Antes de nada, non vou dar nomes! Viaxamos ao último ascenso do Lemos de Primeira Rexional a Preferente. Tiñamos unha viaxe organizada a Xixón para facer varias actividades. Como unha despedida, un peche a tan boa temporada.

A estancia estaba reservada como nunha especie de camping. Quere dicir que había máis xente. Os bungalows estaban conectados entre si, os nosos cos de algunhas familias con nenos e demais…
Un individuo do noso equipo, nada máis chegar ao camping, decidiu que era unha boa idea deixar as maletas e desvestirse por completo. Quedou completamente espido. E así se empezou a pasear ata quedar sentado nunha cadeira a tomar o sol en semellantes circunstancias. Alguén foi chamar a atención a recepción. E xa tivemos a ameaza de que nos botaban de alí nada máis chegar…
Adri Díaz Pérez. Un monfortino que marca goles por Sarria

