O porvir do fútbol base lucense

Ao igual que na maioría das nosas novas de actualidade, a Covid-19 ten unha constante presenza e un desagradable protagonismo. Porén, sabemos ben que nesta nova normalidade é o que toca. E despois duns cantos meses, xa comezamos a estar afeitos a esta triste realidade. Realidade que, como non podía ser doutro modo, afecta ao fútbol base.

E resulta que é un tema máis que controvertido porque, coincidindo coa volta ao cole, o normal era que os cativos e os xa non tan cativos comezasen a competir fin de semana tras fin de semana, uns en campos reducidos e outros emulando aos seus ídolos nas dimensións do Fútbol-11. Este ano, desde logo, non será así. Pero a pregunta que está na cabeza de moitos é: entón, como será?

Polo momento, as informacións son escasas. A prohibición por parte da Xunta de Galicia de realizar deportes de contacto e a ausencia dun protocolo unificado para distintas actividades fai que o futuro sexa oscuro. É máis que probable que o inicio das ligas de fútbol base na provincia tarden meses en comezar, ou mesmo suspenderse. Así, centos de nenos e nenas na nosa provincia quedarían sen xogar -e consecuentemente, facer deporte- durante un longo tempo.

Nós, pola nosa parte, seguiremos atentamente a evolución da pandemia e as decisións que clubes e federacións van tomando. Por iso queremos contarvos que onte houbo unha reunión entre todos os clubes de Lugo cidade con equipos de fútbol base, na que se comentaron distintas cousas con relación ao comezo da temporada 20/21. Tal e como nos indicou o vicepresidente da ACD Sagrado Corazón, Jacobo, os clubes están «a manter reunións para analizar a situación, ver e analizar os protocolos que esixen Xunta e Concello e ser o máis responsables posible tomando medidas«.

O mandatario dixo, asimesmo, que as reunións tamén serven para «contactar entre clubes e, máis tarde, administracións, para despois tomar decisións, dependendo de como evolucione a pandemia na cidade, pero de momento non hai ningunha data decidida«.

Por tanto, isto é o pouco que sabemos a día 4 de setembro sobre a reanudación das categorías de base, pero manteremos aos nosos lectores informados dos distintos avances que se dan nas reunións!

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 525

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.