#Fútbol afeccionado #Feminino

O ímpeto do San Roque triunfa ante un líder apático

O San Roque arañou un valioso punto ante un PM Friol B apático nun encontro con dúas partes diferenciadas. Na primeira mandou o cadro da Reigosa, que tivo que remontar o tanto inicial de penalti de Mery. Na segunda, as de Quiroga impuxeron o seu fútbol. Enrabietadas e atrevidas, as verdibrancas fóronse a polo empate ante un equipo con individualidades dun nivel superior (cunha desmotivación evidente por xogar nunha categoría que non lles corresponde) e poucas ideas. E a igualada acabou chegando nunha falta lateral. Mery serviu o coiro para que Sofía cabeceara pegado ao pau.

Os últimos minutos deixaron un espectáculo bochornoso na Polvoreira. Todo comezou nunha xogada na que Covi saiu a protestar sobre a propia liña de banda, como unha adestradora perdendo os papeis, cando só conta con licenza de xogadora neste equipo. E o esperpento rematou co asubío final do colexiado, momento no que a citada xogadora e o presidente Geluco Villar saltaron ao campo a increpar ao colexiado de malas maneiras.

Hai que recordar neste punto que o PM Friol B leva sen presentar adestrador desde o adeus de Santi Vieitez. Varios clubs, molestos con esta repetida situación, xa se están mobilizando en busca dunha sanción por parte da RFGF. Veremos en que queda o tema nas próximas semanas.

Outro derbi que se decidiu no segundo acto foi o que disputaron o Carballedo e o San Lázaro. As de Sementa e Adrián Rodríguez fixeron unha gran primeira parte, a pesares das tres novas baixas por lesión que sufriron, e incluso puideron merecer algo máis que o empate sen goles co que se chegou ao tempo de lecer. Cambiou o conto na reanudación. O San Lázaro non deu opción, combinando e creando oportunidades, e goleou con ‘dobrete’ de Jenny incluído.



No último dos enfrontamentos entre lucenses, o Chantada superou a unha combativa e mermada Comercial. As de Vivian Dors só xogaron con nove futbolistas no Sangoñedo. As de Gorry saltaron ao campo coa clara idea de mover o balón con velocidade ante un rival en inferioridade. Adiantáronse sobre o minuto 20 desde o punto de penalti e marcharon cun 3-0 ao descanso. As chantadinas aumentaron as diferenzas na segunda metade e a Comercial fixo o gol da honra nunha falta, obra de Nati.

O Monte Forte regresou de baleiro da súa visita a Arzúa. Un encontro que durou vinte minutos máis do previsto, xa que este foi o tempo que o colexiado tivo detido o partido por determinados comportamentos na bancada. A reanudación do choque non lle sentou ben ás de Perry, que perderon a menos dun cuarto de hora para o desenlace despois de igualar por dúas veces as mínimas vantaxes locais. Quizais o empate tivese sido o máis xusto.

Por último, a Milagrosa caeu pola mínima ante o Santiso. As visitantes realizaron unha mellor posta en escena e perdoáronlle a vida ás branquivermellas. Co paso do partido, as de Héctor Expósito fóronse entoando. Sen sorte algunha… Unha falta favorable ao Santiso, a dez minutos do remate, decidiu un encontro que puido caer para calquera lado.



O Lugo asalta o segundo posto nunha boa segunda metade

Bonome golpea o balón ante dúas xogadoras do Santiso. ROBERTO CARREIRA

O CD Lugo ascende á segunda praza da táboa tralo empate do Orzán nesta última data. E, obviamente, despois tamén de non fallar no seu duelo ante o Atlético Arousana. Despois dunha primeira metade insulsa por parte de ambos equipos, o cadro de Joaquín Blanco mandou tralo paso polos vestiarios. As albivermellas meteron ás pontevedresas no seu campo. Co paso dos minutos, a sensación de perigo lucense era cada vez maior. E, tras varias oportunidades malgastadas, chegou o gol de Ana que valeu tres puntos.

As malas noticias desta semana chegaron desde Antas. O cadro de Dani Abelairas realizou unha primeira parte moi completa, na que logrou o 1-0 e que o rival non xerase ocasións. Na reanudación, Nuria topou co pau e Elisa coa porteira do Tordoia. A partires de aí, as visitantes impuxeron un ritmo moi máis alto. Subiron a súa presión e adueñáronse do encontro. As constantes oportunidades foron unha consecuencia do anterior. E así chegou a remonta, que tirou por terra o bo traballo lucense durante gran parte do partido.

O PM Friol deixa fuxir dous puntos da Reigosa

Mery gaña un balón dividido no derbi. ROBERTO CARREIRA

O PM Friol ten catro encontros de desvantaxe con respecto ao descenso e as balas vanse agotando semana a semana. Nesta ocasión, as xogadoras de Covi Regueiro desperdiciaron unha ocasión de ouro para acercarse algo máis á zona de permanencia.

O cadro da Reigosa adiantouse por dúas veces ante o Sárdoma, unha en cada parte. Yoleidis e Parralejo aproveitaron as concesións das viguesas. Porén, un saque desde o curruncho mal defendido no tramo final, deulle un traballado empate ás de Chicho Val (que tamén se atopan en postos de descenso).

Resultados da xornada

PM Friol 2-2 Sárdoma



Miriam, xogadora Torre de Núñez de marzo

CD Lugo 1-0 Atlético Arousana

Antas 1-3 Tordoia

Carballedo 0-4 San Lázaro

San Roque 2-2 PM Friol B

Chantada 4-1 Comercial

Arzúa 3-2 Monte Forte

Milagrosa 0-1 Santiso

Miriam, o pulmón do San Roque, xogadora Torre de Núñez de marzo

Só houbo unha xogadora que destacou en tres das catro datas deste pasado mes de marzo. É o caso de Miriam, un dos motores dun San Roque á alza, que leva o lote de produtos de Torre de Núñez. A xogadora do cadro verdibranco impúxose por un só punto a varias compañeiras. Falamos de Parralejo (PM Friol), Goico (CD Lugo), Vilela (Antas), Nuria Meijide e Nere Lombardero (PM Friol B), Lucía Devesa (San Lázaro), Estefany (Comercial) e Lucía Míguez (Carballedo); que salientaron en ata dúas semanas deste longo mes de marzo.

O ímpeto do San Roque triunfa ante un líder apático

Máxicos Futbolinlugo, xornada 27

O ímpeto do San Roque triunfa ante un líder apático

O lanzamento do ’10’ que mantén as

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *