#Sin categoría

O que a pandemia se levou… na Primeira

Banquiños primeira Autonómica 2021-2022

O que a pandemia se levou. Así podríamos titular esta traxicomedia que nos tocou vivir. Unha obra que causou estragos na nosa Primeira. E que nos impediu ver regresos e debuts nos bancos da provincia. Así que facemos este artigo co obxectivo de que sirva como documento histórico. Do que quixo ser e non foi.

Un total de sete bancos cambian de inquilino con respecto ao acordado o verán pasado. Adrián Vázquez non volverá, por agora, a dirixir ao Chantada. No entanto, esa vacante provocou outro regreso. O de Javier Montoto ao Sangoñedo. Pola súa parte, Jon Vázquez volve ao noso fútbol. E faino en Riotorto, onde finalmente non adestrará Jandri Rego. Outro que chega de novo aos seus lares é Vitín. O seu antigo segundo Fran Veiga renunciou a seguir no Pastoricense por motivos persoais.

No Chantada Atlético, Fernando Corredoira declinou un ano despois a oferta do cadro branquivermello. No Sangoñedo moveron ficha rápido e conseguiron ao ourensán Anxo Valcárcel. Un clásico xa na zona sur da provincia. Falando de chantadinos, Juan Rodríguez non chegou a estrear Cerdeiriños. Marcha para Santaballa e o seu posto queda para o noso debutante Diego Díaz.

No entanto, houbo dous bancos nos que si chegou a haber unha mínima estrea. Non se xogaron partidos pero, polo menos, realizáronse varias sesións de adestramento. Alberto López completou algunha semana de traballo no Pol. A súa marcha para o Lemos deixa este ambicioso proxecto nas mans do emblemático Manuel Mourelos. E por último, Pepete só puido adestrar no Burela. A tensión dos encontros xa queda para un ilusionado Luchi, que comeza a pretemporada este próximo luns na Marosa.



O que a pandemia se levou… na Primeira

Diario dun mercado. Episodio 227

O que a pandemia se levou… na Primeira

Diario Dun Mercado. Episodio 228

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *