#Feminino #Fútbol afeccionado

O PM Friol golea ao líder e o Chantada leva o derbi

O PM Friol deu un golpe sobre a mesa nun dos partidos máis completos da temporada. As rapazas de Covi dominaron ao líder da categoría a base de xogo e ocasións, cunha superioridade clara nas transicións ofensivas. Blanca Cros aportou un dobrete para un PM Friol que aínda puido conquerir máis goles. Ademais, as luguesas contiveron á perfección un dos enormes perigos do Viaxes Interrías: o balón parado.

Na Primeira Galicia, o seu filial sobrepúxose ao 2-0 en contra que tiña aos dez minutos de partido. O cadro de Diego Vivero foi crecendo co encontro e asumiu riscos na segunda metade. Logrando así sumar un valioso e traballado punto con dous tantos case consecutivos pasados os oitenta minutos de xogo.

Tania Gómez decidiu o derbi do Sangoñedo

No entanto, o empate do Lugo no campo do Orzán foi sen goles. Un choque de estilos en toda regra. O conxunto de Joaquín xerou menos ocasións das que acostuma a pesares da súa boa saída de balón. E cedeu dous puntos ante un Orzán que variou o seu plan habitual. As locais apostaron pola solidez e a limitación dos riscos. Por outra banda, o Antas descansou nesta xornada.

RESULTADOS DA XORNADA

PM Friol 3-0 Viaxes Interrías



Tordoia 3-3 PM Friol B

Orzán 0-0 CD Lugo

Chantada 1-0 Carballedo



Monte Forte 8-1 San Roque

Comercial 0-3 Santiso

Os Dous Derbis Da Segunda Quedaron Na Casa

Mougán, bigoleadora para o Monte Forte

O derbi do Sangoñedo non defraudou. O Chantada fixo bo o tempraneiro gol de Tania Gómez, nun partido no que tivo o control. Iso si, gran parte das mellores ocasións foron do Carballedo. Especialmente, nos últimos minutos. Cun gol anulado e un balón ao pau. A peor noticia chegou en forma de lesión. Vero rompeu o peroné durante o encontro. Agardamos que a recuperación sexa o máis rápida e mellor posible.

No outro duelo de rivalidade, non houbo tanta igualdade. O Monte Forte cumpriu os pronósticos e goleou ao San Roque con sendos dobletes de Cheni, Moji e Sara Mougán. Por último, o líder non deu opción nas Gándaras. O Santiso aproveitouse dunha Comercial mermada e na que destacaron varias das máis novas: Luanda, Mireia e Nati. O encontro da Milagrosa ante o Touro foi adiado.

O PM Friol golea ao líder e o Chantada leva o derbi

Carballedo albergará o II All Star Futbolinlugo

O PM Friol golea ao líder e o Chantada leva o derbi

Unha chilena frustrada, un hat-trick nos Medos

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *