#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Once da Xornada 29 na Primeira Galicia

O fútbol mariñán está a vivir un gran momento. Especialmente grazas ao renacer de dous equipos. O San Ciprián volveu gañar unha semana máis e segue coa súa gran segunda volta. Desta vez, asaltaron nin máis nin menos que O Acebreiro. Así que merecían estar por partida dobre no noso once. Madariaga, por unha grandísima parada nun momento clave. E Carlos, por parecer un interior de toda a vida sendo lateral. Para os curiosos, Borja Mella marcou unha xornada máis. Por outra banda, os veciños de Burela venceron pola mínima ao Santaballés. Tanto para Maseda e presenza nos mellores da semana para Jairo.

Outros que recuperaron a sonrisa foron os amigos de Foz. Porén é moito máis doado dende as alturas. Máis aínda se Diego Hermida che firma un hat trick en dezasete minutos. Os problemas mariñáns chegaron no Sangoñedo. O Xove Lago non pasou do empate ante o Chantada Atlético. Aitorín, extremo reconvertido a lateral esquerdo, foi o mellor. A peor noticia da semana para os clubes da zona norte foi para o Valadouro, que se deixou os tres puntos na visita ante o Chantada B. Gran encontro da defensa do filial, en especial de Amis. Gol incluido.

Na zona alta, o Outeiro aproveitou a resaca festiva da Residencia para meterlle distancia ao Monterroso. O solitario gol de Samuel e o soberbio encontro de Rubincha contribuiron á causa. O Riotorto fixo o resto. Os de Labrada quitáronlle dous puntos aos de Adrián Vázquez nun encontro pouco vistoso e accidentado. O meta Rubén foi sustituido tras un golpe con Lorenzo, que marchou directo a Lugo cunha brecha na cella. Porto destacou unha vez máis na defensa dos de Cerdeiriños e Cristian foi o máis perigoso dos da Veiga. Ademais, o Bóveda goleou a unha Milagrosa á que se lle acaban as balas. Iago firmou un partidazo no Hermanos Somoza. Por último, Corbelle guiou ao Páramo ao triunfo ante o Taboada.



 

Once da Xornada 29 na Primeira Galicia

As nosas redes falan!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *