xornada. Na medular volve ao once o eterno Canario, que fixo de auténtico veterano ante o Riotorto. Nun dos encontros máis destacados, o focego conseguiu que todos bailasen ao seu ritmo. Outro dos de arriba que non fallou foi o Monterroso. Nun duelo, con Guardia Civil incluida, o Monterroso aproveitou a rigurosa expulsión de Jandri nada máis comezar para fimar un cómodo triunfo. Dous goles de Hugo e outros dous de Fernandito, xunto a un espectacular ‘Guaje’ Iago; lideraron a victoria ulloana. O Valadouro terminou con nove xogadores e desquiciado co colexiado. Ademais o Santaballés goleou ao Chantada B nunha gran actuación de Iago.

O outro conxunto que ocupa postos de descenso directo, o Antas, deixou un dos goles da xornada. Eso sí os puntos quedaron para un Pastoricense práctico. Iñaki destacou nos do Acebreiro. Por outra banda a Milagrosa arañou un punto ante o líder Residencia. O polivalente Diego Redondo, esta vez no medio, deu un recital na antiga Frigsa. Hai que dicir que no noso once colocámolo no lateral esquerdo, posición habitual do ex da Comercial. É o que ten que todos os medios sobresaían esta xornada.

Xove Lago e Bóveda igualaron sen goles na Mariña. Leo, polos monfortinos, e David Rivas, polo Xove; estableceron unha bonita batalla no centro do campo. No partido adiantado ao sábado, o San Ciprián proseguiu co seu gran momento de forma. En parte, grazas á aportación de Gio. Por último, o Taboada ganou in extremis ao Burela. Noé marcou dos goles. O outro foi cousa de Ivi, que firmou unha reaparición estelar coa súa obra de arte en forma de tanto. O noso porteiro, a pesares de encaixar tres goles, é Simón do Burela. As súas paradas na Medela ben merecen que lle demos a nosa portería.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 754

2 comentarios

  1. Boas! Esta xornada non estou dacordo co porteiro do once que puxestedes! No Bóveda xogou un xogador de porteiro todo o partido e non encaixou goles e ainda encima sacou 2 mans a mans, e poñedes a outro que encaixou 3 jejeje pero é unha suxerencia nada máis, un saudo!

Deja un comentario