Meritorio triunfo dun San Roque de circunstancias no campo do Cultural Maniños na Segunda Galicia. O equipo de Quiroga empezou o partido con só dez xogadoras. Dez valentes que fixeron un esforzo encomiable para manter o 0-0 ao intermedio. Noa chegou no tempo de lecer e xa con once as forzas se igualaron. Mery e Cristina perdoaron varias oportunidades claras. Aínda así, o mellor estaba por chegar. Mery vía porta a menos de cinco minutos para o final e selaba tres puntos de ouro. Un triunfo cun contexto moi complexo e que adquire aínda máis valor cos ‘pinchazos’ dos rivais directos nesta última data.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/02/Andainas-2024.jpeg)
A peor versión do Antas apareceu o pasado domingo polo Castro Seoane. Mal partido das da Ulloa, que ante as numerosas baixas, non foron quen de facerse co control do partido. O gol das de Dani Abelairas chegaría xa na segunda metade, nunha das poucas ocasións locais. Nuria non fallou no man a man tras un pase filtrado de María. Pouco lle durou a alegría ao Antas, ao encaixar un gol olímpico do Santiso. Un 1-1 final moito máis agrio que doce.
A Milagrosa non foi capaz de sacar algo positivo da súa visita a Muros. O equipo de Felipe Varela cedeu nun encontro de poder a poder e no que os goles chegaron todos na segunda metade. O primeiro deles, xusto á volta dos vestiarios, caeu como unha xerra de auga fría para as branquivermellas. O ED Os Miúdos marcou a diferenza co seu maior acerto e sentenciou a menos dun cuarto de hora para o asubío final.
Outro que non tivo o día foi o Chantada. O equipo de Jorge González amosouse moi inferior ao EFF Rosalía e nunca estivo cómodo sobre o terreo de xogo. A lesión tempraneira de Ángeles só empeorou as cousas ante un rival que practicou un moi bo fútbol e tivo máis actitude que as chantadinas.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
O Monte Forte manda no derbi e o carballedo segue de doce na terceira galicia
O Monte Forte impúxose con claridade no derbi da Terceira Galicia. As de Cristian Penas deixaron unha gran imaxe nas Gándaras ante unha Comercial que se veu abaixo despois dunha boa posta en escena. A menos de vinte minutos para o remate, dous goles consecutivos do cadro de Vicky alimentaron as esperanzas das vermellas. Porén, o Monte Forte recompúxose rápido e controlou o encontro de novo, pechando os tres puntos sen apuros engadidos. Carla e Henar lograron sendos ‘dobretes’.
O Carballedo olvidouse do clima hostil que lle tocou vivir en Curtis e sumou un novo triunfo ligueiro da man de Jenny, autora dos dous goles. A afección e o banco visitante plantexaron un partido bronco, cheo de patadas e lesións para as lucenses. Feitos que as de Sementa contrarrestaron con fútbol. Nunha das moitas faltas recibidas polo Carballedo, Jenny colocou o balón na escadra a dez minutos do descanso.
Á volta do intermedio, a propia Jenny tirou de pillería para facer o 0-2 por enriba da porteira desde case o medio do campo. Unha renda que resultou máis que suficiente, xa que pouco xogo houbo na reanudación. Volveron reinar as patadas e os agarróns. Paula foi empuxada contra unha portería de fútbol-8 e Pereira expulsada en medio dunha triste lea. O importante é que o Carballedo só sabe gañar en Liga neste 2024 e mantense a tres puntos do terceiro posto.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/02/428651607_859649199296922_5375762563688921000_n.jpg)
O CD Lugo B non quere perder de vista ao Bandeira e cumpriu con creces na súa visita ao O Pino. As de Pablo Bargados asinaron un encontro completo, con boas accións combinativas e unha Alba superlativa. O filial capitalino adiantouse nunha primeira metade con pouco ritmo. O CD Lugo B incrementou as súas prestacións tralo tempo de lecer e dominou sen paliativos ao seu rival, ao que someteu a través do xogo colectivo. Ánxela, autora de dous tantos, foi clave para pechar a goleada.
O San Lázaro, con once xogadoras xustas e unha porteira circunstancial, superou sen maiores atrancos ao Arenteiro B. As de Luchi realizaron unha das mellores primeiras metades do curso, combinando e creando espazos e ocasións. No entanto, só conseguiron unha mínima e insuficiente vantaxe ao descanso despois do amosado sobre o verde.
No segundo acto, rexistráronse menos oportunidades claras. Aínda así, as luguesas sentenciaron cos tantos de Lucía Devesa e Douaa. Nos últimos minutos, o Arenteiro B fixo o gol da honra a balón parado. Unha falta desde a frontal, que Lucía Bernárdez executou á perfección.
O PM Friol b regresa a postos de descenso na primeira galicia
Domingo nefasto para o PM Friol B na Primeira Galicia. O conxunto de Geluco Villar, ausente por acudir á cita do primeiro equipo, perdeu estrepitosamente no campo do Domaio. Aos trinta minutos de xogo, xa estaba todo o peixe vendido co 4-0 que sinalaba o electrónico. Un día para olvidar para un PM Friol B limitado de efectivos (ao coincidir co partido do sénior A) e que viu como a contundente vitoria do Victoria FC B ante o Noia, o devolvía a postos de descenso.
xornada de valiosos empates na terceira rFEF
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/02/WhatsApp-Image-2024-02-19-at-16.38.10-edited.jpeg)
Importante punto o colleitado polo CD Lugo ante o Sárdoma na Cheda. Máis aínda tralos triunfos de Bovedana e Umia nesta última data. O cadro vigués cumpriu os prognósticos na primeira metade. Dispuxo da posesión porén non tivo moitas máis ocasións que o 0-1 inicial. O CD Lugo non se adicou só a defender. Atacou e contragolpeou. E mesmo acadou o empate, de penalti, antes dos quince minutos de xogo.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
O resto do encontro resultou similar. O Sárdoma só lograba crear perigo a balón parado ante un equipo albivermello que tuvo as súas opcións á contra. Incluído un posible gol legal anulado por un dubidoso fóra de xogo. As capitalinas realizaron un soberbio partido ante o terceiro clasificado e evidenciaron a súa notable progresión.
Con resultado de 1-1 tamén finalizou o encontro entre o PM Friol e o destacado líder da Terceira RFEF. O encontro tivo unha parte para cada equipo. Adiantouse na primeira metade un cadro friolés superior no aspecto físico. A lesión da punta local Liber condicionou un primeiro acto no que o PM Friol puido conseguir unha renda maior. Se ben é certo, que o Real Avilés coqueteou coa igualada xusto antes do descanso.
Na reanudación, o líder impuxo a súa lei. Daniela empatou e ameazou con deixar a vitoria en Avilés. Porén, o PM Friol aguantou o empate e sacou un valioso punto dun feudo moi complicado.
Resultados da xornada
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/WhatsApp-Image-2024-01-05-at-10.12.31.jpeg)
CD Lugo 1-1 Sárdoma
Real Avilés 1-1 PM Friol
Domaio 5-0 PM Friol B
Chantada 0-6 EFF Rosalía
Antas 1-1 Santiso
ED Os Miúdos 2-0 Milagrosa
Cultural Maniños 0-1 San Roque
Comercial 2-5 Monte Forte
Arenteiro B 1-3 San Lázaro
Curtis 0-2 Carballedo
O Pino 0-4 CD Lugo B
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/02/Con-F-de-Futbolista-2.jpg)