#Feminino #Fútbol afeccionado

O PM Friol B e o Chantada levaron os derbis da xornada

Cómodo triunfo do líder da Primera Nacional. O PM Friol viviu un partido plácido, no que xa mandaban por 2-0 ao cuarto de hora de xogo. As rapazas de Covi non deron opción e certificaron a súa superioridade cunha goleada. Alicia Martínez aportou un dobrete á causa.

Pola súa parte, o filial da Primeira Galicia tivo unha de cal e outra de area. O cadro de Diego Vivero goleou ao Antas no derbi cunha actuación destacada de Anabel, autora de tres goles. Encontro moi completo do PM Friol B, que impuxo o seu xogo ante un Antas que acusou as baixas.

A nota negativa chegou coa resolución da Real Federación Galega de Fútbol, que lle deu ao cadro da Reigosa por perdido un partido adiado. O duelo da xornada 17 ante o Bergantiños rematou cun 3-0 a favor das de Carballo, ao considerar a federación insuficiente o feito das baixas no PM Friol B. O Lugo descansou nesta data. Un cadro branquivermello, que loitará polo ascenso e comezará a segunda fase con dous puntos.

Grupo-ascenso na Primeira Galega
O PM Friol B loitará pola permanencia no Grupo Descenso 1. Comeza a segunda fase con 4 puntos
O Antas loitará pola permanencia no Grupo Descenso 2. Comeza a segunda fase con 3 puntos

RESULTADOS DA XORNADA

PM Friol 6-0 Villestro



Bergantiños 3-0 PM Friol B

PM Friol B 4-1 Antas

Santiso 3-0 Carballedo



Comercial 8-4 Cruces

Monte Forte 6-0 EF Lalín

Chantada 5-1 Milagrosa

Goleada do Chantada para manter a loita polo liderado

O Chantada impuxo a súa lei no derbi e mantén a súa particular loita co Santiso polo primeiro posto. Despois dunha primeira media hora de xogo disputada, o cadro de Álex Cambeiro sentenciou á Milagrosa con tres goles nos últimos dez minutos do primeiro acto. Na reanudación, as locais mantiveron a intensidade e remataron goleando. Laura Carnero asinou un dobrete.

Xiana, autora dun hat trick para a Comercial

Na terceira praza queda o Monte Forte. As do Luis Bodegas sacaron adiante un partido moi duro ante o EF Lalín. Sara Mougán e Aitana, con sendos dobretes, lideraron o set en branco ante un rival que se quedou cunha xogadora menos pasada a media hora de partido. Dominio absoluto dun Monte Forte que suma e segue.



Outra vitoria lucense e local foi a da Comercial, que colleitou un curioso 8-4 ante o Cruces. As de Vivian Dors mantiveron sempre a raia os tres puntos a pesares de que faltas puntuais de intensidade e concentración lles xogaron malas pasadas. Xiana fixo un hat trick e Natalia, un dobrete.

Por último, o Carballedo caeu ante o líder nun partido igualado na súa primeira parte. O Santiso adiantouse ante un rival que viu como lle anulaban un gol posiblemente legal. Despois do paso de vestuarios, mandou o Santiso ante un Carballedo que non tivo opcións de remontar. O San Roque descansou nesta xornada.

O PM Friol B e o Chantada levaron os derbis da xornada

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 18

O PM Friol B e o Chantada levaron os derbis da xornada

Volve a Copa Deputación logo da hibernación

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *