Xa o comentabamos onte en #ConFdeFutbolista. E a sanción non se fixo agardar. A antiga adestradora do PM Friol Covi Regueiro (agora o que figura como técnico é Ángel Buján) cumprirá preto de tres anos de sanción despois de volver dirixir ás súas xogadoras desde a bancada no partido PM Friol – Victoria FC. Dous novos anos de sanción que se suman á suspensión dun ano que entrou en vigor o pasado 29 de febreiro de 2024.
Ese quizais é o mal menor para o club da Reigosa, que ve como perde tres puntos na clasificación por este feito. E ademais terá que pagar preto de 3.000 euros en multas: 1500 euros pola multa accesoria na sanción á adestradora e outros 1202 euros por aplicación do artigo 93.1 do Código Disciplinario da RFEF.
Veremos que medidas toma o PM Friol despois desta sanción exemplar. E, sobre todo, que pasará pola Reigosa coa preparadora Covi Regueiro.



