O Club Lemos xogará a campaña 2019/2020 na Preferente, tras dúas temporadas na Primeira Autonómica os monfortinos volven ao que é o seu sitio -como mínimo, e de aí cara arriba-. Pero aínda non rematou o ano deportivo, polo que A Pinguela segue albergando fútbol da primeira lucense cada quince días. A última vez recibiu á UD Pastoricense, que perdeu pola mínima no campo do campión, 1-0.
Mariluz Fagín realizou unha gran galería fotográfica do choque, a cal podes visitar aquí!