#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

O partido da xornada . . . Iberia – Becerreá: o bo fútbol cítase na final da Ribela

A Ribela acolle este domingo as primeiras finais da Copa Deputación, na que será unha tarde intensa no estadio sarriao. Primeiro a cita é co fútbol feminino. Ás 17:30 horas o CD Lugo e o Antas disputan unha final na que as albivermellas parten como teóricas favoritas. Dúas horas máis tarde, ás 19:30 horas, disputarase a gran final entre o Iberia e o Becerreá. Os mariñáns, volve a unha final 32 anos despois, e os da Montaña afrontan a primeira. Posiblemente dous dos equipos da nosa provincia que mellor fútbol realizaron ao longo da temporada.

Ademáis do bo xogo, os números así o din. Ámbolos dous conxuntos foron os que máis puntos acadaron sumando as dúas fases da competición ligueira. Malia todo, a temporada foi distinta para Iberia e Becerreá. Os mariñáns encaraban a a temporada cun conxunto reforzado logo dunha difícil temporada pre-covid e a piques estiveron de pelexar polo ascenso. Na fase de permanencia, os de San Miguel impuxeron a súa fortaleza e só cederon un empate.

O Becerreá foi o gran dominador da zona sur de Segunda Autonómica. Logo dunha primeira fase espectacular, na que rematou líder cunha abultada diferencia sobre os seus rivais, non puido culminar a segunda fase co ansiado ascenso ao atoparse cun Antas que contou por vitorias tódolos seus encontros.

A traxectoria na Copa do Iberia tivo como protagonista ao gardameta Javi Prieto, que estivo atinado para resolver dúas eliminatorias na tanda de penaltis fronte a Roupar e Rioaveso. As dúas seguintes, con Friol B e Catro Roldas solventáronas os de José Manuel nos noventa minutos. O Becerreá, logo de eliminar ao Páramo nos penaltis, superou a Paradela, Carballedo, Lemos B, e finalmente ao Antas, nun choque que reviviu a loita titánica polo ascenso.



que opinan os protagonistas?

JOSÉ MANUEL (IBERIA)

  • O premio a una gran temporada. «Chegamos moi ilusionados. Logo de moitos meses de competición o cansanzo físico e mental xa se nota, pero o feito de chegar a unha final de Copa despois de 32 anos fainos estar moi contentos e sentirnos parte da historia deste club. Poder disputar esta final xa é un premio para nós, e así llo dixen aos xogadores antes de xogar a semifinal».
  • A traxectoria. «Realizamos unha gran primeira fase, quedando a tres puntos do líder e cos mesmos puntos que o cuarto clasificado. Na segunda fase xogamos con moita solvencia e só perdemos ao longo do ano catro encontros pola mínima. Fomos o equipo menos batido da categoría en toda a provincia e o segundo que máis puntos fixo».
  • Orgullo dun pobo. «Somos un equipo moi vinculado ao pobo de San Miguel. A maioría dos seus habitantes son socios e é un orgullo poder xogar esta final. A xente está moi contenta e respalda moito ao equipo, de feito xa hai peticións de novos socios para o vindeiro ano».
  • O Becerreá. «Os números falan por si sós. Un equipo que fixo unha temporada extraordinaria. Para eles tivo que ser un mazazo non acadar o ascenso logo dunha primeira fase soberbia e sen perder na segunda. Só a mala fortuna fixo que non subiran. As referencias son moi boas. É un equipo que xoga moi ben ao fútbol, moi ben adestrado por Antón, facendo un fútbol combinativo que da gusto ver. Ademáis, a maioría son xogadores da zona, canteiráns, e iso ten moito mérito. Xogamos en herba artificial, que non nos beneficia, pero iremos coas nosas armas. O factor sorte tamén xogará un papel importante».

ANTÓN MÉNDEZ (BECERREÁ)

  • A gran oportunidade. «Afrontamos a final con moita ilusión e alegría. Despois do pao que supuxo non acadar un ascenso polo que pelexamos ata o último momento, o equipo soubo repoñerse. Gracias a contar cun cadro de xogadores amplo puidemos chegar ben á Copa e acadar a final».
  • O Iberia. «Como non nos enfrontamos na liga non teño unha referencia clara, pero coñezo boa parte dos xogadores que teñen e son moi determinantes, sobre todo na parte ofensiva, ademáis de contar cun gran adestrador como é José Manuel ao que coñezo ben. Agardo un partido igualado, pechado, que creo que se decidirá por pequenos detalles».
  • Disfrutar da final. «Agardo que todo o equipo poda disfrutar desta oportunidade que supón xogar a final de Copa, e ogallá podamos levantar o trofeo, o cal suporía unha gran alegría logo da decepción que supuxo non subir a Primeira».

a axenda

COPA DEPUTACIÓN – PREFERENTE E PRIMEIRA AUTONÓMICA



  • Chantada Atlético – Residencia (Domingo ás 17:30 horas no Sangoñedo): logo da vitoria nos últimos minutos fronta ao Riotorto, o conxunto chantadino afronta unha gran oportunidade para plantarse na final. Enfronte, os de Dani Galán, único conxunto de Preferente en liza, non quererá deixar lugar á sorpresa.
  • Friol – Outeiro de Rei (Domingo ás 19 horas na Reigosa): posiblemente o conxunto local sexa a gran sorpresa desta Copa Deputación. Logo dunha mala temporada que rematou co descenso de categoría atopou na Copa a súa competición. Enfronte un Outeiro de Rei nun gran momento de forma. Apaixoante semifinal.

O partido da xornada . . . Iberia – Becerreá: o bo fútbol cítase na final da Ribela

Diario dun mercado. Episodio 276

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *