O Castroverde remata coa imbatibilidade do Goiriz
-
- 0
- 7min de lectura
Remata o 2024 e faino co último Tres en Raia En Boas Mans Fisioterapia. No grupo norte, un enrachado Castroverde rematou coa imbatibilidade do Goiriz, conxunto que non coñecía a derrota. O Cazás non pasou do empate no campo do Friol B, resultado que aproveitou o Rioaveso para achegarse na clasificación. O Catro Roldas goleou ao Celeiro na Canteira.
No grupo sur o Sporting Lucense venceu no campo do Río Sil e ampliou diferencias no liderado logo da derrota do Monterroso B fronte ao Taboada B. Isto fai que se comprima a pelexa pola segunda praza, con Corgo e Sober igualados co filial monterrosino.
O Castroverde acada a oitava vitoria consecutiva e remata coa imbatibilidade do Goiriz (0-1). O líder perdeu a súa condición de invicto fronte a un intratable Castroverde. O respeto imperou no primeiro tempo. Aínda que tiveron tímidos achegamos ás áreas, ningún dos dous conxuntos era quen de xerar ocasións claras, ata que á media hora de xogo, o Castroverde logrou trenzar unha boa xogada combinativa por banda dereita que rematou cun pase de Gelo que culminou López. Foron os mellores minutos dos de Iago Núñez. No segundo tempo os visitantes tiveron un tramo de control do xogo ata que o Goiriz, con moitos xogadores en campo contrario, embotellou ao Castroverde na súa área, pero sen claridade no ataque.
O Cazás tropeza na súa visita a un bo Friol B (2-2). Encontro marcado polo acerto no balón parado. O Cazás comezou mandando no marcador cun gol de Juan á saída dun córner. O tanto espoleou ao cadro local que foi quen de empatar por medio de Lucas tamén tras un saque desde o curruncho. Os chairegos tiveron algunha ocasión antes do descanso que non foron quen de aproveitar. Tras o intermedio, o gardameta Álex estivo atinado para desbaratar as chegadas do Cazás e co paso dos minutos o Friol B buscou a contra con certo perigo. A falta de vinte minutos para o final Samu puxo por diante aos de Bruno Castro ao transformar un lanzamento de falta. O Cazás apretou na procura do empate e este chegou a cinco minutos para o final nunha falta lateral que rematou de cabeza Iván.
As defensas impóñense no empate entre Matela e Roupar (0-0). As numerosas baixas non foron obstáculo para que o Roupar prantase cara a un dos mellores ataques da categoría. O Matela arrancou máis forte mentres os locais atopaban a fórmula para deter a Simao e Maikel. Os de Ángel Pena melloraron co paso dos minutos e Tupac e Xavi contaron con ocasións para facer gol. No segundo tempo Yosi fíxose dono do medio campo e evitou que o Matela chegara con perigo á área rival. Nos últimos intres os dous equipos contaron con ocasións para desfacer o empate.
O Rioavéso postúlase para a pelexa polo ascenso directo tras golear á Comercial (5-0). O mal estado do campo de Paraños non foi obstáculo para un Rioaveso que se atopa nun gran momento de forma. A Comercial apenas xerou perigo na área rival e foron os locais os que monopolizaron o xogo. Noé e Losada puxeron en clara vantaxe aos de Asier Lozano no primeiro tempo,. Esteban Gil e Toni, en dúas ocasións, completaron unha goleada que puido ser máis ampla.
O Catro Roldas despide o ano con bo sabor de boca tras golear ao Celeiro (6-1). O cadro local xeroulle moitos problemas ao Celeiro desde o comezo, buscando a espalda da defensa por medio da velocidade de Dani Yáñez, Samu ou Dopico. Un balón ao longueiro e varios man a man co gardameta puideron servir para que o Catro Roldas se puxera por diante máis rápido. Mora contou cunha ocasión para o Celeiro tras unha boa xogada persoal. Á saída dun córner García marcou para o Catro Roldas, pero os visitantes igualaron xusto antes do intermedio cun tanto de Silva tras unha indecisión do gardameta. As vellas pantasmas asomaron na Canteira. Pero unha boa xogada de Dani Yáñez finalizou co gol de Omar que despexou as dudas nos pupilos de Suso Coto. A liberación do Catro Roldas concidiu co desplome dun Celeiro que se veu abaixo mentalmente. Pepe non tardou en facer o terceiro e Yeray sentenciou. David Orosa e novamente Yeray culminaron a goleada.
O Sporting Lucense amplía diferencias no liderado tras vencer ao Río Sil (2-4). O conxunto local non tardou en adiantarse no marcador cun gol de Salgado. O Sporting Lucense colleu o mando do encontro e gozou de boas ocasións para marcar. Cristian e Kevin, en dúas ocasións, déronlle a volta ao marcador antes do intermedio. O segundo tempo foi parello e o Río Sil voltou a meterse no partido cun gol de Jorge, nun intre no que semellaba que os locais podían igualar o choque. Non foi así, e o Sporting Lucense nun bo tramo final de encontro lograron o cuarto e incluso puideron ampliar as diferencias no marcador.
O Taboada B vence ao Monterroso B e apreta a loita polo ascenso directo (2-1). Cuarto vitoria nos últimos cinco encontros para o cadro local, desta volta diante dun Monterroso B, segundo clasificado, que afrontou o partido con baixas. A primeira metade resultou escasa de ocasións e só se viu desnivelada moi preto do descanso. Nun saque de banda peinou Noé e Manel, libre de marca, rematou ao fondo da portería. No segundo tempo, o Taboada B foi a polo empate e os de Pampín buscaron xerar perigo á contra. VV estreolou un balón no pao antes de que chegara a remontada local. Nos últimos intres Josito igualou cun disparo desde fóra da área e xa co tempo cumprido, Álex Pita aproveitou unha indecisión da defensa e o gardameta para facer o segundo gol.
O Corgo golea ao Relámpago nun encontro sen historia (10-0). Partido moi sinxelo para un Corgo que iguala a puntos co Monterroso B na segunda praza. O Relámpago afrontou o choque moi castigado polas baixas e apenas puido plantar cara aos de Abel Rochela. Sebas abriu o marcador aos dez minutos de xogo e os goles sucedéronse ata chegar ao intermedio cun 7-0. No segundo tempo os locais sacaron o pé do acelerador aínda que caeron tres tantos máis. Pablo logrou un hat-trick.
Sarriana B e Sober igualan nun bonito e parello encontro (2-2). O filial sarriao comezou mellor, realizando un xogo combinativo e xerando ocasións de gol. Os de Raúl adiantánronse no marcador un gol de Johan e contaron con varias ocasións para poñer terra de por medio. Non as aproveitaron e o Sober logrou empatar cun tanto de Pibe. Tras o paso por vestiarios e encontro convertiuse nun ida e volta. A Sober buscou un xogo directo que lle complicou as cousas aos locais. Malia todo o filial logrou poñerse de novo por diante ao rematar Brais unha acción a balón parado. Os de Iban Lagoa non se viñeron abaixo e empataron nun centro lateral que David Piñeiro rematou ao fondo da portería.
O Chantada Atlético B sitúase a un punto do play off tras golear ao Bóveda (5-2). Partido de clara superioridade local fronte a un Bóveda moi mermado polas baixas. Miguel, en dúas ocasións, e Diego parecía que deixaban o encontro visto para sentencia. Pero o Bóveda non dixera a última palabra. Brais xusto antes do intermedio, e nada máis comezar a segunda parte, meteu de cheo no encontro aos de Fernando Elcoso. Foi un espellismo. O cadro local pisou de novo o acelerador e Marcos fixo o cuarto. Preto do final Miguel completou o hat trick e pechou a conta goleadora.